O ecoloxismo galego presenta as súas demandas para "un cambio de rumbo urxente" a partir do 12X
A Federación Ecoloxista Galega expón aos partidos políticos 12 propostas de "cambio na xestión pública cara a un modelo máis ecolóxico e sustentábel". O Movemento Galego polo Clima mobilízase este ventres polo Día Mundial do Medio Ambiente.
Alcoa teima en deixar de producir aluminio na Mariña, que se mobiliza esta fin de semana en Xove e Viveiro
O comité de empresa alerta da ausencia de "vontade" da multinacional para continuar coa produción na planta de San Cibrao e pide "unidade" ás administracións. Unha "marcha fúnebre" e unha manifestación percorrerán as rúas da comarca esta fin de semana.
Reclamar “o roubado” por Franco non é delito de odio: A Audiencia rexeita a acusación da familia pola ocupación da Casa Cornide
As nove persoas que en setembro de 2017 despregaron unha pancarta no edificio coruñés serán xulgadas por delito leve
Aumenta a mobilización de persoal e usuarios das residencias de maiores en demanda de mellores servizos públicos
Os sindicatos convocaron concentracións por segundo xoves consecutivo diante dos centros de traballo, nunha xornada na que tamén o colectivo de xubilados da CIG se mobilizou en toda Galicia e a unha semana das manifestacións que buscan homenaxear as persoas falecidas nas residencias e esixir un cambio de modelo
O Eixo Atlántico pide a Pedro Sánchez a través da alcaldesa de Lugo participación dos concellos no fondo da UE para a reconstrución
Mentres os Estados membros da UE concretan os fondos da reconstrución para paliar as consecuencias do coronavirus, os concellos do Eixo Atlántico piden a Pedro Sánchez e António Costa "que se nos teña en conta en como distribuílos e xogar un papel activo na súa execución"
Sánchez aposta pola "busca de investidores" para salvar a planta de Alcoa en San Cibrao
O Ministerio de Industria convocará a mesa multilateral para abordar o futuro da factoría da Mariña. O Executivo central di que intenta "resolver" os "parches" e a "política de desindustrialización" dos seus predecesores.
Portugal prevé que a fronteira permanecerá pechada ata xullo mentres os concellos da raia intensifican as protestas
O Goberno luso sinala que, dado que España anunciou que as restricións se manterán ata o 1 de xullo, non contempla adiantar o tránsito entre os dous países. Trece localidades das dúas beiras do Miño inician mobilizacións conxuntas para esixir a liberdade de circulación.
- Enquisa Galegas 2020
- Política
O PP retén a maioría absoluta por un ou dous escanos a mes e medio das eleccións
O PP obtería entre 38 e 39 escanos, polo que a esquerda precisaría un ou dous máis para aspirar a un Goberno alternativo unha década despois. O PSdeG volvería ser segunda forza con 19 ou 20, aumentando entre 5 e 6 escanos, o BNG case duplicaría a súa representación e chegaría aos 11 mentres GeC quedaría en 6
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia encadea o terceiro día consecutivo sen novos diagnósticos de coronavirus
Nas últimas 24 horas non houbo que lamentar tampouco ningún novo falecemento e e só tres novos ingresos hospitalarios. Tres semanas despois do inicio da Fase 1, os rexistros de Sergas e Ministerio de Sanidade non detectan ningún indicio de rebrote da enfermidade.
O persoal de Alcoa volve mobilizarse contra os despidos en San Cibrao e pola "nacionalización"
Entre 1.500 e 2.000 traballadores da fábrica e das auxiliares marchan por Cervo, cortan a N-642 e advirten de que as protestas destes días "non son máis que un quecemento".
Galicia en Común reclama á Xunta a reapertura dos centros de día
A coalición pide ao Goberno galego que permita reabrilos cun protocolo que "garanta a saúde das pesoas usuarias". Antón Gómez Reino e Eva Solla reuníronse coa Plataforma de Centros de Día de Galicia.
Lugo empregará Tik Tok para concienciar a mocidade sobre o machismo e a violencia de xénero
A campaña baséase na publicación de dez vídeos curtos, realizados por adolescentes e que buscan chegar a menores de 24 anos, alertando sobre "as diferentes desigualdades que aínda existen" ou os problemas de machismo presentes nas relacións de parella