As probas de Endesa queimando lodos nas Pontes buscan atrasar uns anos a fin da térmica
A empresa, coa supervisión de Transición Ecolóxica, proba a substitución do 40% do carbón por residuos de depuradora ou vexetais, unha alternativa que permitiría alongar uns anos a actividade e reducir custos á compañía
A Atención Primaria no conflito sanitario: entre a mobilización e a negociación
Tras as novas concentracións ante os centros de saúde a Asemblea Galega de Áreas Sanitarias (AAS) manifestouse este 26 de outubro en Santiago. Mentres, persoal do Sergas que traballa nas comisións impulsadas por Sanidade non cre que "sexa o momento" de mobilizacións por estaren "en plena negociación coa Xunta"
- Entrevista | Xosé Antonio Touriñán
- Cultura
"Non hai nomes propios, a protagonista de 'Fariña' é Galicia, a nosa forma de ser"
O actor, canda a produtora Ainé e Nacho Carretero, autor do exitoso libro no que se basea a obra, producen Fariña, peza teatral que se estrea esta fin de semana na Coruña coas entradas xa esgotadas. Conversamos con el sobre deste espectáculo e moito máis: desde o teatro ata a súa marcha da TVG, pasando por Land Rober ou por Mucha e Nucha.
- Vídeos Memoria antifranquista
- Política
A exhumación de Franco acaba con 44 anos de permitida exaltación do ditador no seu mausoleo
Os restos do xeneral fascista saen do Valle de los Caídos entre berros de "viva Franco" por parte dos seus familiares e máis de catro décadas despois da súa morte
"Unha máquina comecartos non ten nada que ver cunha de apostas"
Serafín Portas é presidente da patronal que agrupa as empresas das máquinas comecartos e salóns recreativos. A entidade celebrou este mércores en Santiago o "cumio" clausurado polo vicepresidente da Xunta, no que minimizan os problemas económicos e de adicción que provocan estas actividades
Persoal de R intensifica a protesta e pide á Xunta que se "implique" para deter a "deslocalización"
Centos de persoas saen á rúa na Coruña convocados por UGT, CCOO, CIG e CGT, que advirten ao Goberno galego de que "non pode inhibirse" ante as decisións dunha empresa que cobrou millóns en subvencións públicas
A patronal do xogo celebra o seu "cumio" no Gaiás e nega que exista un "problema real" en Galicia
Ageo, que agrupa os empresarios de máquinas comecartos e de salóns de xogo, pide que se diferencie entre o seu sector e o das apostas deportivas e que "non se meta todo no mesmo saco"
O bombeiro galego agredido por ultradereitistas en Madrid: "Peor que os golpes foi a apatía da xente"
Miguel Uclés, presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia, foi golpeado ao ser confundido por un militante independentista en pleno centro da capital do Estado tras participar nunha mobilización
A Xunta comeza a sancionar os pazos que celebran vodas sen licenza
O verán destapou moreas de espazos que celebran eventos de maneira irregular e sen licenza en Galicia. Varios concellos precintaron predios e agora é a Axencia de Turismo quen abre expedientes por "infraccións graves"
As Pontes paralízase pola folga xeral e leva a Madrid a súa demanda dunha "transición enerxética xusta"
A vila pontesa secunda ao completo o paro en protesta polo peche sen alternativa da central térmica de Endesa e unhas 2.000 persoas reclaman ante o Congreso dos Deputados "futuro" para a localidade e toda a comarca
Valdeorras non quere honras para o alcalde franquista da Coruña que liderou a represión na comarca
O pleno municipal do Barco aproba por unanimidade informar ao Concello coruñés da inconveniencia de manter unha rúa e un retrato no pazo municipal homenaxeando a Peñamaría de Llano, destacado represor
O conflito na sanidade non calma e afronta máis mobilizacións e outra folga na Atención Primaria
A Asemblea de Áreas Sanitarias convoca unha gran manifestación para o vindeiro 26 de outubro e paros totais nos centros de saúde a finais de novembro mentres continúan as protestas en varias comarcas ou das enfermeiras eventuais