Pedro Feijóo, Berta Dávila ou Tanxugueiras, entre os recoñecementos dos Premios da Crítica e os Premios Xerais
- Galería
- Mundo
As rúas de Santiago maniféstanse baixo a chuvia en apoio de Palestina
Unha marcha unitaria con xente chegada de toda Galicia malia as malas condicións climatolóxicas denuncia o xenocidio do pobo palestino por parte de Israel
Baltar deixa a presidencia do PP ourensán tres meses despois de saír da Deputación e sinala a Luis Menor como o seu sucesor
Logo de máis de tres décadas de control dos Baltar, o partido e a Deputación quedan en mans dun home de confianza de Rueda pero trasladando a imaxe de que é designado polo seu antecesor
10 citas que non podes perder no WOMEX que converte A Coruña na capital das músicas do mundo
Este mércores inaugurouse na Coruña a edición 2023 do WOMEX, o evento musical para profesionais máis importante do mundo e que reúne estes días na cidade máis de 3.000 persoas. Ademais da feira profesional, entre este xoves e o sábado están programados 40 concertos abertos ao público
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
Lavandeira e Blackstone, con máis de 300 vivendas de alugueiro, son os meirandes arrendadores privados en Galicia
Unha investigación de Civio detalla que cando menos 4.210 vivendas alugadas en Galicia son propiedade de empresas privadas con 50 ou máis inmobles arrendados. A vivenda pública só representa o 0,14% do total, formado polos inmobles da Xunta (3.724 alugueiros a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo) e A Coruña, única cidade con parque de vivenda de seu.
O BNG de Vigo alerta da instalación de medidores de afluencias no identificados no centro da cidade
Nos últimos días en numerosos postes e sinais de tráfico do centro apareceron colocadas unhas caixas sen identificar que, segundo denuncia o grupo municipal do Bloque, parecen estar destinadas á medición de afluencias e control de aglomeracións. Segundo informan desde a forza nacionalista, os dispositivos da marca Wolt están situados nos arredores da rúa do Príncipe e os puntos nos que están instalados non contan con ningún tipo de rótulo ou indicativo que informen expresamente da súa presenza. Dese o Concello, pola súa banda, aseguran que está a probar a tecnoloxía "dun proxecto piloto que mide os niveis de ocupación para adoptar medidas relacionadas co tráfico".
Convocan unha manifestación galega unitaria en apoio de Palestina este sábado en Compostela
A marcha partirá ás seis da tarde dende a Alameda. Haberá, ademais, autobuses desde A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo. A mobilización esixe "o inmediato alto o fogo e a abertura de corredores humanitarios para que a axuda poida entrar en Gaza de maneira normal"
Nace ‘Nosoutras’, a primeira serie audiovisual sobre as mulleres da revista 'Nós'
Nós Televisión produce e realiza este traballo documental de tres capítulos para dar a coñecer as mulleres que escribiron na revista 'Nós'. O primero capítulo, adicado á irlandesa Anne MacSwiney, estreouse este sábado, 21 de outubro na canle de youtube de Nós Televisión e toda a serie está tamén dispoñible en Movistar Plus+ para todo o Estado español.
- Entrevista | Miguel de la Peña
- Movementos sociais
Cohousing autoxestionado: a alternativa de apoio mutuo á crise de vivenda gaña peso en Galicia
O ‘Grupo Galego de vivenda colaborativa’, que acaba de ser formado, vén de participar en Santiago de Compostela na primeira xornada estatal impulsada pola cooperativa Perviure. Falamos con Miguel de la Peña, da cooperativa de cohousing Alvariza Colaborativas Compostela, sobre esta aposta por unha vivenda interxeneracional e que fomenta a autonomía.
Pontón apela á mobilización desde os concellos para "darlle a Galiza unha presidenta coas mans libres"
“Estamos a punto de facer historia pero non podemos confiarnos, hai que pelexar polo cambio en todos os concellos”, proclamou a portavoz nacional do BNG ante máis de 400 cargos municipais.
Nadia Calviño arroupa a Besteiro en Santiago: “O próximo presidente da Xunta”
A vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, presentou a José Ramón Gómez Besteiro como “o próximo presidente da Xunta” porque, dixo, “Galicia merece máis”. E sinalou que o candidato socialista representa aos “líderes cunha visión clara do que queren para a súa terra”.
BNG e PSdeG cualifican os orzamentos da Xunta como “rutineiros” e propios dun proxecto “totalmente esgotado”
“Son os orzamentos rutineiros dun goberno que está no tempo de desconto e sen nada que ofrecerlle a Galicia”. Así valora a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o proxecto de Orzamentos da Xunta para 2024. Na mesma liña, a viceportavoz do grupo socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, advertiu hoxe de que as contas “constatan que o proxecto da Xunta encabezada por Rueda está totalmente esgotado”.