A cooperación descentralizada galega, ante o 28M: concellos e deputacións solidarias co Sur global
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento fai fincapé na importancia do apoio emprestado por algunhas administracións locais galegas, destacando particularmente o esforzo de concellos como Vigo, Santiago ou Lugo e deputacións como a da Coruña ou Pontevedra
"En galego, aquí e agora": Queremos Galego pide que a defensa da lingua comece nos concellos
Nove cidades e vilas acollen manifestacións da plataforma cidadá Queremos Galego que reivindica acadar unha "vida en galego" e pide a colaboración dos concellos para logralo
A Academia reivindica a Del Riego, a "resistencia" e "a luz" que foi quen de "fender as tebras"
A Real Academia Galega reivindicou a don Paco, "a luz nas tebras do franquismo". No pleno extraordinario co gallo do Día das Letras Galegas celebrado en Lourenzá, localidade natal do seu protagonista, Francisco Fernández del Riego. Víctor F. Freixanes reivindicou a "resistencia non menos heroica" de Del Riego e os que quedaron en Galicia durante o franquismo: "Gañaron un futuro para todos nós"
- 📺
- Cultura
Vídeos en galego desde os colexios: DígochoEu premia escolares de toda Galicia
Escolares de Santiago, Ferrol, Pontevedra, Cangas, A Fonsagrada e As Neves fanse cos galardóns organizados polo espazo de divulgación da lingua da TVG.
O xulgado de Noia abre dilixencias penais contra a mina de San Fix por suposto delito contra o medio ambiente
O proceso xudicial contra a empresa que xestiona o xacemento de volframio en Lousame iníciase logo dunha denuncia das confrarías de Noia e Portosín ante "a evidencia da contaminación".
O Salón do Libro: a felicidade da lectura infantil e xuvenil do Pazo da Cultura aos barrios de Pontevedra
Catro mil libros e máis de trescentas actividades na XXIV edición do Salón do Libro de Pontevedra, que se celebrou no Pazo da Cultura e programou máis accións nas parroquias. "A pandemia fixo algo a favor: ser conscientes do que perdemos e agora que o recuperamos a xente o abrazou dunha forma alucinante", asegura a concelleira de Cultura, Carme Fouces
A asociación Polamiúda de Chantada crea o festival Polas Bravas para gozar da arte "feita por mulleres bravas"
Fillas de Cassandra, Bratzantifa, a poeta Nuria Vil, Hydn, o dúo Aldaolado e a compañía Chévere estarán esta fin de semana no festival Polas Bravas de Chantada, organizado pola asociación feminista Polamiúda con actividades gratuítas para todos os públicos
O BNG pon o foco en Santiago: "Ou alcalde do PP ou facer historia cunha alcaldesa do Bloque"
Ana Pontón pide "concentrar o voto" no Bloque e apela a quen optou pola formación nas últimas eleccións galegas para que apoie agora a Goretti Sanmartín como "alternativa de futuro" en Compostela. A candidata expón o seu modelo turístico, con medidas como declarar a zona histórica como área saturada de tendas de souvenirs
A galega Arancha Nogueira e a portuguesa Maria Isabel Fidalgo, premios aRi[t]mar de poesía 2022
Preto de 4.000 votos premian os poemas 'Mamá fala en linguaxes de documentos predeterminados' e 'Se de repente perto fosse um verbo' da ourensá Arancha Nogueira e a barcelense Maria Isabel Fidalgo no certame aRi[t]mar
O PSdeG lamenta que Rueda dedique as municipais a "falar de ETA" e suxire que o PP ten "vergoña dos seus candidatos"
Durante unha visita a Teo para presentar un proxecto para reconverter unha antiga nave industrial nun espazo sociocultural, Lage (PSdeG) coida que o PP "fala de ETA" en Galicia porque "non están nos problemas da cidadanía" como a vivenda ou os servizos sociais, que se dirimen nestes comicios. Dende Muxía, Besteiro ironiza con que Rueda estea "preocupado por se nestas eleccións se elixe a Pedro Sánchez" e lamenta que amose "pouca confianza" nas candidaturas populares, pero tamén "na intelixencia da cidadanía"
Pontón contrapón un BNG "axente activo" polo galego fronte a un PP "Terminator" da lingua propia
A portavoz nacional do Bloque e o candidato á alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, reivindican o uso normal da lingua un encontro na Coruña con creadores de contidos que usan un idioma "que non ten límites".
Besteiro apoia na Fonsagrada o candidato do PSdeG á reelección nun concello clave para o futuro da Deputación
O delegado do Goberno participou nun acto no que Carlos López, alcalde e cabeza de lista do PSdeG, destacou que “temos un proxecto para aumentar e mellorar os servizos dos veciños e promover a actividade económica e a creación de emprego, e así fixar poboación”