A revolta no Saladino Cortizo, centro "de referencia" na Educación Especial que queda sen traballadora social medio século despois
As familias deste colexio de Vigo, que acolle alumnado de 16 concellos, reivindican a necesidade dunha praza "clave" e demandan que se recupere ante a negativa da Xunta, que considera que o seu labor pode ser realizado por un administrativo.
Persoal de Povisa atendeu pacientes no hospital público Meixoeiro mentres o privado tivo en obras a máquina de radioterapia
Profesionais denunciaron ante a xerencia da área sanitaria que o acordo coa empresa pública Galaria "salta as listas de contratación" habendo profesionais dispoñibles, algo que nega o Sergas
O difícil acceso a vivenda digna agrava a pobreza en Galicia: "Impide a inclusión social"
A porcentaxe de persoas con carencias materiais severas pasou do 3,6% de 2019 ao 5,2% de 2020, segundo un informe da Rede Galega contra a Pobreza, que destaca o impacto da pandemia, pero tamén da "situación de emerxencia residencial de milleiros de familias".
Un parque eólico volve pór en alerta a Serra do Galiñeiro tras unha década de loita contra outro xa paralizado
Hai só cinco meses, a Xunta confirmou o punto final ao proxecto dun parque eólico na Serra do Galiñeiro logo de dez anos de loita cidadá
Feijóo reduce as críticas de BNG e PSdeG á súa xestión a "mantras" e datos "falsos"
Pontón retruca acusándoo de vivir nunha falsa realidade e recoméndalle "pisar máis o país", mentres Caballero lamenta que o presidente da Xunta queira "facer crer que en Galicia vivimos na Arcadia feliz".
Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de "buscar a quen botar a culpa" como "única estratexia" ante a crise económica e industrial
Lamenta que pense que o país só "se constrúe desde os poderosos e as grandes empresas" e repróchalle que "estea máis preocupado de ser líder opositor ao Goberno de España que presidente de Galicia".
- Debate 2021
- Política Ao vivo
O primeiro gran debate da lexislatura galega confronta modelos de país para despois da pandemia
O Goberno do PP e a oposición de BNG e PSdeG expoñen cadansúas alternativas políticas para a saída da crise provocada pola COVID no primeiro debate de política xeral do mandato inaugurado coas eleccións de 2020
Barrios sen sucursais e perda de servizos financeiros: o peche de oficinas impacta tamén nas cidades
Veciñanza e comerciantes da Zona Vella de Santiago únense ás protestas no rural ante a vaga de clausuras que deixaron un barrio da Coruña sen atención presencial. En só dous anos, 140 oficinas pecharon nas sete urbes galegas.
A xustiza actúa xa contra pazos que acollen vodas sen ter licenza e ordénalles cesar a actividade
Desde hai anos, concellos e Xunta expedientan ou vetan a actividade de espazos singulares que acollen banquetes de maneira irregular. Un xulgado de Ferrol ordena a unha empresa que deixe de organizar convites nun pazo e ratifica a orde municipal de suspender as actividades.
O Barco volve pedir á Coruña que deixe de honrar o líder da represión franquista en Valdeorras no seu rueiro
O pleno aproba por unanimidade pedir ao goberno local coruñés que substitúa o nome da rúa Peñamaría de Llano polo de Mártires de Valdeorras, logo de pedir sen éxito hai xa dous anos que retirase calquera homenaxe ao ex-rexedor "coñecido polas súas crueis e asasinas accións ao servizo do franquismo".
As protestas no ensino por falta de profesorado espállanse por toda Galicia e xa fan recuar á Xunta
Ducias de centros educativos acollen acotío dende hai semanas mobilizacións de familias, alumnado ou docentes que protestan polos recortes en profesorado e recursos. A Valedora investiga xa o caso do CEIP Rosalía de Castro en Carril, onde familias demandan máis persoal para a atención de seis nenos con necesidades educativas especiais
Illamento, estigma e difícil acceso a especialistas: a desatención á saúde mental agrávase no rural
Asociacións de familias e persoas con enfermidade mental denuncian que a dispersión, a falta de servizos e a COVID dificultan o acceso á atención necesaria. Falamos con Alume, unha das asociacións que atende e acompaña persoas con estas doenzas na súa propia contorna.