Reclamar “o roubado” por Franco non é delito de odio: A Audiencia rexeita a acusación da familia pola ocupación da Casa Cornide
As nove persoas que en setembro de 2017 despregaron unha pancarta no edificio coruñés serán xulgadas por delito leve
Aumenta a mobilización de persoal e usuarios das residencias de maiores en demanda de mellores servizos públicos
Os sindicatos convocaron concentracións por segundo xoves consecutivo diante dos centros de traballo, nunha xornada na que tamén o colectivo de xubilados da CIG se mobilizou en toda Galicia e a unha semana das manifestacións que buscan homenaxear as persoas falecidas nas residencias e esixir un cambio de modelo
O Eixo Atlántico pide a Pedro Sánchez a través da alcaldesa de Lugo participación dos concellos no fondo da UE para a reconstrución
Mentres os Estados membros da UE concretan os fondos da reconstrución para paliar as consecuencias do coronavirus, os concellos do Eixo Atlántico piden a Pedro Sánchez e António Costa "que se nos teña en conta en como distribuílos e xogar un papel activo na súa execución"
Sánchez aposta pola "busca de investidores" para salvar a planta de Alcoa en San Cibrao
O Ministerio de Industria convocará a mesa multilateral para abordar o futuro da factoría da Mariña. O Executivo central di que intenta "resolver" os "parches" e a "política de desindustrialización" dos seus predecesores.
Portugal prevé que a fronteira permanecerá pechada ata xullo mentres os concellos da raia intensifican as protestas
O Goberno luso sinala que, dado que España anunciou que as restricións se manterán ata o 1 de xullo, non contempla adiantar o tránsito entre os dous países. Trece localidades das dúas beiras do Miño inician mobilizacións conxuntas para esixir a liberdade de circulación.
- Enquisa Galegas 2020
- Política
O PP retén a maioría absoluta por un ou dous escanos a mes e medio das eleccións
O PP obtería entre 38 e 39 escanos, polo que a esquerda precisaría un ou dous máis para aspirar a un Goberno alternativo unha década despois. O PSdeG volvería ser segunda forza con 19 ou 20, aumentando entre 5 e 6 escanos, o BNG case duplicaría a súa representación e chegaría aos 11 mentres GeC quedaría en 6
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia encadea o terceiro día consecutivo sen novos diagnósticos de coronavirus
Nas últimas 24 horas non houbo que lamentar tampouco ningún novo falecemento e e só tres novos ingresos hospitalarios. Tres semanas despois do inicio da Fase 1, os rexistros de Sergas e Ministerio de Sanidade non detectan ningún indicio de rebrote da enfermidade.
O persoal de Alcoa volve mobilizarse contra os despidos en San Cibrao e pola "nacionalización"
Entre 1.500 e 2.000 traballadores da fábrica e das auxiliares marchan por Cervo, cortan a N-642 e advirten de que as protestas destes días "non son máis que un quecemento".
Galicia en Común reclama á Xunta a reapertura dos centros de día
A coalición pide ao Goberno galego que permita reabrilos cun protocolo que "garanta a saúde das pesoas usuarias". Antón Gómez Reino e Eva Solla reuníronse coa Plataforma de Centros de Día de Galicia.
Lugo empregará Tik Tok para concienciar a mocidade sobre o machismo e a violencia de xénero
A campaña baséase na publicación de dez vídeos curtos, realizados por adolescentes e que buscan chegar a menores de 24 anos, alertando sobre "as diferentes desigualdades que aínda existen" ou os problemas de machismo presentes nas relacións de parella
Pontón compromete "traballar pola nacionalización de Alcoa" se o BNG "lidera" a Xunta tras o 12X
A candidata do BNG ve na actitude de Feijóo ante a ameaza de peche de Alcoa, "de brazos cruzados", a mostra da "Galiza gris, submisa e decadente" que, ao seu xuízo, representa o Goberno do PP
Memorias electorais galegas na Arxentina: "Pagábanche 50 dólares por ir votar e fomos todos votar a Fraga"
O pianista galego-arxentino Juan Carlos Cambas relata na Radio Galega como en Bos Aires votaba "sen saber moi ben a quen votaba" e eventos co falecido ex-presidente da Xunta con "400 quilos de polbo" e supostos incentivos económicos por ir votar