Polémica oposición na Lama: CGT e PSdeG denuncian irregularidades para "colocar" un portavoz do PP no Concello
A traballadora que ocupa actualmente a praza de bibliotecaria, na que leva 23 anos, alerta de "prácticas caciquís e discriminatorias" nunha primeira proba na que o candidato popular á alcaldía de Ponte Caldelas e traballador no Concello da Lama sacou a mellor nota malia non ter experiencia nin formación no ámbito.
Berta Dávila, Ledicia Costas, Antía Otero, Eva Mejuto: os Premios Follas Novas do libro galego son das mulleres
A oitava edición dos galardóns organizados polas asociacións de autores, editoras e librarías recoñeceu con premios honoríficos a Lydia Cacho, Ediciós do Castro e Númax
Formoso enxalza o perfil feminista do PSdeG homenaxeando a Rosa Gómez Limia, primeira deputada de esquerdas no Parlamento
O secretario xeral do PSdeG remarcou o compromiso do seu partido na loita polos dereitos das mulleres
Rueda gaba a candidata do PP en Vigo como exemplo de liderado fronte a Caballero
Co lema “En Vigo todo es posible” os populares din querer que tamén a cidade “volva liderar Galicia”
Pontón presenta o BNG como a formación coas “solucións máis vangardistas e avanzadas adaptadas á nosa realidade”
A portavoz nacionalista lembra que as eleccións municipais son o inicio dun ciclo político con catro comicios nun ano que rematarán coas galegas como moi tarde en xullo de 2024
Interior Galego Vivo propón dez medidas para que as persoas do rural "non teñamos menos dereitos por vivir onde vivimos"
Representantes dunha ducia de candidaturas municipais aprobaron un decálogo "para garantir un futuro digno nas comarcas interiores". Reclaman que os servizos básicos se sitúen a unha distancia máxima de media hora, apoio á produción agraria e gandeira de proximidade ou que os concellos adopten un "rol protagonista" no desenvolvemento eólico.
A aposta da Xunta pola aprendizaxe a distancia para persoas adultas limita o acceso a estas ensinanzas, denuncia a CIG
O sindicato denuncia que o anteproxecto de Lei para a aprendizaxe ao longo da vida adulta "non contempla o mantemento do actual sistema de ensino público presencial". Neste momento, unhas dez mil persoas cursan estes estudos en centros nas sete cidades, en IES, cárceres e tamén de forma telemática
- 🔊Podcast Dereito á vivenda Fálase
- Acontece
Fálase | Falamos de onde vivimos
O dereito á vivenda regresa ao centro da axenda política coa nova lei estatal ou o plan para alugar a prezo accesible pisos do banco malo. Analizámolo no novo episodio do podcast informativo de Praza.gal. Ademais, con VINTE escoitamos as músicas de Ramona, a protagonista de Matria, e anotamos varias citas culturais de interese na Coruña
Persoal investigador denuncia atrasos de meses nos seus contratos pola "falta de planificación" da Xunta
O atraso na convocatoria provocará previsiblemente que os contratos non poidan iniciarse no comezo do curso 2023-24, senón máis ben en decembro no mellor dos casos. Investigal e a Asemblea de Investigadoras de Compostela alertan de que "esta demora dá lugar a incerteza, sen saber se van ter ou non un contrato para poder levar a cabo as súas investigacións".
O xornalista lucense Marcos Méndez gaña o XIX Premio José Couso pola súa cobertura da guerra de Ucraína dende o terreo
O reporteiro impúxose a Mònica Bernabé e Reporteiros sen Fronteiras. A acta do galardón organizado polo Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol reclama un ano máis que "se esclareza o asasinato de José Couso" a cargo do exército estadounidense e fai un chamamento ás autoridades "para que poñan todos os medios para defender a liberdade de prensa e o dereito a informar"
'Mangüi, sempre en nós': alumnado do IES Agra e Banda Xangai lembran o músico "que repartía cousas bonitas polo mundo"
O centro Ágora da Coruña acolle este xoves un festival no que a orquestra bravú realizará un percorrido pola historia da música popular galega que servirá como homenaxe ao baixista falecido hai uns meses. Será en colaboración cos rapaces e rapazas do instituto no que Mangüi estudou, que levará a cabo o espectáculo Somos un pobo de artistas
Manuel Colmeiro, o economista que apostou pola redención dos foros, Científico Galego do Ano
Avogou dende moi novo pola abolición do sistema foral no campo galego, co obxectivo de que a propiedade da terra fora dos propios labregos que a cultivaban. O acto académico central de homenaxe terá lugar o 4 de outubro no marco do Día da Ciencia en Galicia. Trátase do primeiro científico social que recibe esta distinción da Real Academia de Ciencias de Galicia.