Os Xogos do Eixo Atlántico do 2022 comezan este decembro en Maia cun premio de atletismo para todas as categorías
O Gran Premio de Atletismo servirá, o 5 de decembro, como pórtico aos Xogos do Eixo Atlántico, que acollerá en 2022 a cidade de Maia
O Tribunal Superior avala o despedimento dun condutor escolar que enviou mensaxes "absolutamente inapropiadas" a varias menores
A sentenza do alto tribunal galego, que observa un comportamento "inaceptable, tanto xurídica como eticamente" por parte do condutor, revoga a resolución dun xulgado da Coruña que ordenaba á empresa readmitir ao traballador ou abonarlle unha indemnización
'A cultura que toca' volve a Pontevedra nunha Culturgal con máis de cen postos e actividades
A fin de semana do 26 ao 28 de novembro a Culturgal regresa ao Pazo da Cultura de Pontevedra con 119 postos para percorrer e 100 actividades arredor do libro, da música, do cinema, das artes escénicas, da infancia e das profesionais das industrias culturais galegas
Ourense lanza un SOS masivo na rúa contra a xestión de Jácome e Baltar: "Xa abonda"
Milleiros de persoas desbordan o centro da cidade contra a xestión do Concello e da Deputación: "Este é o principio da fin dos gobernos ourensicidas de Gonzalo Jácome e do Partido Popular".
Cen mil sinaturas e oito concellos gobernados por PSdeG, BNG e PP, contra o primeiro parque eólico da serra da Groba
Representantes de diversas formacións políticas e entidades civís de Baiona, Nigrán, Gondomar, Tui, A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia escenifican o rexeitamento social
Conexión.gal visita en Alemaña un paramés que ensina a nosa lingua na diáspora
Iván Regueiro conéctase desde Heidelberg neste quinto Conexión.gal. A cidade alemá xa se cruzara no seu camiño antes de converterse na súa segunda casa como migrante. No seu caso, o leva desde 2019 na diáspora da man do noso idioma
- Obituario
- Cultura
Falece Darío Xohán Cabana, figura clave da literatura galega contemporánea
O narrador, poeta e escritor chairego faleceu aos 69 anos logo dunha prolífica e destacada obra.
Tanxugueiras lánzanse en galego ao certame no que TVE escollerá representantes para Eurovisión
A primeira peneira que as pandeireteiras terán que pasar para optaren a representar a Televisión Española en Eurovisión é a preselección da corporación pública para o reformulado Festival de Benidorm, do que sairá o tema gañador
A Academia culmina o ano Xela Arias cun simposio centrado na súa voz como artista "muller, miope e galega"
As poetas Chus Pato e Alba Cid e mais a crítica literaria María Xesús Nogueira conversarán este xoves arredor da vida poética da homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021 nun simposio que continúa o día 25 na sede da Real Academia Galega
O Porriño será a saída da nova volta ciclista profesional galega, que a Xunta apoia como "escaparate do Xacobeo"
O vicepresidente Alfonso Rueda asegura que a proba será "un escaparate de primeiro nivel para o turismo e un factor de reactivación da ocupación hoteleira". A Deputación de Pontevedra achega 100.000 euros para que a provincia sexa "anfitrioa" da carreira.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos pregunta a España pola prohibición da manifestación da CUT do 1º de maio de 2020 en Vigo
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos acolle a demanda da CUT por vulneración de dereitos relativos á liberdade de expresión e manifestación e abre un período para atopar unha solución amistosa entre o sindicato e o Estado español
En galego tamén se constrúe ciencia: a Deputación da Coruña espalla a investigación coa campaña #AsPalabrasdaCiencia
A Deputación da Coruña emprega o cancelo #AsPalabrasDaCiencia para difundir o traballo de científicos e científicas galegas nas redes sociais, con premios para quen comparta os contidos, durante todo o mes de novembro