Vigo e Pontevedra acollerán a primeira escola galega para escritoras e escritores
Na Escola de Letras, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia impartiranse obradoiros de escritura de diferentes nivel e modalidades, de Escrita Creativa ou de Poesía, entre outros. Ademais, haberá encontros con profesionais do mundo do libro e recitais con público
Investigadores da USC calculan que máis dun terzo dos casos de coronavirus se deben a 'supercontaxiadores'
Un estudo liderado polo profesor Antonio Salas Ellacuriaga e o xefe de servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario de Santiago, Federico Martinón Torres analizou case 5.000 xenomas do coronavirus. O equipo sitúa a orixe evolutiva máis recente de todas as cepas actuais de COVID-19, “non antes de novembro de 2019”
Profesionais do Dereito reclaman que a xestión da crise sanitaria non anule os dereitos democráticos
Máis dun cento de docentes e avogados e avogadas lanzan dende Galicia un manifesto nas catro linguas oficiais do Estado que busca abrir un debate público sobre a necesidade de protexer os dereitos fundamentais e as liberdades públicas tamén en tempos de pandemia.
A UE recoñece o modelo urbano de Pontevedra co premio de Seguridade Viaria
A Comisión Europea premia os avances en mobilidade sustentable da cidade e destaca a drástica redución de accidentes de tráfico nun municipio sen falecidos nas estradas nos últimos nove anos.
- Galería Letras Galegas 2020
- Cultura
Flores, chíos, bandeiras e máscaras en homenaxe a Don Ricardo
Institucións, partidos e entidades sociais fan da placa e do busto de Carvalho Calero fronte á que foi a súa casa en Compostela o centro dos actos físicos mentres a cidadanía manifesta nas redes sociais e nas fiestras o seu apoio á lingua
Vieiros dixitais para celebrar a lingua e a vida e obra de Carvalho Calero
Dende o sitio web sobre o autor homenaxeado neste Día das Letras a completas programacións culturais, a pandemia do coronavirus impulsou a multiplicación de contidos e eventos en liña
A prol do galego dende as fiestras: "Don Ricardo, non esquivamos a nosa responsabilidade"
Queremos Galego anima a pendurar das fiestras bandeiras galegas ou carteis e a divulgar nas redes mensaxes a prol do uso normal do galego nun Día das Letras marcado pola pandemia
'A nova realidade' despois do coronavirus cóntase en Instagram a través dun concurso de VINTE e Puntogal
O certame premiará vídeos subidos a Instagram de menos dun minuto nos que cada participante mostre a realidade exterior cunha ollada distinta a como a vía antes da pandemia. Haberá cinco premios: un agasallo tecnolóxico e 4 bonos de compra en librarías independentes, un xesto de apoio ao sector cultural
O Carvalho Calero máis dixital olla cara a 2021
"Carvalho explícase a si mesmo a través dos seus textos" sinala a Agal sobre os proxectos que a asociación desenvolve sobre Carvalho Calero en colaboración con Política Lingüística, cuxo desenvolvemento se está a ver condicionado polo coronavirus
Artistas e xestores culturais sinalan eivas no plan de reactivación do sector presentado pola Xunta
A AGPXC critica a "predominancia do Xacobeo 21 como eixo transversal do feito cultural galego" e A Colectiva denuncia que "estas medidas protexen fundamentalmente á industria cultural e á turística deixando de lado a materia prima do ámbito artístico, as e os artistas"
AGAL presenta unha completa web arredor da figura de Carvalho Calero con vídeos, unidades didácticas e un concurso
A páxina é unha “ferramenta atractiva e útil para achegarse a unha figura de tantas faces como é o propio Carvalho”, en palabras do seu coordinador. O espazo irá completándose con novos contidos ao longo dos vindeiro meses
O Concello da Coruña advirte os hostaleiros de incumprimentos na reapertura de terrazas
A administración local alerta da imposibilidade de manter a distancia social ou entre mesas nalgúns locais durante este luns e amosa o seu malestar coa actitude dalgúns establecementos.