Campañas do 25N: as que deixan atrás o negro e as que "chaman as cousas polo seu nome"
As institucións lanzan cadansúa campaña de difusión con motivo do 25N. Destaca a do Concello de Santiago, que este ano enche de cor os seus carteis, despois de aposta polo negro dende o 2015. Ou a do Concello de Pontevedra, que incide en que unha vítima da violencia machista non 'morre', senón que é 'asasinada'. A Deputación da Coruña pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno.
O PP reúne en Galicia milleiros de persoas en protesta contra a formación do novo Goberno progresista
Nas manifestacións, apoiadas tamén por VOX que se celebraron na Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense escoitáronse berros contra Sánchez e Puigdemont. Grupos máis reducidos dirixíronse posteriormente ás sedes locais do PSdeG.
Patrimonio, radio e lazos coa Lusofonía: o modelo de Ponte nas Ondas esténdese por 20 novos centros de ensino
A Consellería de Educación lanzará unha convocatoria aberta a todos os centros de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, que incorporarán de xeito experimental as prácticas da entidade, recoñecidas hai un ano pola UNESCO como exemplo internacional. Ademais, do 16 ao 18 de novembro a asociación organiza en Ourense congreso sobre Patrimonio inmaterial e educación coa participación de expertos mundiais.
Pontón comprométese a impulsar un 'Pacto Galego pola ciencia' se é elixida presidenta
O BNG propón "impulsar a I+D+i como panca de desenvolvemento social, económico e cultural", poñer en marcha o INNOGAL, reter o talento investigador e destinar á ciencia e innovación o equivalente ao 2,5% do PIB de aquí a 2030
A marcha da Casa Cornide volve reclamar a recuperación "para o pobo da Coruña" do edificio ocupado pola familia Franco
Defensa do Común impulsou a mobilización, apoiada por medio cento de entidades. O manifesto que se leu ao pé do inmoble reclama ao Concello que presente unha demanda xudicial para acadar a súa devolución e esixe á Xunta que faga cumprir o réxime de visitas previsto na declaración BIC.
PradoRua e Toxío buscan nos institutos novas xeracións de creadoras de contidos en galego en Internet
No marco da sétima edición de Youtubeiras, cuxo prazo de inscrición rematará o vindeiro 17 de novembro, dúas das creadoras máis recoñecidas do momento no país, María Rúa, da canle PradoRua, e Nuria P. Espasandín, da canle Toxío, están a manter encontros co alumnado de institutos nunha xira de obradoiros que nunha primeira quenda visita centros educativos de Pontevedra, Moaña e Santiago.
O Foro da Industria Galega do Audiovisual debate na Coruña o impacto da Intelixencia Artificial, que xera "incerteza no sector"
O encontro organizado pola Academia Galega do Audiovisual, inaugurado este xoves na Cidade das TIC, reúne expertos internacionais para "abordar os desafíos e oportunidades" da intelixencia artificial para o sector, analizando como esta tecnoloxía está a revolucionar a creación, produción, distribución e exhibición de contidos audiovisuais
PSOE e Junts pactan a investidura e a amnistía nun acordo que Feijóo equipara co terrorismo de ETA e co 23-F
Socialistas e independentistas acordan abrir "unha nova etapa" para "resolver o conflito histórico" de Catalunya. O líder do PP responde chamando á "reacción" na rúa contra un pacto que considera un "ataque sen precedentes á democracia española".
Das Tanxugueiras a Ismael Ramos ou María Vázquez: Alingua leva ás aulas 40 referentes en galego para a mocidade
Alingua lanza este curso o seu Catálogo de referentes acompañado dunha guía didáctica de descarga libre pensada para o alumnado do ensino secundario. O catálogo créase co fin de visbilizar os usos reais da lingua en ámbitos diversos e de prestixio e de achegar referentes que conecten coa mocidade
'Irmás na Fala': estréase a serie documental sobre as mulleres das Irmandades
Producida pola Real Academia Galega e realizada por Nós TV, divídese en catro capítulos que deitan luz sobre a importancia que tiveron na reivindicación dos dereitos femininos e na reivindicación da lingua e de Galicia como suxeito político.
Terremoto político en Portugal: dimite António Costa, investigado polas minas de litio na fronteira con Galicia
O primeiro ministro presenta a súa renuncia, aceptada polo presidente da República, logo de verse implicado nun caso de corrupción en proxectos enerxéticos. A operación xudicial levou á detención do seu xefe de gabinete e dun empresario amigo.
O arcebispo reclama avanzar na normalización do galego na Igrexa durante unha visita á RAG
"Na responsabilidade que me toca de liderar a Igrexa en Galicia, tratarei de que se abran camiños para que a normalidade para a lingua galega vaia chegando nun horizonte cotián", di José Prieto