Máis preguntas a elixir na selectividade e decisións colexiadas dos equipos docentes no ensino medio tras o coronavirus
A Xunta ten pendente concretar as súas instrucións que desenvolvan a normativa marco estatal acordada hai dez días e agora feita oficial
O sur da UE pula entre receos por un fondo de 1,5 billóns de euros para paliar as consecuencias económicas da pandemia
Os Estados din estar de acordo en crear un "fondo de recuperación", pero queda por responder con canto estará dotado e as condicións para que os cartos cheguen a cada Goberno. O primeiro ministro dos Países Baixos di non "entender" por que cómpre "máis diñeiro" do xa pactado mentres gobernos como os de España, Portugal e Italia avogan abertamente por 1,5 billóns en transferencias
As universidades galegas rematarán o curso nas datas previstas e apostan por unha avaliación "flexible"
Os Consellos de Goberno da USC e da UDC aprobaron as medidas extraordinarias para a finalización do curso académico. Os exames e probas celebraranse entre xuño e xullo. O ministro Manuel Castells recomendou que os centros aposten pola avaliación continua e exames online, adaptados ás "condicións do alumnado".
Cousas que as crianzas poderán facer ao saír da casa a partir deste domingo
Os nenos e nenas de menos de 14 anos poderán saír á rúa a pasear e xogar, pero deberán cumprir unha serie de condicións. Velaquí algunhas preguntas e respostas para saír de dúbidas.
Educación abrirá a inscrición na oposición adiada tras o estado de alarma e a CIG teme "manobras" coas prazas
O sindicato teme que o anuncio da Xunta tras o adiamento das probas supoña non incrementar en 2021 todas as prazas de reposición e de necesidades estruturais.
O que se sabe (e o que aínda non) sobre as saídas de menores de 14 anos na nova fase do confinamento
A ministra portavoz cita os desprazamentos para comprar ou ir ao banco como supostos para as saídas da infancia, pero remítese á guía de "ordes e instrucións" que editarán Sanidade e Dereitos Sociais ao ser cuestionada por paseos; ante o balbordo xerado, o ministro Illa aclarou nunha rolda de rectificación que si haberá paseos
"Covid que te vin", a mensaxe de ánimo lanzada dende o confinamento por un proxecto educativo imprescindible
'Convivencia de Educación Infantil Cholo e Nela' traballa dende hai 23 anos co alumnado do oriente ourensán a prol da igualdade, a innovación educativa e o fomento de materiais lúdico-educativos en galego. Suspendida a súa multitudinaria festa anual polo coronavirus, lanzan un vídeo musical para bailar na casa.
Semente Compostela segue a medrar e adquire un novo local para agrupar as súas tres escolas
O proxecto educativo adquiriu a denominada Casa das Moas, en Vidán, grazas a un empréstito concedido por Coop57. Nas vindeiras semanas porá en marcha unha iniciativa de crowdfunding para financiar os traballos de reforma do inmoble, que busca dar resposta "a ampla demanda que está a ter"
Traballadores de residencias denuncian “caza de bruxas” e familiares de usuarios reclaman máis investigacións da Fiscalía
Os falecementos de persoas residentes en centros socioasistenciais, 184, xa son o 42,7% do total, e os casos activos o 23,3%
O sector marisqueiro poderá acollerse ás axudas da UE polo coronavirus
O Consello Europeo acepta finalmente incluír na modificación do FEMP as axudas ao marisqueo que quedaran fóra da proposta inicial da Comisión tras a presión de PSOE e BNG. Ciudadanos subliña que tamén contribuíu á mudanza de criterio.
Os Premios da Música Galega anuncian os seus 60 finalistas, que deberán agardar á volta do verán polo galardón
A epidemia obrigou a adiar a gala de entrega -prevista inicialmente para o 6 de maio- e a festa de finalistas, que ía ter lugar este xoves 15 de abril. As socias e socios de Músicas ao Vivo escollerán os gañadores e gañadoras entre as opcións que foron seleccionadas polo xurado profesional.
O fondo que mercou a antiga fábrica de Alcoa vende a súa propiedade menos dun ano despois
Grupo Industrial Riesgo faise co 74% do capital de Alu Ibérica menos dun ano despois de que as plantas fosen mercadas polo fondo de investimento suízo Parter.