- Galería Municipais 28M
- Política
Reflexionando á vista de todos
Candidatos e candidatas e líderes de todas as formacións amósanse en público na xornada previa ás eleccións na que legalmente non poden pedir o voto... pero si evidenciar a súa existencia
Unha ducia de cousas que pasaron á marxe da campaña electoral (e unha que suporá outra campaña electoral)
Recuperamos algúns dos principais temas que publicamos en Praza nas dúas últimas semanas e que se che puideron pasar entre o balbordo dos mitins
Remata a campaña do 28M con chamadas a "non quedar na casa", concentrar apoios e ao "voto útil"
A porcentaxe de votantes indecisos nestes comicios vai ser decisiva nalgúns concellos, polo que o tradicional chamamento a acudir ás urnas este 28M colle forza entre as formacións que aspiran a gobernar. Rueda pediu respaldo para "esas maiorías que permiten gobernos con sentidiño e colaboradores coa Xunta". Ana Pontón apelou á mocidade para sexa "protagonista" do "cambio real" escollendo a papeleta do BNG. E Valentín Formoso asegurou que "ninguén pode quedar na casa cando hai tanto en xogo"
A comunidade 'maker' galega ten unha cita na Cidade da Cultura: chega a 9ª Maker Faire Galicia
Do 1 ao 4 de xuño o Gaiás acolle a novena edición do evento, con xornadas dedicadas á industria e á educación. Haberá espazo para máis de 70 proxectos e 300 makers, máis de 40 obradoiros e máis de 20 charlas, tanto en liña como presenciais.
Pontón apela ao voto "rebelde" e á xente nova "para que sexa motor de cambio" en Galicia
A portavoz nacional do Bloque chama a concentrar o voto "de rebeldía e ilusión" no BNG e fai un chamado expreso á mocidade.
O PSdeG volve xuntar a Formoso e Besteiro nun final de campaña que xa olla á seguinte batalla electoral
O actual secretario xeral do PSdeG volveu estar acompañado polo delegado do Goberno, desta vez nas Pontes, onde aspira a repetir na alcaldía que leva quince anos. "Non nos podemos permitir dar un paso atrás nos avances sociais”, dixo, apelando ao voto da cidadanía progresista de Galicia neste 28M.
O PSdeG ve no 28M o inicio da "revolución" para evitar que Galicia "siga rendida" ao PP na Xunta
Besteiro contrapón a campaña "en positivo" e "de esperanza" do PSdeG coa de "oposición" do PP e Formoso o "orgullo" dos socialistas polos seus candidatos mentres populares e nacionalistas "omítenos como se houbese algo que agochar".
A Academia Galega de Teatro critica que o CDG leve ao festival de Mérida unha versión en castelán de 'Shakespeare en Roma'
Para a entidade, "o contexto dos festivais internacionais semella idóneo para mostrar as capacidades da nosa lingua". A AGT fai fincapé na obriga que ten o Centro Dramático Galego de “garantir a normalización e o impulso do idioma galego como medio para protexer e fomentar a identidade cultural de Galicia"
A ex-líder de Podemos en Galicia ou ex-reitor da Universidade, entre os persoeiros que dan apoio público ao BNG en Vigo
O Bloque presenta un manifesto que chama a "abrir un tempo novo" na cidade da man da formación nacionalista no que asinan escritores, artistas ou ex-futbolistas.
🔊 Fálase | Barreiros, zona cero: do ladrillazo ao cambio político
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal, regresamos a Barreiros para repasar o longo percorrido xudicial e político da desfeita urbanística que padeceu o concello a principios de século co antigo goberno local do PP e falamos coa súa alcaldesa, Ana Ermida, do BNG, que aspira á reelección tras chegar ao goberno en 2019. Ademais, escoitamos algunhas das impresións máis destacadas de PP, PSdeG e BNG na recta final da campaña do 28M
Persoal que aprobou as oposicións de 2019 esixe á Xunta que resolva xa os seus procesos selectivos
Máis de 740 persoas están afectadas pola falta de resolución, unha situación que consideran "inaceptable".
O Xeoparque do Cabo Ortegal xa é unha realidade: a UNESCO recoñece a riqueza deste espazo
O Ortegal convértese no segundo xeoparque galego, despois do Courel, e o 16º no Estado español. O proxecto estivo impulsado pola a Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal (AXCO), do que forman parte os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, e que conta co apoio económico da Área de Turismo da Deputación da Coruña.