O "festival total" de Cans celebra o seu 20 aniversario cunha edición de "reencontro" e "cargada de sorpresas"
Este mércores presentáronse os detalles da vixésima edición do certame, que terá lugar entre o 16 e o 20 de maio. O premio de honra a Luís Zahera e a retrospectiva de Valérie Massadian uniranse a unha sección oficial na que todas as curtas serán estreas en Galicia. Haberá ademais "reencontros de vellos amigos" do festival e 25 concertos, entre eles Los Punsetes ou Fillas de Cassandra.
Nais e pais de colexios do Bierzo érguense contra un instituto que impide que o seu alumnado siga a estudar galego
As anpas dos colexios de Camponaraya, Cuatrovientos e Fuentesnuevas denuncian que o instituto adscrito en Ponferrada non ofrece galego como materia malia que ten opción a incorporalo ao programa impulsado pola Xunta e a Junta de Castilla y León.
Faite de Praza no mes das Letras e leva un dominio .gal de balde
A Asociación de Medios en Galego vólvese unir coa asociación PuntoGal e mais a provedora de servizos Dinahosting para agasallar cun ano de dominio .gal de balde a todas as persoas que se fagan socias do xornal do 17 ao 31 de maio.
A primeira tese de doutoramento en galego en Croacia, 'summa cum laude' para un traballo "de especial relevancia"
A pasada semana Alejandro Martínez Vicente, de Baiona, defendeu na Universidade de Zadar o traballo Colocacións co verbo soporte dar en galego e español mailos seus equivalentes en lingua croata, que acadou a máxima cualificación por achegar "unha mellora significativa na metodoloxía, cun descubrimento/teoría relevante a nivel nacional e internacional".
A CIG chama a "intensificar" a mobilización ante "unha realidade económica e social extrema"
O sindicato nacionalista mobilizouse en 15 cidades e vilas galegas con duras críticas á patronal e aos gobernos español e galego. A central subliña que "a clase traballadora está chamada ao conflito na negociación colectiva para recuperar o poder adquisitivo dos salarios".
CC.OO. e UGT reclaman á patronal maiores subas de salarios para "un reparto xusto" ou "haberá conflito"
Os dous sindicatos celebraron o seu acto central do 1º de maio en Vigo, onde destacaron os avances acadados na actual lexislatura grazas ao diálogo social e ás medidas do Goberno de PSOE e UP, coma a suba do SMI ou a reforma laboral, pero expuxeron a nesesidade de que os empresarios teñan "responsabilidade social" ante a crise de prezos
A Rede Galega contra a Pobreza pon o foco no 28M na "emerxencia do acceso a unha vivenda digna"
As entidades que forman parte de EAPN-Galicia pregúntanlles ás distintas formacións que concorren ás eleccións municipais: "Cantas vivendas se comprometen a facilitar na vindeira lexislatura?", "onde van estar situadas?" e "como pensan afrontar cada unha das problemáticas que afectan ao acceso á vivenda digna e accesible?
Pontón ve no BNG "o entusiasmo, a vitalidade e o optimismo" que precisa Galicia e augura un resultado "histórico" o 28M
"O BNG está aquí para construír unha nova Galiza que xa estamos vendo que emerxe nos concellos onde temos a responsabilidade de gobernar", asegurou a portavoz nacional do Bloque nun encontro con candidatos e candidatas para as municipais celebrado en Compostela
Pedro Sánchez augura a vitoria municipal do PSdeG e "cambio en Galicia" tras as xerais
O presidente do Goberno de España arranca a precampaña galega do 28M na Coruña, no acto de presentación da candidatura de Inés Rey.
SOS Sanidade volve á rúa pola Atención Primaria e medra o desapego médico ao pacto de CESM coa Xunta
En vésperas de que a súa iniciativa lexislativa chegue ao Parlamento, SOS Sanidade manifestouse este mércores nunha vintena de localidades e volveuse desmarcar do pacto que puxo fin á folga "corporativa". Tras o desmarque de arredor de 300 médicos da área de Lugo, un manifesto de persoal ourensán coida que a folga foi desconvocada sen "abordar con seriedade" o "fondo dos problemas" no Sergas nin ter en conta "as necesidades dos pacientes"
🔊Fálase | Folga sanitaria, folga na CRTVG
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal repasamos o acontecido coa folga médica convocada en solitario por un único sindicato e a contrariedade que xerou nos movementos a prol da sanidade pública e nas centrais sindicais con representación nas negociacións coa Xunta. Falámolo con Manuel G. Moreira, secretario nacional da CIG-Saúde. Ademais, achegámonos á mobilización do persoal da CRTVG, que continúa coas folgas e levou a súa loita ante o Senado
Play-Doc: a aposta polas filmografías de culto e o impulso do cinema galego chega á súa 19ª edición
Este mércores comeza o Festival Internacional de Cinema de Tui, Play-Doc, que finaliza o vindeiro luns. A reivindicación de Chantal Akerman e outras autoras e autores, únese a unha coidada selección de novidades de prestixiosos cineastas e traballos de realizadores emerxentes e á proxección de 11 filmes galegos, entre eles tres estreas mundiais.