Galicia en Común chama á mobilización e augura a derrota de Feijóo "se a xente vai votar"
A formación presenta o seu lema de campaña de cara ao 12X: "É o momento! Construírmos o futuro".
A Xunta Electoral cre que Vox incumpriu a lei electoral ao despregar globos verdes en cidades galegas, pero non o sanciona
Fronte á denuncia, formulada polo PSdeG, o partido de extrema dereita alegou que non existía “proba algunha” contra el, pero o órgano electoral lembra que así se recolleu “nas redes sociais desa formación”
Caballero evoca o éxito do PSdeG nos gobernos locais formados hai un ano como "antesala do cambio político en Galicia"
O candidato do PSdeG á Xunta sinala "a xestión das máis de cen alcaldesas e alcaldes socialistas" como "a mellor proba de que sabemos gobernar" e da necesidade dun Goberno galego "en sintonía" co do Estado e os dos municipios
O galego Xosé Bustelo, premiado polos seus avances na investigación do cancro
O Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal deu a coñecer este luns os seus gañadores, recoñecendo na súa novena edición a Xosé Bustelo (Padrón, 1962), "pola súa brillante carreira investigadora e académica con liñas de investigación sólidas que deron lugar a avances importantes no campo das bases moleculares do cancro"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra un diagnóstico de coronavirus nas últimas 24 horas, e só 22 nas últimas dúas semanas
Este sábado non se rexistraron novos falecementos. O Sergas contabiliza 351 casos activos; deles, 343 están en seguimento nos seus domicilios e os outros oito corresponden aos pacientes ingresados nos hospitais.
Caballero reivindícase como "o cambio con garantías" e di que “os que recortaron servizos públicos non poden pilotar a reconstrución”
Na presentación das candidaturas do PSdeG-PSOE, o candidato socialista promete que un goberno progresista “esclarecerá todo o ocorrido nas residencias de maiores” de Galicia, onde faleceron 132 persoas sen hospitalización
Pontón acusa a Feijóo de "poñer medallas" pola fin do estado de alarma, “que é froito do traballo da sociedade galega”
O BNG celebrou este domingo en Compostela un acto de reencontro coa súa militancia que serviu tamén en certa forma para dar inicio á súa precampaña de cara ás eleccións do 12 de xullo
A Mariña volve manifestarse de forma masiva en defensa dos postos de traballo de Alcoa
Máis de dez mil persoas mobilizáronse este domingo en Foz, segundo a Policía Local, baixo o lema de "A Mariña sálvase loitando". A marcha foi acompañada dende o mar por varias embarcacións, que fixeron soar as súas buguinas e que tamén amosaron faixas de apoio.
Marea Galeguista presenta a súa candidatura reclamando unha nova normalidade "máis xusta e sostible"
A coalición ten a Pancho Casal como número 1 pola provincia da Coruña. Peque González é a número 1 por Pontevedra, Iván R. Lombardero encabeza a lista por Lugo e Milagros Corral lidera a lista por Ourense. Casal amosouse convencido de que a Marea Galeguista vai ser “decisiva para un goberno de transición a una nova normalidade máis xusta e sostible”
Os concellos pídenlle á Xunta "directrices concretas" para a organización das festas de verán
A Fegamp reclama instrucións precisas para que as feiras e verbenas se poidan celebrar con seguridade. Os gobernos locais están xa a traballar na organización de eventos espallados e nos que se eviten grandes aglomeracións.
A Feira do Libro de Santiago convértese no primeiro grande evento cultural que regresa despois do impacto da pandemia
Celebrarase na Alameda entre este sábado 13 e o domingo 21 de xuño. Na feira, que contará con importantes medidas de seguridade para evitar a posibilidade de contaxios, participan cinco librarías e unha editorial e por ela pasarán ao redor de 40 autores e autoras para asinar obras.
'As Mulleres que Opinan' mantén a súa edición 2020: "non era o momento de renunciar a facer este encontro"
O foro, que conta co apoio da Deputación e do Concello de Pontevedra, desenvolverase de forma telemática o 26 e 27 de xuño. Oito relatoras amosarán a súa visión sobre a situación das mulleres nos medios de comunicación. Xornalistas Galegas presentarán o estudo 'As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións'