A Axencia Espacial Escolar Galega recupera os lanzamentos de cápsulas estratosféricas, paralizados dende a pandemia
Este mércores alumnado de institutos de Oleiros, Vila de Cruces, Santiago e Cerceda lanzará dende a Cidade da Cultura o MarumaSat V, que busca superar os 35.500 metros de altura. A sonda leva unha cámara de 360 graos que gravará o seu ascenso e descenso e levará a cabo varios experimentos
Nós Televisión chega a seis novas operadoras e xa está dispoñible nas principais plataformas galegas
A canle, que xa se podía ver a través de R, chega a un acordo con +Media. Dende agora os usuarios e usuarias de ToxoTelecom, A Túa Xanela, Juifi, Pizpireta, Rural Galego Conectado ou Gigalia poden acceder á cadea, que está a celebrar o seu décimo aniversario.
Case 16.000 sinaturas apoian a iniciativa para corrixir a letra do himno de Galicia
A ILP reclama "a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión”.
Da fotosíntese artificial á robótica: Xuvenciencia prepara unha semana de actividades en Lugo para as científicas do futuro
A undécima edición do campus de divulgación científica para mozos e mozas terá lugar do 2 ao 8 de xullo no campus universitario lucense, unha semana de actividades para a que hai 95 prazas con réxime de aloxamento e pensión completa
Pontón reivindica o modelo do BNG no rural por ser quen de "crear dinamismo económico, social e cultural"
Nunha visita á Feira do Viño de Vilachá, na Pobra do Brollón, a líder do Bloque aposta por unha "discriminación positiva" coas localidades menos poboadas.
Formoso contrapón a campaña "limpa e construtiva" do PSdeG contra o xeito de "embarrar" do PP
O líder do PSdeG insiste en que o PSOE porá "toda a forza" do partido nas municipais en Galicia e lembra a visita de Pedro Sánchez a vindeira semana a Lugo.
Desconvocada a folga de autobuses prevista para este luns
As asembleas de traballadores acordaron suspender o paro indefinido ao aceptar o preacordo ao que os sindicatos chegaron coa patronal.
Pontón promete á mocidade conseguir "un país para a xente nova"
A líder do Bloque destaca a forza da mocidade nas candidaturas do BNG á que pide ser motor do cambio o 28M "para unha nova Galiza".
O PSdeG chama a facer a "revolución municipal" a través do medio cento de mozos candidatos o 28M
O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, destaca a importancia de que a xente nova se involucre nos asuntos públicos e agradece aos membros das listas o seu compromiso e “traballo incansable” para cidadanía
O IGADI celebra o Día da Lingua Portuguesa cun especial que afonda nas relacións de Galicia na lusofonía
Este 5 de maio celébrase o Día Mundial da Lingua Portuguesa e o Observatorio Galego da Lusofonía (OGALUS), que está a celebrar o seu 15º aniversario publica máis dunha vintena de análises de autores e autoras de catro continentes. O Consello da Cultura Galega únese á conmemoración coa publicación na rede do epistolario entre Rodrigues Lapa e Ramón Piñeiro
Carlangas, Ortiga e Pili Pampín, Ana Moura... e a Panorama no Obradoiro
As festas máis compostelás soben ao palco neste 2023 a varias das bandas e artistas con orixe na capital galega que máis están a dar que falar na escena galega e estatal nos últimos tempos do 16 ao 21 de maio e tampouco sen perder de vista outro imprescindible: a verbena.
Mobilidade sostible, autoconsumo eléctrico e un novo modelo de xestión de residuos, claves do ecoloxismo galego para o 28M
O decálogo de propostas da Federación Ecoloxista Galega ás formacións políticas que concorren ás eleccións municipais fai fincapé tamén no aforro enerxético, nas producións agrogandeiras de proximidade e por moratorias locais para as plantacións de eucalipto