Galicia vacinou coa primeira dose o 40% das persoas usuarias e traballadoras das residencias
O Sergas administrara o luns o 65% das vacinas da primeira remesa de enviada polo Goberno central a unhas 12.000 persoas de 152 centros e reserva un terzo para "garantir a administración da segunda dose".
- Paro
- Economía
A pandemia destrúe 18.000 empregos en 2020 en Galicia, que volve aumentar o persoal en ERTE
O paro rexistrado no país aumentou en máis de 24.000 no último ano e en 2.115 persoas no mes de Nadal, onde o número de traballadores en ERTE incrementouse en máis dun 25%.
O aval de Xunta e Concello da Coruña non acouga a loita veciñal contra o proxecto urbanístico das Percebeiras
O Goberno galego dá o visto e prace ao polémico plan no barrio coruñés de Labañou pola vía rápida malia as peticións dunha avaliación ordinaria. A asociación veciñal prepara alegacións e non descarta a vía xudicial.
- Entrevista | Joám Peres
- Política
"A sentenza absolutoria non supón, en absoluto, que se fixese xustiza"
Foi un dos encausados na operación Jaro e é portavoz dos procesados, integrantes de Causa Galiza e Ceivar, absoltos pola Audiencia Nacional e para quen a Fiscalía pedía condenas de entre 4 e 12 anos de cárcere.
México ultima unha reforma legal para evitar negocios opacos e sen control como o de Pemex en Galicia
Unha iniciativa parlamentaria propón mudar a Lei de Petróleos Mexicanos para impedir "restrición de información" como a levada a cabo por firmas da petroleira no encargo e compra dos floteis e para poder fiscalizar adquisicións como a de Barreras.
- Vídeo Coronavirus
- Política
Feijóo apela á "esperanza" no 2021 pola vacina pero pide non baixar a garda: "Non cometamos o erro de pensar que todo rematou"
O presidente da Xunta ve "indicios" de que a "mala etapa do camiño" que supón a pandemia "terá un pronto final" pero pide aos galegos "que sigan sendo responsables" e "escrupulosos" no cumprimento das medidas de prevención.
O PP asume no Parlamento galego unha iniciativa de Ciudadanos contra os "ataques" ao castelán
O grupo popular faise cargo dunha proposta presentada polo partido laranxa na Cámara na que "esixe" ao Goberno central, PSOE e Podemos "que manteñan a referencia ao castelán como lingua vehicular no ensino".
- Con vídeo Coronavirus
- Acontece
As primeiras vacinas para enfermeiras eventuais achegan "esperanza" a un dos elos máis precarios da loita contra a pandemia
O labor extra dunha traballadora do Sergas nunha residencia propicia que estreee a vacinación entre o colectivo de enfermería do Sergas tras loitar contra o coronavirus desde o inicio da pandemia: "É emocionante, como o día de Reis"
A vacinación contra a COVID continúa en sete residencias e Galicia recibe a primeira partida de 18.000 doses
A primeira fase en Galicia, nas vindeiras semanas, abranguerá os 42.000 internos e traballadores das 484 residencias no país.
A selección galega de fútbol volve ausentarse polo Nadal: un só partido en doce anos
Á reestrea ante o Uruguai hai xusto 15 anos seguíronlle tres partidos máis e unha ausencia durante oito anos ata o último encontro, ante Venezuela en 2016, tras o que non houbo a "continuidade" prometida pola Federación.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas detecta 236 positivos da COVID nunha xornada marcada polo baixo número de probas polo Nadal
A importante baixada no número de PCR explica o aumento da taxa de positividade e o descenso na detección de novos casos. A presión hospitalaria volve aumentar.
- Con vídeo Coronavirus
- Acontece
Galicia arrinca a vacinación contra a COVID menos de dez meses despois de confirmarse o primeiro positivo
Nieves Cabo, de 82 anos e residente no centro Porta do Camiño en Santiago, foi a primeira persoa vacinada no país ás 11 da mañá. Dúas horas antes recibía a primeira dose en Guadalajara unha anciá de 96 anos, a primeira no Estado.