Caballero non se fixa límites no mandato que o levará aos 20 anos como alcalde de Vigo
"O meu partido chámase Vigo", reitera o rexedor tras a súa nova toma de posesión, que conclúe co seu xa habitual "viva Vigo"
Jácome e o PP volven repartirse o Concello e a Deputación de Ourense
Tras negociar tanto con populares como con socialistas, o líder de Democracia Ourensana facilitará aos primeiros a presidencia provincial, xa sen Baltar, e continuará na alcaldía da cidade
O 'Ximnasio Léxico', unha aplicación para xogar coa lingua e mellorar o noso vocabulario
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentaron a aplicación, que inclúe seis xogos ao redor das palabras e que se pode descargar de balde para o seu uso en dispositivos móbiles de Android e iOS.
O Tribunal Superior paraliza a explotación dunha mina de feldespato en Muras autorizada pola Xunta
O alto tribunal suspende "de forma inmediata e incondicionada" a execución da resolución da Xunta na que aprobou o proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión de explotación de recursos da mina de San Acisclo, "moi próxima ao espazo protexido Serra do Xistral"
🔊 Fálase | Alfonso de Suíza, alcalde galego
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Alfonso Gómez, novo alcalde da cidade suíza de Xenebra, nacido en Corme. O rexedor, neto de represaliado no franquismo, segue moi ligado ao noso país e cre que a súa chegada ao cargo ten un punto de dobre reivindicación: das súas raíces galegas e da importancia da integración da inmigración nos países de destino
Aumentan as denuncias por violencia machista e as peticións de protección das vítimas no comezo de 2023
A tendencia á alza das denuncias por violencia machista continúa no primeiro trimestre de 2023 con 1.747 denuncias presentadas, un 3% máis que no mesmo período do ano anterior. Tamén medran un 7,2% o número de mulleres que figuran como vítimas e un 9,5% as solicitudes de ordes e medidas de protección das vítimas
O Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario en 2024 cun grande espectáculo con 20 actores e actrices
Tamara Canosa será a directora desta montaxe que xogará coas premisas que rexen os chamados talent shows. Ademais, o CDG recuperará en xaneiro Terceiro acto, obra dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez e estreada coas limitacións propias da pandemia en abril de 2021.
Feijóo e Rueda instan os seus candidatos a reclamaren as alcaldías dos concellos onde o PP foi o máis votado
O líder do PP estatal presume en Santiago da "mellora" en sanidade, educación ou servizos sociais durante a súa etapa na Xunta como aval para gañar o 23X, no que augura unha "vitoria inapelable".
Formoso anuncia primarias en setembro no PSdeG, ao que ve na "obriga" de presidir a Deputación de Ourense
O líder dos socialistas galegos reclama aos seus non ser "catastrofistas" nin "derrotistas", apela á mobilización de cara ao 23X e pide "non dar nada por perdido".
Máis de 7.000 fogares aproveitan os residuos orgánicos nos programas de compostaxe de Pontevedra
O Concello de Pontevedra promove a compostaxe doméstica para as casas cun pequeno terreo ou xardín e a compostaxe comunitaria e a recolleita de materia orgánica no colector marrón nas zonas urbanas. Hai máis de 7.000 fogares e preto de trescentos establecementos comerciais que xa están a optimizar os residuos orgánicos que producen para fabricar compost
O Comité Federal do PSOE avala as listas dos socialistas galegos ao 23X tras os "axustes" do PSdeG en Ourense
A ex-deputada Noela Blanco será número dous pola provincia e Alfredo García, alcalde do Barco, número tres, en substitución de Pérez Abellas e Uxía Tizón, afíns a Villarino e Gonzalo Caballero.
Un roteiro segue os pasos do Seminario de Estudos Galegos na Terra de Melide no centenario da creación da entidade
En outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios botou a andar unha insitución que buscaba estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e que realizou xeiras de investigación en varias comarcas. O Consello da Cultura Galega celebra cunha andaina a publicación en 1933 do libro Terra de Melide, que compilaba as achegas sobre esta bisbarra