Unións Agrarias denuncia que a planta de Inleit importa leite portugués tras recibir 14 millóns en axudas da Xunta
O sindicato agrogandeiro asegura que camións cisterna con leite luso entran "practicamente a diario" nas instalacións de Curtis, o que considera "inmoral e inaceptable" para unha empresa "que se ten beneficiado de inxentes cantidades de cartos públicos".
FunFunFun, a feira de autoedición, regresa para amosar a creatividade galega de base
Santiago acolle este sábado a quinta edición do evento, con charlas, debates, presentacións, un mercado, música e un combate de debuxantes
Galicia busca facer historia na Copa das Rexións mentres negocia o regreso da selección sete anos despois
O equipo afeccionado galego, vixente campión estatal, disputa desde hoxe no país a fase final do prestixioso trofeo da UEFA. A Federación negocia con dous combinados suramericanos para un novo amigable.
A gala dos premios Martín Códax reivindica a contratación de artistas galegos nas programacións culturais
A décima edición dos galardóns da música do país recoñeceu a Sergio de Miguel como Artista Emerxente e a proxectos como Moura, Momboi, Udra, Arrhythmia, Sila Lua ou Terrae. Luz Casal recolleu o premio honorífico e salientou a diversidade musical galega vista na gala
🔊 Fálase | Alcaldías pola esquerda e un goberno progresista que gaña votos
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos as negociacións en marcha para conformar novos gobernos progresistas en múltiples vilas e cidades e escoitamos algo do que nos contou Lara Méndez, alcaldesa socialista de Lugo, que será reelixida outra volta cos votos de PSdeG e BNG. No espazo de VINTE achegámonos ás Novas Camadas do Festival de Cans, escoitamos a música de Caldo e sabemos do proxecto que quere achegar a política ourensá á mocidade "abandonada"
CIG-Ensino denuncia o borrado de 169 unidades didácticos de Matemáticas en galego da web da Consellaría
O sindicato faise eco da denuncia do blog Retallos de matemáticas, que alertou da eliminación destes materiais. CIG-Ensino exixe a restitución das unidades didácticas.
O Proxecto Nós presenta as súas primeiras tres ferramentas para interactuar en galego coas intelixencias artificiais
Trátase do primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galicia, o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego oral e o converte a texto e unha aplicación de síntese de voz que a partir dun texto é quen de ler en galego. Estarán dispoñibles proximamente en aberto e de xeito gratuíto
Un documental de Nós Televisión lembra a Manoel Vello Salvado, "o gran loitador das cousas pequenas"
O audiovisual de 45 minutos, realizado por Xosé Bocixa, estréase este sábado e repasa todas as iniciativas nas que o galeguisa de Mesía finado o pasado mes de nadal participou activamente ao longo da súa traxectoria política e social. No vídeo aparecen unha ducia de compañeiros do eido da política, do sindicalismo, do asociacionismo e familiares.
Bombeiros comarcais de toda Galicia irán á folga indefinida
Demandan que se cumpra cunha sentenza do Supremo que permite a súa conversión en persoal laboral fixo e un convenio colectivo autonómico coas mesmas condicións para todos os profesionais.
Un estudo da UVigo, presente no debate en Portugal sobre o futuro da lingua mirandesa
O Parlamento luso aprobou por unanimidade instar ao Goberno que conclúa a vinculación do país á Carta Europea das Linguas Minoritarias. Varios deputados empregaron un traballo coordinado por Xosé Henrique Costas como argumento para esixir unha intervención inmediata en favor do mirandés, en serio perigo de desaparición
BNG e PSdeG aseguran gobernos progresistas nuns 150 concellos dunha Galicia con "mapa político propio"
As dúas formacións comprométense a apoiar na investidura o candidato socialista ou nacionalista máis votado onde haxa maioría de esquerda alternativa ao PP e insisten na vitoria das forzas de progreso nas votacións do pasado 28M.
A Garda Civil interveu 56 veces desde abril para protexer a muller asasinada en Oia da súa ex-parella
Ana Vanessa Serén foi asasinada por un home do que fora parella este sábado nas inmediacións do camping 'O Muíño' de Mougás, no concello de Oia (Pontevedra), onde traballaba. O presunto asasino é Garda Civil de profesión, tiña unha orde de afastamento de 300 metros da vítima e a prohibición de comunicarse con ela.