Nova folga e protesta nas Pontes por unha "transición xusta" ante o peche da térmica
Persoal da central e das auxiliares secunda "masivamente" o paro de 24 horas e a veciñanza apoia na rúa as súas reivindicacións. O BNG reclama que ao Goberno central que neste primeiro semestre se asine un convenio para esa transición xusta.
Dimite o alcalde socialista de Cerceda tras ratificar o Tribunal Superior a condena por iniciar unha obra antes de adxudicala
José García Liñares, que foi presidente da Federación Galega de Fútbol, obtivo maioría absoluta o pasado ano tras anularse unha primeira condena e repetirse o xuízo con similar resultado, agora ratificado
A Xunta premia os concellos da Veiga, Parada de Sil e Cervo cos primeiros Premios á Dinamización Demográfica
Os concellos, gobernados dous deles polo PP e outro polo PSdeG, repártense 77.500 euros polas súas iniciativas para manter poboación e reactivar economicamente as zonas rurais
Sánchez presenta un Goberno de coalición que "falará con varias voces pero sempre cunha mesma palabra"
O presidente socialista destaca a "actitude dialogante" do Executivo e asegura que actuará cun "método activo, resolto e executivo". Ten 22 carteiras que "reflicten a vontade de construír un Goberno con competencias moi precisas, moi taxadas".
Lastra chama ao "cambio" na Xunta: "O Goberno central necesita un novo interlocutor en Galicia"
A vicesecretaria xeral do PSOE cre que Feijóo "ten un déficit de xestión evidente" e advirte que "a axenda galega está no centro do Consello de Ministros" durante un acto no que apoiou a Gonzalo Caballero.
O BNG proclama candidata á Xunta a Pontón, que aspira a liderar o cambio desde a presidencia da Xunta
A portavoz nacional do Bloque, elixida case por unanimidade aspirante a presidir o Goberno galego, reivindica o acordo de investidura co PSOE por "transmitir que o cambio de ciclo político xa está en marcha" e "deixar espido a Feijóo".
A Audiencia Nacional acusa o Estado de abandonar a familia de José Couso fronte aos EUA
O tribunal establece unha indemnización de 182.000 euros para a viúva e os dous fillos do cámara galego, asasinado polo Exército estadounidense en Iraq en 2003. "O Estado limitouse a aceptar as explicacións dos EUA de que o ataque estaba xustificado e de que o falecemento foi un accidente", di.
O Supremo mantén preso a Junqueras e impídelle tomar posesión como eurodeputado malia a sentenza da UE
O tribunal do procés entende que a existencia dunha sentenza firme implica a exclusión da condición de eurodeputado do líder de ERC.
Unha investigadora da USC mellora o uso das algas para loitar contra a contaminación do mar
Na súa tese de doutoramento, a bióloga Rita García Seoane estuda a potencialidade das macroalgas para o seguimento e control da contaminación mariña, achegando protocolos que permiten mellorar a efectividade destas técnicas.
- Directo Xerais 10N
- Política
A investidura máis axustada en catro décadas dará paso ao primeiro goberno de coalición, fórmula habitual en toda Europa
Sánchez xurará o cargo o mércores, o xoves farano os ministros e o venres prevese o primeiro Consello
Denuncian "verteduras sistemáticas" de augas industriais en Ribeira polo mal funcionamento da estación depuradora
Verdegaia e o colectivo de persoas afectadas pola EDAR difundiron os resultados da auditoría encargado por Augas de Galicia en relación ao funcionamento desa instalación, que presenta "numerosas eivas".
En tren, tractor ou carroza: os Reis Magos percorreron Galicia de norte a sur
Milleiros de persoas reuníronse nas rúas para ver as cabalgatas organizadas en vilas e cidades. En Compostela chegaron en tren e en Mazaricos fixérono en tractor para reivindicar o rural, levando leite en lugar de ouro, incenso e mirra.