A Xunta dá á mina de San Finx ata outubro para comprobar se executou unha depuradora ou lle revoga a autorización
O Goberno galego admite que detectou "valores superiores aos permitidos" nas augas da contorna e abriu un expediente sancionador á empresa, pero dálle máis marxe antes de comprobar se está a cumprir "co seu deber de execución da depuradora"
O CGAC celebra 30 anos de "aposta polo risco" con actividades nas que o edificio de Siza gaña protagonismo
O 29 de setembro de 1993 foi inaugurado o Centro Galego de Arte Contemporánea. Esta semana, polo tanto, celébrase o 30 aniversario da entidade, que conmemora a efeméride cunha serie de actividades que acompañan unha programación de exposicións e instalacións que nos últimos meses están a facer repaso da traxectoria do museo.
O OUFF eleva a sección competitiva galega para igualala á internacional na edición 2023 do festival
Do 29 de setembro ao 8 de outubro o Ourense Film Festival ofrecerá máis dun cento de proxeccións e actividades. Entre as súas novidades está a posta en marcha da sección competitiva galega (Panorama Galicia), que inclúe sete documentais e tres filmes de ficción.
O TSXG tomba por primeira vez a utilidade pública de terreos expropiados para un parque eólico
O ditame, que afecta á repotenciación dunha instalación en Corme, chega despois de que o Superior e maxistrados se defendesen en público das presións e críticas chegadas desde a Xunta e compañías do sector polas sentenzas contrarias aos seus intereses nos últimos anos.
O director de Minas da Xunta de Feijóo insiste ante a xustiza en avalar informes de San Finx que a acusación cre "falsos"
A plataforma contra as verteduras define como "insulta á intelixencia" a declaración de Ángel Bernardo Tahoces, investigado por presunta falsidade documental, tras dicir que as presas da instalación mineira eran para un pequeno muíño de millo.
ADEGA critica a "irracional" aposta da Xunta pola caza do lobo, principal depredador do xabarín
"Onde hai lobo, non manda xabarín", lembra a entidade, que destaca que as zonas nas que o Goberno galego non decretou a emerxencia cinexética que permite cazar xabaríns sen límite coinciden coas de maior presenza de mandas de lobos.
Youtubeiras volve coa súa sétima edición e afonda na súa aposta pola diversidade
O proxecto para fomentar a creación en galego consolídase e repartirá 7.500 euros en galardóns entre as persoas gañadoras de oito categorías.
Traballos de exhumación en Carballo buscan os restos de catro homes asasinados por pistoleiros franquistas
Este martes comezaron no cemiterio de Bértoa os traballos, realizados pola ARMH, nun proceso que nos últimos anos foi demorado pola inicial negativa do Arcebispado de Santiago a conceder autorización
Unha andaina a Ortoño o 12 de outubro celebrará cunha festa popular o centenario do Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de estudantes da USC camiñou entre Compostela e a Casa de Rosalía en Ortoño (Ames) nun acto simbólico que significou o nacemento desta institución científica. Na véspera da celebración, os días 10 e 11, terá lugar no CCG o congreso Saber de nós: Cen anos do Seminario de Estudos Galegos
As xogadoras da selección española de fútbol, obrigadas a acudir á convocatoria baixo a ameaza de sancións
A pesar de pedir non ser convocadas ata que haxa máis cambios na Federación, están a acudir á cita ante a ameaza de ser duramente sancionadas, en base á Lei do Deporte, con multas entre 3.000 e 30.000 euros e a suspensión da súa licenza federativa por un período entre 2 e 15 anos
Piden a eliminación de 124 símbolos franquistas aínda existentes en Ferrolterra, Eume e Ortegal
Manuel Monge presentou un escrito para colaborar na redacción do Catálogo de elementos contrario á memoria democrática que está a elaborar o Ministerio de Presidencia. O informe detalla máis dun cento de elementos e honras en once concellos.
Feijóo critica o uso do galego no Congreso nun acto en Santiago no que se erixe en defensor da "igualdade dos españois"
O ex-presidente da Xunta cualificou a posibilidade de empregar no Congreso linguas distintas do castelán como "o absurdo do pinganillo”, defendendo que "todos temos a maneira de entendernos perfectamente"