A oposición galega pon o foco na importancia dos servizos públicos para afrontar o coronavirus e pide reforzar o Sergas
O PSdeG defende que o estado do benestar é “unha garantía”, o BNG reclama máis materiais de protección para quen está “en primeira liña” e Galicia en Común-Anova Mareas pide “non deixar a ninguén atrás” como aconteceu depois da crise de 2008
Librarías, editoriais, audiovisual e profesionais da cultura reclaman o apoio da Xunta ante o bloqueo total da actividade
Unha vintena de entidades do mundo da cultura elaboran propostas e demandan medidas que axuden o sector a sobrevivir á crise provocada polo coronavirus. O sector da cultura representa o 2% do PIB galego
Os Premios Martín Códax da Música Galega resisten ao coronavirus, con case 600 inscricións
Os galardóns, que se deben entregar o vindeiro 6 de maio en Pontevedra, van "tentar respectar o calendario previsto", pero a festa de finalistas prevista para o vindeiro 15 de abril verá modificada a súa estrutura. As 581 candidaturas presentadas superan en 139 as da pasada edición
Alemaña e Holanda bloquean a axuda da UE contra o coronavirus e indignan a España, Italia e Portugal
Alemaña e Holanda lideran o bloqueo ás propostas máis ambiciosas e limítanse a ofrecer préstamos con condicións de rescate, ao xeito da crise financeira de hai unha década. O portugués António Costa ve "repugnante" a proposta holandesa de investigar a España e Italia por non teren capacidade económica de seu para afrontaren as consecuencias da pandemia
Aumenta a preocupación nas residencias de maiores pola posibilidade de contaxios por coronavirus
Cunha decena de casos confirmados en Galicia nestes espazos, o persoal de residencias de maiores denunciou nos últimos días a carencia de medios de protección. Rexistráronse positivos en Compostela, Vigo ou Celanova. Houbo ademais o primeiro caso nun centro penitenciario e contaxiouse unha limpadora do Hospital de Pontevedra
Feijóo culpa o Goberno central da falta de equipos de protección
O presidente da Xunta denuncia o "atasco" que se está a producir e sinala que o Sergas leva "nove días" sen recibir este tipo de subministros. A pesar das críticas, dixo estar "ás ordes" do Goberno do Estado, o que non significa -afirmou- que non poida expresar a súa "preoucupación"
Aumentan os controis para evitar as saídas de fin de semana, prohibidas durante o confinamento
O delegado do Goberno central en Galicia, Javier Losada, informou de que están previstos operativos específicos de patrullaxe, sobre todo naquelas localidades de especial atracción turística e nas que aglutinan un número relevante de segundas residencias
- Vídeo Coronavirus
- Cultura
A #CorentenaLiteraria e os bicos polo aire fronte ao coronavirus
O escritor Diego Giráldez convidou outros autores e autoras a leren fragmentos das súas obras e compartilos nas redes sociais como "bálsamo" para os días de confinamento e moitos responderon xa. "Dá igual se é unha crise económica ou sanitaria, non volveremos a ser os mesmos, xa estamos en transición. Se a literatura galega serve para acompañarnos nesta nova viaxe, perfecto", di
- Vídeo Coronavirus
- Política
O son das potas retruca o discurso do rei dende fiestras e balcóns
O discurso do monarca sobre o coronavirus chegou tras o inédito comunicado sobre a herdanza do seu pai e os fondos de Arabia Saudita
- Documento
- Política
O rei renuncia á herdanza e retira os fondos públicos ao seu pai polo caso dos cartos de Arabia Saudita
No comunicado, o actual Xefe do Estado anuncia tamén a "renuncia" a "calquera activo, investimento ou estrutura financeira cuxa orixe (...) poidan non estar en consonancia coa legalidade"
O BNG propón un novo modelo de financiamento municipal para corrixir "o déficit" dos concellos
Pontón defende a experiencia e o "bo goberno" do Bloque nos concellos como "aval" para aspirar á Presidencia da Xunta
As cámaras municipais portuguesas pechan polo virus múltiples servizos que tamén usa veciñanza galega
As feiras semanais están suspendidas en Valença e Cerveira e a atención presencial substituíuse pola telefónica ou electrónica