Rueda gaba que a proposta de Urkullu de máis autogoberno estea "enmarcada na Constitución"
O popular di que "o obxectivo da Xunta e o meu como presidente é evitar desigualdades entre territorios"
O lehendakari pide máis autogoberno para Euskadi, Galicia e Catalunya cun novo "pacto territorial"
Iñigo Urkullu lembra os 90 anos de Galeusca, "unha proposta construtiva, cunha visión de futuro para un novo modelo de Estado"
A plataforma contra a mina de San Finx denuncia que o río ten niveis de cadmio 78 veces superiores aos permitidos
Reclaman á Xunta que inicie un expediente sancionador e insisten en considerar ilegal a autorización de vertido outorgada en febreiro polo Goberno galego
A Xunta culpa o Ministerio de non ter un rexistro de profesionais obxectores de abortos
Sanidade di agora que as subcontratacións concentraranse nas interrupcións do embarazo entre as semanas 9 e 14 “por exemplo, por decisión da propia muller”
- Galería
- Deportes
As rúas deixan en fóra de xogo o machismo no fútbol
Os presidentes das federacións territoriais piden agora a dimisión de Rubiales pero evitan promover unha moción de censura contra el
O BNG comeza o curso político "preparado para liderar a posta en marcha do mellor goberno na historia de Galiza"
“Con Galiza todo para acordar e falar, sen Galiza nada”, advirte Pontón respecto das negociacións para un novo Goberno de España
- Entrevista | Chicharrón
- Cultura
"Quixemos facer un disco de amor á vida e de celebración dos dez anos do grupo"
Chicharrón nacera para ser un grupo máis de luz que de escuridade, pero o autor das súas letras, Alberto Vecino, sufriu varias perdas que conduciron pola senda da tristeza. Ata este novo disco, O que nos queda por non dicir, co que veu a tranquilidade e a felicidade
Críticas á subcontratación de abortos: “Non pode ser que a obxección de conciencia se concentre na pública"
CIG, deputados do PSdeG ou a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública rexeitan o concurso convocado polo Sergas para subcontratar 800 interrupcións voluntarias do embarazo ao ano por 460.000 euros
A Fiscalía da Audiencia Nacional investiga a manipulación do prezo da luz de Naturgy en Sabón xa multada por Competencia
Competencia considerou que a central de Naturgy en Sabón aproveitara de xeito ilegal o peche de Meirama, o encarecemento do carbón e problemas no ciclo combinado nas Pontes para subir os prezos ante a escaseza de competencia
O rei propón a investidura de Feijóo, que aínda non ten os apoios necesarios, e Sánchez amosa a súa vontade de obtelos el
Tanto Feijóo como Sánchez manifestaron o monarca a súa intención de presentarse a unha investidura, mais ningún dos dous ten aínda os apoios suficientes. A presidenta do Congreso, Francina Armengol, avanzou que contactará con Feijóo para establecer unha data para a sesión de investidura co fin de "facilitar as negociacións".
Tere Abelleira: o fútbol galego xa ten o seu campionato do mundo
A pontevedresa convértese na primeira galega ou galego en levantar a Copa do Mundo tras gañar 1-0 a Inglaterra
Sánchez promete impulsar o uso na UE de todas as linguas oficiais do Estado
"España tamén fala en catalán, en euskera e en galego", di o líder socialista, necesitado de apoios nacionalistas para repetir el mesmo como presidente e para que este mesmo xoves, na constitución do novo Congreso, o PSOE reteña o control da súa Mesa