Primeiro oso gravado no Macizo Central ourensán máis dun século despois da súa desaparición da zona
Camaras automáticas colocadas polo cineasta Pela del Álamo para o seu próximo filme capturaron “reiteradamente” a presenza do animal no Parque Natural do Invernadeiro
Os sindicatos manteñen as reivindicacións, dende o confinamento, no 1º de maio máis atípico
CC.OO e UGT convocan a unha "manifestación virtual" nas redes sociais de 12.30 a 13. E a CIG chama a pendurar das fiestras bandeiras galegas e vermellas e a cantar 'A Internacional'. O TC avala a prohibición da manifestación de coches convocada pola CUT.
- Mapa Coronavirus
- Acontece
O paseo na nova fase do confinamento: dúas persoas e con horario en concellos que pasen de 5.000 habitantes
Os horarios para os paseos rexen só para os concellos con máis de 5.000 habitantes; o límite do quilómetro non se aplica á práctica deportiva, que terá que ser individual
A Xunta autoriza a actividade dos mercados de proximidade, que abrirán o luns 4 de maio
A Xunta permitirá a súa reapertura despois de mes e medio de peche e das críticas realizadas por entidades como SLG ou Fruga. Os mercados labregos deberán observar unha "estritas medidas de seguridade", comezando pola distancia física entre todos os seus participantes.
A correspondencia con Seoane, Álvarez Blázquez e Paz Andrade amosa o lado máis íntimo de Carvalho Calero
O Consello da Cultura Galega publica 23 cartas do epistolario do homenaxeado no Día das Letras. As misivas abranguen dende os anos 30 ata finais da década dos 70 e nelas revélase a amizade que uniu ao ferrolán cos restantes persoeiros. O CCG xa publicara as 167 cartas cruzadas con Otero Pedrayo.
O Estado prevé ata dous meses de "desescalada" e ábrese a que o territorio de referencia non sexa só a provincia
O proceso farase por provincias pero o Goberno central abre a porta a "propostas alternativas" para "unidades máis desagregadas" por parte das autonomías. A preferencia da Xunta é que se aplique por áreas sanitarias.
As acacias e outras especies invasoras reducen a riqueza dos ecosistemas nos que se estenden
Unha tese de doutoramento da Universidade de Vigo analizou o impacto negativo que a acacia ou a unlla de gato teñen sobre as especies de invertebrados, reducindo a súa abundancia e variedade.
Infancia "modélica" e excepcións de "nais e pais que non cumprían coa distancia" nas primeiras saídas en Galicia
"O cumprimento das normas e do civismo foi xeneralizado", asegura a Delegación do Goberno central en Galicia, que tamén advirte de que "calquera erro suporía un gran custo" na loita contra a pandemia. Algúns dos principais concellos galegos admiten que cumpriron "advertencias" da Policía Local a pais e nais que saíron en parella ou non respectaron a distancia con outras familias, pero sen chegaren a ser precisas as denuncias
Lugo habilitará espazos de xogo nas beirarrúas para os paseos da infancia durante a epidemia de coronavirus
A iniciativa 'Tecendo Brincadeiras', da área de Mobilidade do Concello, componse de 60 puntos que animan a "xogar en movemento", sen deterse durante o paseo. O obxectivo é suplir os espazos lúdicos pechados por mor do coronavirus, coma os parques infantís.
A mineira de Corcoesto perde unha arbitraxe internacional co Estado polo seu proxecto en Galicia
España gañou a Edgewater unha arbitraxe da Comisión das Nacións Unidas para o Dereiro Mercantil Internacional pola súa frustrada iniciativa mineira en Cabana de Bergantiños.
Unha 'Acción global polo clima' para construír outro modelo de produción e consumo e evitar novas pandemias
O Movemento Galego polo Clima lanza unha convocatoria á cidadanía para que na noite deste venres participe nunha acción colectiva que reclama que "a saída da crise xerada pola COVID-19 non pode basearse no nocivo modelo de produción, consumo e destrución da natureza que nos conduciu ata a emerxencia ecolóxica e social actual"
O sector cultural galego denuncia que a Xunta segue sen comprometer medidas de apoio ante a crise do coronavirus
Unha vintena de asociacións profesionais asinan un documento con 15 accións específicas, que xa lle presentaron ao Goberno galego hai cinco semanas, sen obter compromisos concretos do Executivo.