'Ferro e Pedra': dez bandas revisitan os clásicos galegos do rock e do metal
Formacións como Aquelarre, Dioivo, Mileth, Pneura, Somos Nos, Xerión ou Xhamain participan no álbum Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores, que rende homenaxe a grupos como Desvirgheitors, Mutant Squad, Épsilon, Nordés, Los Suaves, Consumatum Est, Mol, Detestor ou Nowhere
Compostela Aberta apela ao electorado que "non quere os anos negros do PP nin un alcalde do pasado"
María Rozas coida que o electorado santiagués foi "vítima dunha estafa" no mandato que remata: "Os que viñan como bos xestores non melloraron absolutamente nada". "É a candidata máis solvente, a mellor preparada, a que representa un espazo de esperanza", afirma o ex-alcalde Martiño Noriega
O candidato do PP na Illa négase a deixar a candidatura tras saberse que foi condenado por violencia machista
O PP de Pontevedra pídelle a Matías González que renuncie a formar parte das listas pero o afectado advirte de que seguirá. A formación conservadora asume que non pode obrigalo.
Pontón pide un "voto masivo" ao BNG en Ourense para acabar co "disparate" de Jácome e "facer dimitir a Baltar"
"Temos que escoller entre a corrupción política que leva tanto tempo instalada neste concello ou a rexeneración política que representa o Bloque”, advirte Luís Seara, candidato nacionalista á alcaldía.
Un xulgado abre dilixencias por prevaricación ao alcalde de Ribeira por contratar un asesor urbanístico malia informes en contra
O xuíz investiga unha querela de Suma Ribeira contra o popular Manuel Ruíz Rivas por pagar desde 2020 a un arquitecto técnico 1.500 euros ao mes
- Enquisas Municipais 28M
- Política
As últimas enquisas 'legais' manteñen o poder urbano da esquerda agás en Ferrol
Na véspera da fin do prazo legal para publicalos, os inquéritos divulgados polos principais grupos de comunicación que operan en Galicia proxectan unha nova 'absolutísima' de Caballero en Vigo, consolidan na alcaldía da Coruña ao PSdeG con Inés Rey e revalidan outro mandato do BNG de Lores en Pontevedra. As alianzas da esquerda, co Bloque á alza, tamén serían dabondo en Santiago e Lugo malia aos ascensos do PP, mentres Ourense segue sumido nun incerto panorama
Rueda formula as municipais como unha disxuntiva entre "sentidiño do PP" ou Pedro Sánchez
Rueda desenvolve unha intensa axenda de campaña, con ata doce actos na fin de semana previa ás súas primeiras eleccións como líder do PPdeG e entre ecos do paso por Galicia do seu antecesor e xefe de filas
Pontón augura un resultado municipal "espectacular "do BNG fronte ao PP do "imitador cutre de Ayuso"
A líder do Bloque sinala Moaña, onde a nacionalista Leticia Santos aspira á reeleción, como exemplo de "transformación en positivo" contraposta ás "políticas do PP que fan Galiza máis pequena". A "xira electoral" de Feijóo por Galicia o pasado venres, coida, acredita que veu limitarse a "enlamar o debate" e acreditar que "non ten nada que ofrecer" ao "prometer o que non fixo en catorce anos de maioría absoluta"
O PSdeG pide confiar en Paco Rodríguez para que Ourense cambie "esperpentos" por "logros"
Nas urnas ourensás examínase o resultado dos bipartitos do PP con Jácome que agora desemboca no xulgado, pero tamén a súa alternativa. O candidato socialista pide "reflexión" á veciñanza e ínstaa a lembrar que Jácome estivo catro anos "apuntalado" polo PP: "Que isto remate e empece un futuro de esperanza"
O PSdeG lucense pide contas ao PP por "positivos en alcohol" ao volante dun alcalde e dun candidato
Os socialistas aseguran que o rexedor de Antas deu positivo cando conducía de volta da Festa da Cervexa de Portomarín e afirman que o condutor que bateu contra un camión de recollida do lixo en Lugo, marchou do lugar e foi detectado no hospital cunha alcoholemia de 0,52 é o cabeza de cartel do PP en Castroverde. O PSdeG insta a Candia a "aclarar se é coñecedora ou encubridora destes feitos" e o PP de Lugo di que os cargos sinalados "iniciarán accións legais por inxurias e calumnias", se ben evita especificar se as acusacións se corresponden ou non coa realidade
Besteiro intensifica a campaña e apunta a Feijóo: "Non é o superheroe que mostraba a TVG"
O delegado do Goberno visitou case trinta municipios en actos do partido desde que comezou a campaña. "Cos cartos de todos, o PP malvendeu as caixas galegas e privatizou a sanidade pública", dixo este venres en Mos tras as críticas de Rueda aos anuncios do Executivo de Sánchez.
Debate electoral da CRTVG en 'venres negro': Lara Méndez e Rubén Arroxo súmanse ás demandas do persoal mobilizado
A alcaldesa lucense e candidata á reelección polo PSdeG transmite a súa "solidariedade cos traballadores na defensa dun medio público diverso e plural" e agradece o convite a intervir na TVG "catro anos despois" da anterior ocasión en que puido facelo. Arroxo, actual tenente da Alcaldía e cabeza de cartel do BNG, transmite o "apoio ao persoal" mobilizado por unha "televisión plural e democrática que non estea ao servizo do PP". "Vivímolo en carne propia", afirma