ButacaZero percorre a vida de Manuel Fraga en 'Iribarne', unha obra contra o "silencio tácito" arredor da historia recente
A obra, con texto de Esther Carrodeguas e dirección de Xavier Castiñeira, analiza con humor e irreverencia a biografía de Manuel Fraga
Unha muller e tres menores morren en Vigo nun incendio nun edificio
O lume, no acceso ao inmoble, comezou ás 4 da madrugada e nel faleceron unha muller de 30 anos e tres dos seus fillos. Hai, ademais, nove persoas feridas de gravidade. No inmoble do barrio das Travesas residían 30 persoas.
O Sergas encabeza as queixas pola vulneración de dereitos lingüísticos da 'Liña do Galego'
A Mesa presentou este luns a edición 2022 do informe da Liña do Galego, que o pasado ano tramitou 1048 expedientes, dos que 43 foron tramitados como parabéns, 536 como consultas e 469 como queixas. A entidade destaca que e Sergas é o servizo "que máis problemas pon á cidadanía para un uso normal do galego"
Os premios aRi[t]mar celebran, con récord de participación, a mellor cultura galego-portuguesa do ano
Na gala, que terá lugar este martes en Compostela, recibirán o seu premio e actuarán Fillas de Cassandra e o grupo portugués Retimbrar, cos que colaborou Uxía. No apartado poético os galardóns son para a galega Arancha Nogueira e a lusa María Isabel Fidalgo. Ademais, recoñécese o labor da Associação Jose Afonso na promoción da amizade entre os dous pobos.
As entidades culturais do país homenaxean Xaquín Marín como "cronista gráfico da Galiza popular"
O Teatro Jofre de Ferrol acolleu un acto organizado por Galiza Cultura. A responsable do Museo do Humor de Fene, Almudena Marcos, o debuxante e grafista Siro López Siro, a pedagoga Pilar Sampedro e o deseñador Pepe Barro interviron nunha gala conducida por Quico Cadaval
Besteiro confirma que se presenta as primarias do PSdeG para ser candidato á Xunta
"Podo confirmar oficialmente que estou en disposición de presentarme a ese proceso", asegurou no Parlamento, onde asiste como convidado ao último debate de política xeral da lexislatura
Dereita e extrema dereita protestan contra a amnistía nunha marcha que xuntou a Feijóo, Ayuso ou Abascal
O ex-presidente da Xunta non ocupou a cabeceira da marcha e evitou a foto co líder de Vox nunha mobilización na que o ex-alcalde da Coruña Francisco Vázquez foi un dos protagonistas.
O OUFF despide a súa "mellor edición" con outra homenaxe ao cine galego e a 'O Corno'
Jaione Camborda recibea Calpurnia Xacobeo á Mellor Película e o Premio á Mellor Dirección na sección galega dun festival que homenaxeou a Loles León, que lembrou o seu papel en 'Sempre Xonxa' hai 34 anos.
- 📺
- Cultura
'Saber Galiza': o documental que narra a historia do Seminario de Estudos Galegos está de estrea
A peza de Nós Televisión pretende "unha viaxe ao longo do territorio e do tempo para divulgar a sabedoría, o legado e o arquivo do Seminario de Estudos Galegos, descoñecidos para a meirande parte das galegas e dos galegos".
A última proposta de Educación para reducir horas lectivas e alumnado non contenta aos sindicatos
A Consellería propón reducir o horario lectivo dos docentes de 25 a 23 horas semanais en Infantil e Primaria e reducir o número de estudantes a 20, progresivamente, desde o vindeiro curso. CIG-Ensino considera a proposta unha "chantaxe" e pide unidade sindical para convocar unha folga.
Aki Kaurismäki gaña a Calpurnia á Mellor Película no OUFF
O director finés obtivo o galardón principal do Festival de Cine de Ourense con Fallen Leaves. Ademais, La Memoria Infinita, de Maite Alberdi conseguiu o Premio Carlos Velo á mellor Dirección e o Premio Especial do Xurado. Ourense acolleu tamén a entrega dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual, que foron para Ivan Villarmea, Juan Ares, Manuel Iglesias e Miguel Casaseca e Víctor López
Sonia Villapol abre o San Froilán cun pregón en defensa da ciencia, o persoal sanitario e as "raíces frondosas" da diáspora
A neurocientífica nacida na Pastoriza inaugurou as festas cun discurso no que destacou que "a ciencia trae saúde, alimenta o coñecemento e disipa os medos. Beber dela danos alentos e esperanza" e no que pediu que Galicia lle abra as portas aos galegos e galegas que viven fóra.