A Xunta crea o Observatorio Paz Andrade para mellorar o "consenso político e social ao redor da lusofonía"
O novo organismo, do que formarán parte representates do Goberno galego, institucións económicas e culturais e entidades galegas de relación con Portugal e co ámbito da lusofonía, deberá asesorar "na incorporación da perspectiva lusófona"
De Compostela a Ortoño: recrean a xuntanza fundacional do Seminario de Estudos Galegos cunha andaina e un xantar popular
Cen anos despois da constitución de Seminario de Estudos Galegos, este xoves un grupo de representantes da cultura galega repetiu esa mesma andaina para conmemorar esta destacada efeméride, que marcou unha senda de coñecemento que continúa vixente na actualidade
ButacaZero percorre a vida de Manuel Fraga en 'Iribarne', unha obra contra o "silencio tácito" arredor da historia recente
A obra, con texto de Esther Carrodeguas e dirección de Xavier Castiñeira, analiza con humor e irreverencia a biografía de Manuel Fraga
Unha muller e tres menores morren en Vigo nun incendio nun edificio
O lume, no acceso ao inmoble, comezou ás 4 da madrugada e nel faleceron unha muller de 30 anos e tres dos seus fillos. Hai, ademais, nove persoas feridas de gravidade. No inmoble do barrio das Travesas residían 30 persoas.
O Sergas encabeza as queixas pola vulneración de dereitos lingüísticos da 'Liña do Galego'
A Mesa presentou este luns a edición 2022 do informe da Liña do Galego, que o pasado ano tramitou 1048 expedientes, dos que 43 foron tramitados como parabéns, 536 como consultas e 469 como queixas. A entidade destaca que e Sergas é o servizo "que máis problemas pon á cidadanía para un uso normal do galego"
Os premios aRi[t]mar celebran, con récord de participación, a mellor cultura galego-portuguesa do ano
Na gala, que terá lugar este martes en Compostela, recibirán o seu premio e actuarán Fillas de Cassandra e o grupo portugués Retimbrar, cos que colaborou Uxía. No apartado poético os galardóns son para a galega Arancha Nogueira e a lusa María Isabel Fidalgo. Ademais, recoñécese o labor da Associação Jose Afonso na promoción da amizade entre os dous pobos.
As entidades culturais do país homenaxean Xaquín Marín como "cronista gráfico da Galiza popular"
O Teatro Jofre de Ferrol acolleu un acto organizado por Galiza Cultura. A responsable do Museo do Humor de Fene, Almudena Marcos, o debuxante e grafista Siro López Siro, a pedagoga Pilar Sampedro e o deseñador Pepe Barro interviron nunha gala conducida por Quico Cadaval
Besteiro confirma que se presenta as primarias do PSdeG para ser candidato á Xunta
"Podo confirmar oficialmente que estou en disposición de presentarme a ese proceso", asegurou no Parlamento, onde asiste como convidado ao último debate de política xeral da lexislatura
Dereita e extrema dereita protestan contra a amnistía nunha marcha que xuntou a Feijóo, Ayuso ou Abascal
O ex-presidente da Xunta non ocupou a cabeceira da marcha e evitou a foto co líder de Vox nunha mobilización na que o ex-alcalde da Coruña Francisco Vázquez foi un dos protagonistas.
O OUFF despide a súa "mellor edición" con outra homenaxe ao cine galego e a 'O Corno'
Jaione Camborda recibea Calpurnia Xacobeo á Mellor Película e o Premio á Mellor Dirección na sección galega dun festival que homenaxeou a Loles León, que lembrou o seu papel en 'Sempre Xonxa' hai 34 anos.
- 📺
- Cultura
'Saber Galiza': o documental que narra a historia do Seminario de Estudos Galegos está de estrea
A peza de Nós Televisión pretende "unha viaxe ao longo do territorio e do tempo para divulgar a sabedoría, o legado e o arquivo do Seminario de Estudos Galegos, descoñecidos para a meirande parte das galegas e dos galegos".
A última proposta de Educación para reducir horas lectivas e alumnado non contenta aos sindicatos
A Consellería propón reducir o horario lectivo dos docentes de 25 a 23 horas semanais en Infantil e Primaria e reducir o número de estudantes a 20, progresivamente, desde o vindeiro curso. CIG-Ensino considera a proposta unha "chantaxe" e pide unidade sindical para convocar unha folga.