Unha praga de pulgas obriga a desaloxar unha área do Hospital Álvaro Cunqueiro
Os pacientes dunha zona da segunda planta do complexo tiveron que ser trasladados tras descubrirse a presenza destes insectos o pasado sábado.
Alcoa insiste na inviabilidade da planta de aluminio pero o comité confía nas propostas de Xunta e Estado
A multinacional teima en que o problema da factoría da Mariña é "permanente" e irreversible e négase mesmo a valorar unha venda. O persoal considera positiva a actitude dos gobernos central e autonómico: "Se cumpren, salvámola".
A Xunta inxecta un millón de euros en varios medios a través de Turismo para publicitar accións sobre o coronavirus ata xullo
Os vinte e dous convenios, asinados pola Axencia Turismo de Galicia o pasado maio con outras tantas empresas editoras de medios de comunicación, suman 1,1 millóns de euros procedentes da partida "promoción e difusión do turismo". Estes convenios foron rubricados e están en vigor á marxe doutras accións de comunicación e publicidade institucional sobre o coronavirus, caso dun contrato de 394.000 euros da Secretaría Xeral de Medios
A Mariña volve saír en masa á rúa en defensa do emprego en Alcoa
Viveiro acolle unha multitudinaria marcha tras a celebrada o sábado en Xove
Milleiros de persoas maniféstanse na Mariña en defensa do mantemento dos postos de traballo en Alcoa
A mobilización de Xove, encabezada por unha faixa na que se podía ler 'O pobo en loita polo emprego', foi acompañada por un coche fúnebre e boa parte dos e das participantes (con cadansúa máscara de protección) levaban roupas negras. Este domingo, unha marcha semellante terá lugar en Viveiro.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia prepara o paso á Fase 3 noutra xornada sen novos diagnósticos, que suman só 7 na última semana
Galicia é a comunidade autónoma do Estado que presenta unha menor incidencia da enfermidade nos últimos 14 días. Ademais, non se rexistraron novos falecementos, polo que o número total segue fixado nas 618 mortes.
O coronavirus non frea Xuvenciencia, que volve con actividades "en rede pero en absoluto virtuais"
O campamento científico organizado polo campus lucense da USC celebrarase a partir do 29 de xuño con cinco proxectos "especialmente pensados para este escenario de crise sociosanitaria global", con reflexión sobre o medio ambiente, a sustentabilidade dos recursos, a consciencia sobre a orixe dos alimentos e as aprendizaxes de xeracións pasadas.
O Ministerio de Sanidade autoriza a mobilidade entre as provincias galegas a partir do luns
O BOE deste sábado publica a orde que converte a totalidade de Galicia na "unidade territorial" de referencia dentro da que se poderá circular libremente partir da medianoite do domingo ao luns. O presidente da Xunta pasa a ser a "autoridade competente" encargada de xestionar o proceso de desconfinamento.
A SGHN pregunta á Xunta pola seguridade da balsa de lodos vermellos de Alcoa, unha "herdanza envelenada"
A entidade demanda do Goberno galego os informes dos seus técnicos e inspectores ambientais sobre o depósito a ceo aberto de bauxita e pediu tamén información sobre as fianzas e avais depositados por ALCOA para un hipotético derrumbe
Lorenzo Milá, símbolo "da mellor época de independencia dos medios públicos", gaña o Premio José Couso
O xornalista, cunha longa traxectoria na televisión pública española, personaliza "a mellor época de independencia nos informativos nos medios públicos", destaca o CPXG, que anuncia que "cando a situación o permita" realizarase un acto público coa presenza do premiado para facerlle entrega do galardón.
O ecoloxismo galego presenta as súas demandas para "un cambio de rumbo urxente" a partir do 12X
A Federación Ecoloxista Galega expón aos partidos políticos 12 propostas de "cambio na xestión pública cara a un modelo máis ecolóxico e sustentábel". O Movemento Galego polo Clima mobilízase este ventres polo Día Mundial do Medio Ambiente.
Alcoa teima en deixar de producir aluminio na Mariña, que se mobiliza esta fin de semana en Xove e Viveiro
O comité de empresa alerta da ausencia de "vontade" da multinacional para continuar coa produción na planta de San Cibrao e pide "unidade" ás administracións. Unha "marcha fúnebre" e unha manifestación percorrerán as rúas da comarca esta fin de semana.