A enfermería eventual volve clamar ante un sistema "insostible": "Non hai persoal suficiente, non podemos máis"
Eventuais en Loita lanza outra voz de alarma ante a falta de profesionais, o "esgotamento" pola pandemia, a "fuxida" de enfermeiras a outros territorios e a precariedade e "realidade ficticia" no Sergas.
O Sergas mudará de empresa de rastrexo da COVID por outra que presentou unha oferta máis barata
Tras máis dun ano de pandemia, a Xunta adxudica a Extel o primeiro sistema estable de seguimento de contactos pola sua rebaixa económica malia que a proposta técnica foi peor que a da empresa que veu contratando de emerxencia. A nova adxudicataria tivo varios propietarios en pouco tempo e acumula diversos conflitos laborais
- EPA Coronavirus
- Economía
O impacto da COVID no emprego amaina pero deixa aínda 25.000 persoas sen emprego ou en ERTE
Hai 26.300 persoas ocupadas máis que hai un ano, pero aínda 22.100 menos que no verán anterior á pandemia. A ocupación aumenta en 7.000 persoas no segundo trimestre e o paro diminúe en 5.900.
A nova norma estatal de universidades endurece os requisitos para a privada de Abanca, que afirma que se adaptará
O decreto estatal supón que a nova entidade teá que ampliar a súa oferta de ensinanzas, algo que Afundación di estar xa preparando e para o que a normativa concede cinco anos de marxe.
R di adeus ao derradeiro vestixio galego tras vender Abanca a súa participación en Euskaltel
A entidade bancaria acode á OPA de MásMóvil sobre o grupo vasco e recibirá 88 millóns polo 4,48% que mantiña no capital do propietario da empresa de telecomunicacións galega.
As condicións laborais no rastrexo da COVID para o Sergas obrigan a reforzalo con teleoperadores de Madrid
Coa tramitación para contratar un sistema estable paralizada, a empresa encargada pola Xunta deriva persoal doutras campañas ao control do coronavirus en Galicia ante a imposibilidade de cubrir as vacantes ofertadas.
A vaga estival da COVID bate nunha Atención Primaria ao límite: "Non podemos seguir así"
A vacinación masiva deixa os centros de saúde sen enfermeiras, que dobran quendas para cubrir vacacións e asumen máis carga de traballo polo impacto dunha onda que se ceba na medicina familiar.
- Entrevista | Yolanda Moares Coronavirus
- Acontece
"Os casos nas persoas vacinadas son sen síntomas ou leves e esa é a grandeza da vacina"
Esta enfermeira, que puxo a primeira dose contra a COVID en Galicia, recibiu en representación de todo o colectivo sanitario a Medalla de Ouro de Galicia ao dispositivo de vacinación e alerta da saturación da Atención Primaria nesta quinta onda da pandemia.
O bosquexo do plan para "reordenar" os terreos portuarios da Coruña non alude á anulación da débeda que piden todos os partidos
O borrador do protocolo que negocian as administracións para os futuros usos dos peiraos coruñeses obvia a condonación da débeda que reclaman Concello e Xunta pero que nega Puertos del Estado. A alcaldesa da cidade séguea o goberno local nega a posibilidade de "privatización" dos peiraos da que alertan Marea, BNG e varias entidades sociais e aposta por vivenda de protección oficial en San Diego. A alcaldesa coida que a condonación da débeda segue sendo "cuestión de vontade política"
"Sentímonos sós; os concellos fixémoslle fronte á pandemia sen axuda da Xunta"
A rexedora fai balance dos dous primeiros anos de mandato marcados pola crise derivada da COVID que, denuncia, os municipios abordaron sen apoio da Administración autónomica.
Galicia cumpre seis meses de vacinación contra a COVID con case o 50% da poboación 'diana' inmunizada
Medio ano despois da primeira vacina administrada contra o coronavirus no país e 16 meses máis tarde de rexistrar o primeiro caso da doenza, o 65,5% das persoas incluídas na campaña de vacinación xa teñen cando menos unha dose
O xinecólogo que liderou a protesta polo peche do paridoiro de Verín é sancionado polo Sergas e prevé recorrer á xustiza
Sanidade confirma a sanción de dous días de suspensión de emprego e soldo que o afectado considera unha "vinganza" pola súa oposición á clausura da sala de partos. Anuncia que acudirá ao xulgado de non prosperar o recurso ante o conselleiro.