O Sergas recúa e prorroga os contratos temporais do persoal con coronavirus ata que reciba a alta
Logo das críticas de profesionais que criticaron a Xunta por "desetenderse" deles ao caer enfermos, Sanidade emite unha instrución na que advirte da prórroga das contratacións, "como mínimo", ata que se recuperen.
O Sergas non renova o contrato a persoal contaxiado co coronavirus, que perde un 25% de remuneración
A Xunta suspende a renovación dos contratos temporais dos profesionais infectados, que perden puntos para as oposicións e a cuarta parte do salario, pero que son requridos de novo en canto curan ou pasan o periodo de illamento
O empresariado galego afronta a crise do coronavirus cunha patronal esfarelada
A Confederación de Empresarios de Galicia, sen presidente nin estrutura desde hai máis de dous anos, critica con duros comunicados as medidas do Goberno de Sánchez para paliar o impacto económico da pandemia.
Enfermeiras en primeira liña fronte ao virus: "É moi duro, polo que vivimos no hospital e porque é imposible desconectar"
O colectivo de enfermaría, o máis exposto ao coronavirus, relata o seu día a día contra a pandemia e a escaseza de material de protección e espera que a crise "faga a sociedade máis consciente da importancia da sanidade pública".
A Xunta presume de "lealdade" co Goberno central e acúsao de "fracasar" na loita contra o coronavirus
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, aposta por evitar os reproches entre administracións ao tempo que denuncia os "erros evidentes" do Executivo de Sánchez, ao que acusa tamén de "censura" e de non terse "anticipado" á crise polo virus.
O Goberno central ultima a renda mínima, que será aprobada nas vindeiras semanas polo coronavirus
O Ministerio de Seguridade Social, o de Traballo e a Vicepresidencia de Dereitos Sociais dan os últimos pasos nun ingreso mínimo vital que "reordenará as múltiples prestacións da Seguridade Social" e que se acelera pola crise da Covid-19.
Autónomos denuncian que Naturgy nega a suspensión gratuíta de subministro que ordenou o Estado
Profesionais advirten de que a eléctrica dilles que aínda non decidiu se aplicar unhas medidas ordenadas polo Goberno central. A empresa asegura que se debe a "un erro" e asegura que a gratuidade na modificación dos contratos é xa "aplicable".
O impacto do coronavirus dispara o paro rexistrado en máis de 8.000 persoas en Galicia
O aumento do paro en marzo é o maior desde novembro de 2009; o incremento anual é o máis importante desde marzo de 2013. Galicia destrúe case 10.000 empregos, unha cifra que non reflicte aínda a dureza do impacto real da crise polo virus.
Os prazos e os requisitos para acceder ás axudas para autónomos polo coronavirus
Á espera dunha nova orde que aclare aínda máis as condicións para acollerse ás medidas, o decreto publicado no BOE detalla o rescate impulsado polo Goberno central para este colectivo.
O profesorado, empurrado a dar as notas sen clase en plena pandemia: "É inxusto e innecesario"
As direccións de varios centros educativos néganse a cualificar o alumnado na 2ª avaliación malia o mandato da Consellería: "Non é prioritario agora, só aumentaríamos a presión ou a tensión da rapazada".
A Xunta manterá as oposicións do profesorado en xuño se o estado de alarma polo virus non se prorroga
"No caso de non prorrogarse o estado de alarma, o Goberno galego estaría en prazo para levar a cabo o procedemento con normalidade", di a Consellería de Educación.
A demolición dun viaduto na Coruña pon fin a un símbolo do culto ao coche
A estrutura, no cruzamento da rolda de Nelle coa avenida Fisterra, comeza a ser derruída tras máis dunha década de loita veciñal contra o ruído, a suciedade e o 'feísmo' dunha imaxe fiel do desenvolvemento urbano descontrolado e a prol do automóbil.