A Xustiza reaviva a pantasma da fusión das caixas e Feijóo vólvese desentender
O auto da Audiencia Nacional volve poñer o foco sobre o impulso do Goberno galego un proceso escuro que acabou cunha entidade quebrada que virou nun banco venezolano e 9.000 millóns de euros públicos perdidos
BNG e PSdeG esixen reabrir a paralizada investigación das caixas tras o sinalamento da Audiencia Nacional
Nacionalistas e socialistas coinciden en destacar a "gravidade" do sinalado polo tribunal e piden "explicacións" inmediatas a Feijóo. "Aquí investiga todo o mundo menos a Cámara galega polo veto do PP", destaca Noa Presas.
A Liga corta unha retransmisión do Burela noutro conflito aguilloado pola patronal do fútbol en Galicia
Unha denuncia da asociación de clubs, da que se deu de baixa o club mariñao, provocou a suspensión da emisión en directo do primeiro partido da División de Honra a través das súas redes, outro capítulo dunha batalla máis longa.
As Percebeiras: o proxecto herdado do antigo urbanismo que ergue o barrio coruñés de Labañou
Un plan avalado polo Concello, con doce edificios e ata 13 alturas ao pé do mar, provoca o rexeitamento da asociación veciñal, que pide zona verde e advirte do innecesario da iniciativa nunha cidade con alta densidade de poboación e 20.000 vivendas baleiras.
As protestas polas longas esperas e a saturación nos centros de saúde espállanse por Galicia
Unhas 1.500 persoas mobilízanse en Moaña por unha "atención médica presencial e inmediata" tras as insistentes protestas de profesionais antes da pandemia pola falta de recursos e profesionais na Atención Primaria.
Federacións ameazan clubs galegos con facelos xogar fóra de Galicia para esquivar os tests da covid que esixe a Xunta
O Sergas ratifica a esixencia de probas previas para os equipos que viaxen ao país logo de que as federacións do deporte español lle advertisen de que pode enviar a 'exilio' aos equipos galegos para evitar levalas a cabo.
A fin do verán acaba co 'rebote' na creación de emprego en Galicia, que destrúe mil postos de traballo
O número de afiliacións á Seguridade Social cae en 995 en setembro, mes no que o paro rexistrado baixou en 337 persoas, logo de que en xullo se dese a maior creación de postos de traballo da última década.
A Xunta traslada as PCR á comunidade educativa aos hospitais para "diminuír a presión" dos centros de saúde
Sanidade muda o protocolo de adaptación á covid-19 nos centros de ensino e pon en marcha un circuíto específico para alumnado e profesorado. Feijóo recoñece a sobrecarga "que se está a producir na Atención Primaria".
A Xunta suprime en Tui o primeiro Departamento de Portugués creado nun instituto en Galicia
Educación acaba co decano dos departamentos de lingua portuguesa en Galicia tras vinte anos no IES San Paio, con máis dun cento de alumnos a aprender este idioma e entre o "malestar" da comunidade educativa.
Eles son os rastrexadores da Xunta: "Un sistema caótico" desde un centro de chamadas de Bergondo
Mentres o Goberno galego continúa a negarse a ofrecer detalles sobre o cadro de persoal encargado de rastrexar os contactos de persoas que dan positivo por COVID-19, profesionais que desenvolven este labor, contratados por unha empresa de telemárketing, advirten de falta de coordinación e erros "monumentais". "Moitos quedan sen avisar, outros son avisados tarde", aseguran. Falamos con varios deles.
Ringleiras e sobrecarga de consultas telefónicas abafan os centros de saúde ás portas da campaña da gripe
A inminente vacinación masiva e o presumible empeoramento do impacto da covid enfronta a Atención Primaria ao seu exame máis difícil entre queixas do persoal e das persoas usuarias.
Goberno central e Xunta acusan de "mala fe" a Alcoa tras romper a negociación para vender a planta de San Cibrao
Executivo autonómico e Ministerio de Industria sinalan a multinacional, que rexeitou mesmo a posibilidade de que a SEPI mercase temporalmente a factoría.