Os María Casares homenaxean Flor Maceiras e o teatro amador galego
A actriz, directora e docente teatral recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, que entrega a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Despois de traballar en compañías como Elsinor Teatro, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Teatro Proscrito, Teatro Maltés ou o Centro Dramático, na actualidade é directora da Escola de Teatro de Narón
O BNG propón recuperar os terreos do porto interior da Coruña para a cidade e unila con Ferrol cun tren de proximidade
A formación nacionalista aposta por un plan de reindustrialización e outro para o comercio local e lembra que no acordo de investidura se comprometeron 25 millóns para a ría do Burgo
Caballero presenta as candidaturas nas provincias interiores prometendo axilizar valoracións e axudas da dependencia
Elixiu a provincia de Ourense para resaltar o seu "compromiso claro coas políticas sociais" pola loita contra o peche do paridoiro de Verín
A campaña do 5A céntrase no 8M
O 8M fixo que a gran maioría das mensaxes políticas lanzadas polas distintas candidaturas ás eleccións do 5 de abril xirasen este domingo arredor da igualdade e o feminismo
O feminismo bótase á rúa outro 8M, desta volta para facer visibles os coidados
A chuvia e as precaucións polo coronavirus non impediron unha masiva participación en manifestacións e concentracións por todo o país
Mareas locais reivindican para Galicia a política “horizontal e participativa” do municipalismo
"O fenómeno do municipalismo no 2015 mudou para sempre o xeito de facer política no país”, di Xulio Ferreiro, que aposta por que esa voz “estea no Parlamento de Galicia”
‘O que arde’ vence nos Mestre Mateo con seis premios, entres eles Mellor Longametraxe e Mellor Dirección
Hierro, a serie de Jorge Coira, leva catro premios e Quen a ferro mata, de Paco Plaza, tres
Pontón promete “unha primavera cultural” tras o 5A e “redefinir” o Xacobeo
O BNG celebra en Santiago un acto sectorial e unha convención nacional cun milleiro de asistentes
Caballero anuncia gratuidade total das escolas infantís e volta ao préstamo de libros de texto anulado por Feijóo
O candidato socialista presentou nas cidades de Vigo, Pontevedra, Ferrol e A Coruña as listas do PSdeG por esas dúas provincias
Institucións, partidos e sindicatos adiantan o Día da Muller, no que a rúa será a protagonista este domingo
Homenaxes a mulleres significativas en diversos eidos e despregamento de pancartas en edificios oficiais prepararon as mobilizacións centrais do 8M
A Xunta volve ser condenada por dificultar a conciliación dunha traballadora
CCOO critica a reiteración do Goberno galego, que agora deberá indemnizar á afectada con 2.500 euros
A publicidade do Goberno galego volve bater coa Xunta Electoral
A Xunta recibiu a orde de retirar a campaña "O rural é moito" pola similitude co lema electoral do PPdeG, aínda que a acción publicitaria xa finalizara. O BNG denunciou tamén o vídeo presentado esta semana polos populares, no que abondan bandeiras co logotipo da Xunta