Scaloni dará o pregón dunhas Festas de María Pita con Mika, Xabier Díaz e homenaxe a Mangüi
O ex-deportivista e adestrador da Arxentina campioa do mundo volve á Coruña para dar comezo a uns festexos que contarán tamén con Víctor Manuel, Amaia, Vanesa Martín, The Waterboys ou El Kanka.
Formoso advirte que o PSdeG e a esquerda están "preparadas" para "un cambio de rumbo" en Galicia
O secretario xeral dos socialistas galegos cre que os resultados das municipais e das xerais indican que a cidadanía "quere unha opción progresista tamén en Galicia".
Rueda apela na ofrenda ao Apóstolo ao "ben común" e á "unidade" tras o 23X
O presidente da Xunta chama a "promover un progreso racional e equilibrado baixo a tutela da coroa" e advirte de non "dividirse" nin quedar "paralizado" ante as "incertezas".
A 'Alba de Compostela' celebra a súa primeira edición amosando "o orgullo do que somos"
Un ateigado Teatro Principal homenaxea o cóengo Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral, a psicóloga Rosa Álvarez, os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi e a propietaria do pub Borriquita de Belém, Ánxeles González Porto. Asistiron os edís de BNG e Compostela Aberta pero non os de PP e PSdeG. Goretti Sanmartín pídelles que "se impoña o amor ao noso concello sobre todas as cousas"
Pontón chama no Día da Patria a ampliar a base social do BNG e defende que "estamos ante un cambio de ciclo"
A portavoz nacional dixo que a formación ten "as portas abertas a todas as persoas que levan Galiza na cabeza e no corazón". recoñeceu que os resultados do BNG o pasado 23 de xullo non cumpriron as "as expectativas” creadas, pero salientou que o Bloque "é unha forza política á alza"
O PPdeG terá 14 dos 19 representantes de Galicia no Senado
Aos 12 senadores que sumaron os populares tras as eleccións xerais haberá que sumarlles dous que lle corresponen pola designación que fai o Parlamento autonómico, que outorga un ao BNG. O PSdeG queda con catro.
- Política Ao vivo
23X | O escrutinio supera o 90% con Pedro Sánchez en condicións de seguir gobernando malia á primeira posición do PP
As deste domingo son as primeiras eleccións xerais tras a COVID, o primeiro exame electoral directo para o primeiro Goberno de España de coalición da esquerda dende a II República, o primeiro test estatal para o PP de Feijóo á fronte das dereitas. E tamén uns comicios clave para o futuro político de Galicia e mesmo para a data dos seguintes comicios galegos
- Galería Xerais 23X
- Política
A calma da reflexión antes da tempestade do voto
Candidatos e candidatas aproveitan a xornada previa aos comicios para seguir amosándose en público pero xa sen poder pedir o voto
Titiriberia enche Rianxo de monicreques ata o 30 de xullo na súa oitava edición
O festival aposta este ano pola descentralización con actuacións en diferentes escenarios, parroquias, centros sociais e praias da localidade.
Os dous primeiros líderes de Podemos Galicia apoian o BNG, que ve "o grupo galego forte ao alcance da man" o 23X
Breogán Riobóo e Carmen Santos piden o voto para o Bloque xunto a representantes do mundo da cultura xunto a Ana Pontón, que sinala que o voto á formación soberanista é o "orgullosamente galego, libre e sen complexos" nas eleccións xerais do domingo
Formoso, reelixido presidente da Deputación da Coruña, pon o foco en combater o despoboamento rural
Encara o seu terceiro mandato consecutivo nun novo goberno de coalición entre PSdeG e BNG e márcase como principal propósito “vencer o reto poboacional e demográfico” e revitalizar as zonas rurais con políticas de benestar e conciliación.
A Xunta promete incoar "este mes" o expediente para declarar BIC o Museo Carlos Maside
Este luns o museo reabriu as súas portas despois de sete anos pechado. O proceso para a declaración como Ben de Interese Cultural fora iniciado no ano 2010 polo Parlamento galego. A declaración afectará ao edificio deseñado por Andrés Fernández-Albalat e tamén ás pezas artísticas do seu valioso fondo