🔊 Fálase | Memoria e fin de tempada
Neste episodio número 55 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, aproveitamos a fin da tempada para facer un pouco de memoria sobre o 'curso' informativo que remata
O CIS apunta a unha maioría de esquerda o 23X, con igualdade en Galicia entre PP e PSdeG, 2-3 escanos para BNG e 2 para Sumar
A enquisa amosa un resultado parello de PP (31,4%) e PSOE (31,2%). Con todo, a esquerda acadaría unha cómoda maioría grazas ao resultado de Sumar (16,4%), que superaría amplamente o de VOX (10,6%). O BNG duplicaría o seu resultado e tería opcións de acadar un representante por Lugo
Os traballos de exhumación en Ribadeo na procura de dous homes asasinados polos golpistas en 1936 achan restos humanos
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) está a buscar os restos mortais de Justo Fernández Suárez e Manuel Antonio Mon Miranda, asasinados por pistoleiros fascistas o 23 de xullo de 1936
A "romaría diúrna e familiar" do Revenidas Miúdo xunta no Monte do Gozo o mellor da música infantil galega
O 16 de xullo Uxía Lambona e a Banda Molona, Peter Punk, Pakolas, Paco Nogueiras e Cé Orquestra Pantasma actuarán nun evento que terá entrada de balde e que comezará ás 12 do mediodía.
O paro descende en máis de cinco mil persoas en Galicia e o número de empregos é o maior en 15 anos
As inscricións nas oficinas de emprego caeron un 4% en xuño, mellorando a media estatal. O número de persoas con traballo en Galicia é o maior dende novembro de 2008 e a cantidade de parados e paradas é a máis baixa das últimas dúas décadas.
De Curros Enríquez á 'Santa': o escultor Francisco Asorey protagoniza a edición 2024 do Día das Artes Galegas
A Real Academia Galega de Belas Artes anunciou este luns que o cambadés será o homenaxeado o 1 de abril do vindeiro ano. Asorey “é a significación da escultura galega contemporánea, un escultor imprescindible e un dos grandes artistas galegos do século pasado”, destaca Manuel Quintana Martelo, presidente da RAGBA
Nova Escola Galega: catro décadas de defensa do ensino público e a renovación pedagóxica
Esta fin de semana Nova Escola Galega celebrou no Museo do Pobo Galego o seu 40 aniversario cun programa de actividades que incluíu un congreso, a presentación do relatorio Nova Escola Galega ante o tempo presente da Educación: retos e propostas e a lectura do manifesto O modelo de educación pública que defendemos.
O 18% das vivendas de Galicia superan os niveis máximos de radon recomendados pola OMS
O Laboratorio de Radon de Galicia, dependente da USC, levou a cabo máis de seis mil medicións en inmobles galegos. Ourense é a provincia máis afectada cun 23,2% de fogares que superan o límite establecido, seguida de Pontevedra, co 21%
"Cando goberna a dereita, Lugo perde": Besteiro fai campaña de alta montaña nunha circunscrición clave para o PSOE
A dirección federal do PSOE sitúa Lugo entre as provincias decisivas para decidir se as xerais se inclinan á esquerda ou á dereita. Neste caso, a clave é o cuarto escano da circunscrición, que aspiran a que siga sendo o segundo para os socialistas. "A Xunta ten as competencias, pero foron os socialistas quen se comprometeron coa veciñanza para manter vivo este legado", afirma Besteiro nas pallozas de Piornedo, no Concello de Cervantes
- Documento
- Economía
Construtoras e inmobiliarias lideran a lista de morosos galegos á Facenda
O ex-banqueiro Mario Conde mantense como un dos maiores debedores, con 6,3 millóns, nunha listaxe con poucas variacións en canto ás empresas de Galicia incluídas.
'Milkchain', o código QR que permite saber de onde vén o leite que estás a tomar
Leite Río presenta un sistema de trazabilidade que "certifica" o orixe do leite con só escanear o código presente no envase. "Non é só leite: estamos protexendo unha forma de vida e estamos creando un vínculo entre o consumidor e o produto que consome", destaca Carmen Lence, CEO do Grupo Lence
🔊 Fálase | A loita das enfermeiras non cesa e unha conversa distinta con Ana Pontón
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos máis da reivindicación das Enfermeiras Eventuais en Loita tras unha nova protesta masiva nas oposicións do Sergas celebradas a pasada fin de semana. No espazo de VINTE, con arrecendo a verán, sabemos da conversa con Ana Pontón no Café Derby 21, viaxamos ao Porto e escoitamos músicas para a calor