Rueda fai promoción de axudas a regantes da Limia cun evento da Xunta en campaña e o PSdeG anuncia accións legais
Malia ao veto legal aos actos nos que os gobernos enxalcen os seus "logros" en período electoral, a Xunta organizou a sinatura dun convenio cos regantes nun acto público en Xinzo no que Rueda subliñou o "investimento importante" da Xunta no proxecto ante un panel coa lenda "2,5 millóns de euros". "Vestiron a sinatura dun convenio administrativo da Xunta cunha comunidade de regantes nun mitin electoral do PP" para "comprar vontades en plena campaña", acusan os socialistas
'O gran reto': a webserie que retrata o día a día da mocidade neofalante
A asociación Alingua impulsa esta serie na que se pode contemplar a transición ao galego de tres protagonistas de Noia, Ourense e Narón e que forma parte da campaña ‘É túa. Pásaa!’.
Os apicultores galegos gastan case 600 euros anuais en loitar contra a velutina, que reduciu un 20% os seus beneficios
O estudo foi realizado polo grupo Ecoagrasoc do Campus Terra da USC, en Lugo. O persoal investigador aproveitou tamén o proxecto Atlantic Positive para avaliar a incidencia desta especie invasora no sector vitivinícola.
Varios colectivos presentan unha ILP para a protección das actividades pesqueiras e marisqueiras
A Iniciativa Lexislativa Popular presentada este venres no Parlamento propón a introdución de dous novos artigos na vixente Lei de Pesca de Galicia para declarar "de interese xeral" as actividades pesqueira e marisqueira e "priorizalas" fronte "a calquera outro proxecto ou explotación ou á introdución de actividades que resulten incompatíbeis ou supoñan unha afectación negativa"
O BNG faise coas alcaldías de Ribeira e Muros, o PP coa de Noia e Nós Pobra retén o mando nas investiduras que foran adiadas
Non houbo sorpresas nos concellos de Ribeira, Muros e Noia. Os alcaldes e alcaldeas que contaban con máis opcións de seren elixidos e elixidas fixérono finalmente e non se produciron movementos inesperados de última hora. Ao contrario que na Pobra do Caramiñal, onde o acordo chegou pouco antes do comezo da sesión de investidura.
Á procura da décimo sétima novela do Premio Repsol de Narrativa Breve
O prazo de presentación de obras ao XVII Premio Narrativa Breve Repsol está aberto ata finais de xullo
C Tangana presenta 'Oliveira dos cen anos', o himno do Centenario do Celta que reivindica a "ledicia" e o "padecer" celeste
Un Teatro AFundación completamente ateigado escoitou o novo himno celeste, composto por Antón Álvarez, que reivindicou a súa condición de celtista como fillo da emigración en Madrid: "para min ser do Celta era un acto subversivo, un acto de militancia"
Leilía pregoarán unhas Festas do Apóstolo con Lucía Aldao, Xabier Díaz, The Rapants, Bratzantifa e Ángel Stanich
Grandes concertos, cabezudos, espectáculos pirotécnicos, circo, danza, alboradas, obradoiros e actividades para as crianzas. Do 20 ao 31 de xullo Santiago celebra as Festas do Apóstolo con Bratzantifa, Ángel Stanich, Lucía Aldao, The Rapants, The Original Wailers e Sarah Mccoy, entre outros artistas
Persoal investigador acada o consenso político nun "novo pacto pola ciencia" que aposta por destinar a I+D o 3% do PIB
O BNG asinou este mércores un documento impulsado pola Coordinadora Marea Roja de Investigación e que tamén apoian PP, PSOE e Sumar e os principais sindicatos. As entidades galegas InvestiGal, Asemblea de Investigadoras de Compostela e APIUVigo impulsan igualmente o texto.
A Coruña acolle o Eurovisión das cancións compostas por intelixencia artificial
A cidade herculina consolida a súa posición destacada no campo da IA despois de conseguir ser designada como sede da AESIA. O IA Song Contest celebrarase o 4 de novembro acompañado dunha xornada de debate. O proxecto gañador coñecerase nun programa de televisión en directo no que a cultura galega "estará moi presente".
🔊 Fálase | Memoria e fin de tempada
Neste episodio número 55 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, aproveitamos a fin da tempada para facer un pouco de memoria sobre o 'curso' informativo que remata
O CIS apunta a unha maioría de esquerda o 23X, con igualdade en Galicia entre PP e PSdeG, 2-3 escanos para BNG e 2 para Sumar
A enquisa amosa un resultado parello de PP (31,4%) e PSOE (31,2%). Con todo, a esquerda acadaría unha cómoda maioría grazas ao resultado de Sumar (16,4%), que superaría amplamente o de VOX (10,6%). O BNG duplicaría o seu resultado e tería opcións de acadar un representante por Lugo