A Avogacía do Estado pide ao Supremo que Junqueras exerza como eurodeputado mentres non lle suspendan a inmunidade
O informe pide que se asegure que o líder de ERC poida tomar posesión e exercer como europarlamentario pero sen deixar de cumprir condena e sen fugarse. Reclama tamén que se pide a suspensión da súa inmunidade.
Renfe suprime a venda presencial de billetes en 8 estacións e a Xunta rexéitao tras xustificar en 2013 o peche de 22
Co PP no Goberno central a Consellería de Infraestruturas presentaba a desaparición do 20% das estacións e o 10% dos trens de Galicia como un “axuste” por “eficiencia”, pero agora critica a medida como unha perda de servizos no rural
A crise do hospital de Verín aumenta coa saída do seu xerente
A Xunta convoca o posto de dirección do Distrito Sanitario de Verín tras a marcha do último responsable do centro sanitario, ao que o persoal criticaba a súa ausencia en plena polémica polo peche do paridoiro
O Auditorio de Galicia acolle unha nova festa do Apego para compartir a crianza en galego
O evento celebra a súa terceira edición con máis dunha vintena de actividades dirixidas á rapazada de entre 0 e 6 anos
'Sentidiño' imponse a 'feminicidio' e 'narcosubmarino' como a palabra galega do ano
Obtivo o 51% dos votos na elección organizada polo Portal das Palabras da RAG e a Fundación Barrié. Sucede a deseucaliptización, que foi a palabra escollida o pasado ano 2018, e a afouteza, a máis votada en 2017.
- Vídeos
- Cultura
En Zas, as regueifas non teñen idade
O proxecto “As regueifas dos Pazos” busca valorizar a arquitectura civil existente neste concello coruñés. Alumnado de Primaria e Secundaria dos centros de ensino da localidade conversou con persoas maiores para saber máis sobre os pazos e casas grandes e compoñer así as regueifas.
Non só Verín: familias da contorna de Ferrol reiteran "queremos pediatra" dende hai un ano
A pediatra que cubría concellos como Moeche, San Sadurniño, Cerdido e As Somozas aprobou as oposicións e deixou de exercer alí a comezos de 2019; dende aquela, persiste a mobilización nestes municipios de Ferrolterra para reivindicar a atención pediátrica para a súa rapazada, que agora plasman nun vídeo reivindicativo
Nove cousas que podes cambiar este Nadal para non agredir o medio ambiente
ADEGA ofrece consellos para ter unhas festas máis sustentable social e medioambientalmente e limitar os excesos destes días, tanto na alimentación, no consumo, na xeración de residuos ou nos desprazamentos en coche
O país dos dous millóns de nomes
A plataforma Galicia Nomeada recolle xa máis de 478.000 microtopónimos, coas denominacións tradicionais de camiños, fontes, coídos, leiras ou penedos e calcula que a cifra total pode multiplicarse por catro. O proxecto impulsado por RAG e Xunta convida á construción colaborativa e xa inclúe 6.661 enviados por internautas.
- Datos
- Economía
O gasto en sanidade das familias galegas medrou un 39% nesta década
Entre o 2010 e 2017, último ano con información, o gasto total dos galegos e galegas en Saúde pasou de 1.417 millóns a case 2.000 millóns de euros. O Ensino foi a segunda partida de gasto que máis se incrementou, nun 21%. O aumento foi especialmente importante dende o 2014.
A protesta polo peche do paridoiro de Verín persegue a Feijóo, que xa evita ligalo á baixa natalidade
"O problema non é só parir; se o meu fillo se pon malo ás tres da mañá, a quen lle pido contas?", advirten veciñas de Verín ás portas do acto de inauguración da nova biblioteca de Ourense, ao que acudiu o presidente da Xunta
V Televisión renuncia á súa licenza, que a Xunta evitou rescatar prorrogándoa dúas veces
O Consello da Xunta aceptou sen anuncialo a renuncia da licenza de V Televisión, que este 23 de decembro publica o DOG. As dúas televisións privadas autorizadas polo Goberno de Fraga en funcións pecharon sen chegar a cumprir as condicións da concesión, que o gabinete de Feijóo evitou rescatar concedendo senllas prórrogas en 2014 e 2016