Unha sentenza avala o illamento obrigatorio dun infectado de coronavirus de Porto do Son que non respectou o confinamento
Trátase dun home duns 35 anos que este domingo foi diagnosticado como enfermo de Covid-19. Cando se realizou unha visita ao seu domicilio para comprobar que estaba respectando a corentena, descubriuse que non se atopaba nel. O auto avala que as autoridades o localicen e o manteñan en illamento
Galicia en Común comprométese a "reverter a década de privatizacións e recortes do PP" desde a Xunta
O candidato á presidencia pola coalición, Antón Gómez Reino, e outros membros da candidatura mantiveron unha xuntanza con representantes de Modepen en Boiro.
Caballero avoga por outra "folla de ruta" para reconstruír Galicia ante a "nula" política económica de Feijóo
O candidato do PSdeG chama a outro "liderado" na Xunta para a reconstrución post-coronavirus e advirte do "proxecto esgotado" do PP.
O Ministerio deixa en mans da Xunta o número máximo de alumnado por aula para o vindeiro curso
O Goberno central asegura que se "pode optar pola alternativa de establecer grupos de convivencia estables de entre 15 e 20 alumnos" en Infantil e Primaria, pero permite ás comunidades elevar o número se así o decide.
O San Xoán do coronavirus: sen fogueiras nas praias, pero con sardiñadas e celebracións en grupos pequenos
Os accesos aos areais estarán controlados e non se permitirán as fogueiras en espazos públicos. Na Coruña o Concello si autoriza a organización de grelladas na vía pública e recibiu xa máis de 300 declaracións responsables de locais de hostalaría e persoas físicas.
Outra gran marcha na Mariña clama pola defensa do emprego en Alcoa
Unhas 15.000 persoas saíron á rúa en Burela "polo futuro" da Mariña e esixindo unha rápida resposta que free o "deserto industrial".
Galicia en Común lanza dúas caravanas electorais coa esperanza de "consolidar o ciclo progresista" co cambio na Xunta
GeC sinala "o traballo de compañeiras como Yolanda Díaz" no Goberno do Estado para apelar á necesidade dun cambio político en Galicia e Gómez-Reino promete, nun encontro con persoal investigador, dedicar o 2% do PIB galego a I+D se a esquerda goberna en Galicia tras o 12X
- Con vídeo
- Cultura
As mellores regueifas do confinamento reafirman a improvisación oral en verso como vehículo de promoción do galego
O certame Enreguéifate, organizado polos concellos de Compostela, Ames, Teo, Carballo, Pontevedra e Rianxo, deu a coñecer este luns os seus gañadores e gañadoras, nas súas dez categorías, que enviaron os seus vídeos nos últimos meses
Pontón chama a trasladar ás urnas "o espírito e a rebeldía" da loita de Verín pola sanidade pública
A candidata do BNG O BNG propón cubrir as 6.000 prazas vacantes do Sergas e 200 millóns para reforzar a Atención Primaria nos primeiros cen días de goberno.
Caballero avoga por desenvolver o Banco de Terras na nova lexislatura para impulsar o sector lácteo
O candidato socialista anuncia un paquete de medidas para frear a caída dos prezos do leite, impulsar a cadea de produción do ciclo do leite e impulsar a innovación e a investigación no rural galego.
O BNG promete poñer en marcha o Galtren, o tren de proximidade galego
O Bloque aposta por "unha mobilidade máis eficiente, máis racional e máis respectuosa co medioambiente; unha mobilidade do século XXI".
Galicia en Común propón unha alternativa á Risga compatible co Ingreso Mínimo Vital
A formación propón transformar unha Risga "escuálida e insuficiente" nunha Renda Garantida para a Cidadanía Galega. Beiras reaparece para apoiar a coalición e cualifica a Feijóo de “colaboracionista do fascismo máis brutal”.