15 bibliotecas municipais galegas, premiadas polo Ministerio de Cultura por facilitar o acceso ao libro fóra das cidades
Os Premios María Moliner recoñecen o labor dos concellos de menos de 50.000 habitantes. Nesta edición foron premiados proxectos de Ares, Carballo, Miño, Oleiros, Ortigueira, Ares, Verín, Barbadás, Cenlle, Esgos, Guitiriz, Sober, O Grove, Cambados, Soutomaior e Catoira.
O BNG esixe á Xunta manter a xestión presencial para o depósito obrigatorio das fianzas dos alugueiros de vivenda
Dende o 15 de agosto, o IGVS deixará de xestionar os depósitos das fianzas nas súas oficinas, onde ata agora o persoal asesoraba e mesmo axudaba a encher os formularios. A deputada Alexandra Fernández advirte de que "moitos dos arrendatarios son persoas maiores" con "dificultades" para facer xestións por internet: "Na práctica veranse na obriga de acudir a xestorías privadas polas dificultades para realizar o trámite"
Un cento de velas izadas en Sada celebran a protección do patrimonio mariñeiro
O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia desprega en Sada ata este 6 de agosto un amplo programa en mar e terra con navegacións, exposicións e visitas guiadas. O evento serve tamén para reclamar "políticas decididas" para preservar a frota tradicional ou oficios como os das redeiras e a carpintaría de ribeira
Vinte anos de festa no SonRías Baixas
Bandas como Lendakaris Muertos, Santa Salut, e Boikot abren este xoves a vixésima edición do festival, que ata o sábado achega a Bueu a bandas e artistas como La Pegatina, Grande Amore, Lamatumbá ou Cool Nenas
A suba salarial ao persoal médico do Sergas que tamén exerce na privada indigna os colectivos a prol da sanidade pública
CIG-Saúde, principal sindicato no Sergas, ve "indecente que Rueda negocie cos lobbies médicos un incremento salarial" que "favorece os intereses da sanidade privada". Rueda defende que o novo complemento salarial responde ao "principio igual traballo, igual salario" e tamén busca "reter profesionais na sanidade pública"
O BNG ultima as peticións ao PSOE para o "si" a Sánchez e reafirma que non facilitaría un Goberno das dereitas
O Bloque avanza a súa intención de centrar o posible pacto de investidura co PSOE en investimento en infraestruturas e políticas sociais, industriais e ambientais. Non será, mantén Rego, un "cheque en branco"
"Dereito a gozar e obriga de coidar": Santiago pide "boas prácticas" ao turismo nunha "alfaia delicada"
O Concello compostelán lanza a campaña coa que procura que os turistas se comporten de maneira máis "consciente". Non acampar na rúa, "respectar o descanso" da veciñanza ou preservar os edificios históricos, entre as peticións dun código que, di o goberno local, pretende "concienciar as persoas que nos visitan para minimizar as accións que afectan negativamente ao patrimonio ou ao día a día da veciñanza"
Feijóo pide ser presidente nunha carta a Sánchez, que lle lembra que o será quen máis apoios sume no Congreso
O líder do PP mantén que lle corresponde gobernar e que "España non merece unha situación ingobernable" nin "un bloqueo".
O PSdeG elixirá o seu candidato á Xunta nas primarias do vindeiro 17 de setembro
Formoso non quixo desvelar se Besteiro se presentará ás primarias, malia que todas as miradas ollan para el, pero advertiu que é "un home de palabra" ao ser preguntado se dará un paso ao lado nese caso, tal e como prometera.
O Viñetas regresa "cun novo rumbo" e pon o foco nas mulleres e a escena local para consolidar A Coruña como "cidade de cómic"
A mostra internacional de banda deseñada celebrará a súa 26ª edición do 7 ao 13 de agosto con exposicións, charlas, cine, música, feira, obradoiros e seis exposicións. Destaca a atención ás autoras pioneiras e as homenaxes a Calpurnio e Ibáñez. Manuel Cráneo realiza o cartel deste ano.
Unha axenda cultural con 2.500 propostas para o verán galego
Do cinema ao aire libre ao teatro. Da música en espazos patrimoniais á maxia, o circo ou os contacontos. Das exposicións ás visitas guiadas por recantos do país. E así, ata 2.500 iniciativas baixo o lema 'A cultura de Galicia é un CulturON'
Comeza a intervención arqueolóxica dun singular campamento romano na Laracha que envolve completamente un castro anterior
Os traballos do colectivo Romanarmy desenvolveranse ao longo de toda esta semana e o sábado 29 haberá unha visita guiada aberta ao público, de carácter gratuíto. Os investigadores destacan que o de Santa Baia "é un caso unico", pois os campamentos romanos adoitaban ocupar os castros, non construírse ao seu redor.