Parabéns de Rueda, Pontón e Formoso á Coruña por lograr a sede da AESIA para Galicia
A Xunta e as principais forzas políticas coinciden en sinalar que a elección da Coruña para albergar a Axencia Española de Intelixencia Artificial beneficia o conxunto de Galicia
A Coruña consegue para Galicia a sede da Axencia estatal de Intelixencia artificial
O Consello de Ministros concede á cidade herculina a desexada sede da AESIA, para a que se presentaran máis dunha ducia de candidaturas. A entidade, no marco da política de descentralización de institucións do Estado, supervisará o desenvolvemento desta tecnoloxía e converterase nun factor de impulso das TIC no país.
Renfe cancelará os abonos gratuítos a quen en tres ocasións non empregue unha viaxe xa reservada
A empresa pública poderá establecer que en trens con alta demanda non se poida elixir asento e haxa ata un 10% de prazas de pé
O PP censura no hospital de Verín que BNG e PSdeG non apoien a súa política sanitaria aos tres anos da crise do paridoiro
O conselleiro de Sanidade defende, na súa calidade de dirixente do PP, que "é difícil poñer iniciativas en marcha para resolver problemas" sanitarios e "topar co voto en contra" da actual oposición, á que os populares acusan de "teledirixir" as protestas de SOS Sanidade Pública. Mentres, outra concorrida protesta, desta volta en Poio, reclama máis recursos para a Atención Primaria
- 📺
- Acontece
'Grazas, xoguetes' por unha infancia que soña sen estereotipos de xénero
A inmunóloga África González, a produtora cinematográfica Emma Lustres, o bailarín Diego Landín, a futbolista Paula Dapena e o cociñeiro Pepe Solla protagonizan a campaña da Deputación de Pontevedra para animar as familias a que os xoguetes fomenten que nenas e nenos "poidan ser o que desexen"
Formoso pon no albo alcaldía de Ourense para o PSdeG, que aspira a reter todas as que xa ten
O PSdeG afronta as municipais como a formación política de Galicia con máis poder institucional por revalidar. "Paco Rodríguez será o próximo alcalde de Ourense e facilitará conseguir a Deputación por primeira vez na etapa democrática", augura o seu secretario xeral
'Iphixenia na porta do súper': o teatro que defende a sanidade pública a través dunha moza de barrio
A Compañía Humana está a preparar a obra, a partir do texto orixinal do galés Gary Owen, que fai un paralelismo entre o sacrificio do mito clásico de Eurípides e unha moza actual que sofre en primeira persoa as consecuencias da falta de médicos. É un dos monólogos máis premiados dos últimos anos e a partir de marzo poderá verse por primeira vez en galego
Lugo sobe a Policía Local ao bus urbano para multar os coches privados que aparquen nas paradas
"Aos poucos minutos de traxecto, o chofer non ten máis remedio que obstaculizar toda a calzada" porque "a parada está ocupada por vehículos particulares", describe o Concello sobre un dos primeiros traxectos con axentes a bordo
A CIG-Ensino volve gañar as eleccións sindicais do profesorado e obtén maioría absoluta en dúas provincias
A central sindical nacionalista obtén 67 das 146 delegacións en xogo seguida por CCOO, que logra 34. Son os únicos sindicatos que logran ampliar representación a respecto de 2018
A UNESCO recoñece a irmandade galego-portuguesa de Ponte nas Ondas! como exemplo de boas prácticas
Con case tres décadas de traxectoria, PNO! é recoñecida oficialmente no organismo cultural da ONU pola súa preservación do patrimonio inmaterial a través das dúas múltiplas actividades culturais encabezadas pola radio. "Esta ponte nas ondas da radio integrou a voz de persoas e comunidades de ambas beiras da fronteira luso-galaica" e agora gaña "uma nova dimensão", celebran
'As Bestas' lidera os finalistas aos Goya, con opcións para Tosar, Gutiérrez, Zahera e Anido e a animación galega
O filme de Rodrigo Sorogoyen inspirado no crime do "holandés de Petín" suma 17 opción de premio nos galardóns, que se entregarán o 11 de febreiro en Sevilla con protagonismo galego nas categorías actorais e na animación, onde Alberto Vázquez opta ao seu cuarto galardón por Unicorn Wars.
🔊Fálase | Cultura galega con ruído de fondo
No trixésimo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal, visitamos a Culturgal dende o posto da Fundación Praza Pública. Alí conversamos con Eva Alonso, a súa directora, sobre os retos do sector cultural e da propia feira e recibimos a Berta Dávila e Carlos Meixide, que nos falan do primeiro ano da súa editora, Rodolfo e Priscila, e dunha das súas novidades máis destacadas, 'A festa equivocada', de Fran P. Lorenzo