As claves da ampliación dos ERTE por forza maior ata o 30 de xuño
Pedro Sánchez e os axentes sociais asinan o acordo para a prolongación dos expedientes, un pacto que trae consigo moitas máis medidas. Velaquí os detalles.
Feijóo reclama ao Goberno central a apertura dos comercios de maior tamaño e permisos para a caza e a pesca fluvial
O presidente da Xunta participou este domingo nunha videoconferencia con Pedro Sánchez e os restantes líderes autonómicos. Na xuntanza esixiu tamén coñecer os criterios nos que se baseará a decisión sobre que teritorios pasan á Fase 2, para a que considera que Galicia está preparada.
- Video Coronavirus
- Cultura
Máis de 200 persoas bailan dende o confinamento o 'Valxe' de Os d'Abaixo
Hai un mes a banda publicou este tema, adianto do seu novo disco, animando á xente a bailar a peza nas súas casas e a gravalo en vídeo. A formación recibiu máis de 100 gravacións, coas que vén de elaborar un novo videoclip para a canción.
A Gala do Libro Galego anuncia os seus premios, que se entregarán no outono
Entre os premiados e premiadas aparecen Suso de Toro, Juan Casto Rivadulla, Susana Sanches Arins, Paula Carballeira, Emma Carballeira ou María Yáñez. O evento, organizado polas asociacións de editoras, librarías e de escritores e escritoras galegas, tiña prevista a súa celebración este sábado, pero hai varias semanas decidiuse o seu aprazamento
Ministerio de Traballo, sindicatos e patronal acordan ampliar os ERTE ata o 30 de xuño
O pacto mantén a prohibición de despedimentos obxectivos por mor do coronavirus tamén ata finais dese mes e aclara que as empresas con sede en paraísos fiscais non poderán prorrogar os expedientes.
As igrexas galegas prepáranse para o posible regreso das misas con estritas medidas de seguridade
Os templos non deben superar un terzo da súa capacidade e deben contar con servizos de orde para evitar aglomeracións. As dióceses galegas publican as normas que se deben seguir, facendo énfase na hixiene e na distancia social, mesmo nos confesionarios.
O Goberno central logra prorrogar o estado de alarma e Sánchez afirma que dará máis marxe á xestión autonómica
O Executivo do PSOE e UP amarrou os votos para sacar adiante a prórroga tras unha negociación 'in extremis' que deu lugar a un xogo de maiorías inédito, co apoio simultáneo do PNV e Ciudadanos ás medidas do Executivo para conter o coronavirus. "Levantar o estado de alarma de maneira tan precipitada sería un erro absoluto total, é o escudo fronte á propagación da epidemia", defendeu Pedro Sánchez
Os Premios Martín Códax homenaxean a María Manuela, que "fixo da música e da nosa lingua ferramentas para un mundo mellor”
A artista ferrolá recibirá o Premio Honorífico de Músicas ao Vivo. A gala de entrega dos galardóns celebrarase en Pontevedra á volta do verán, se a situación sanitaria o permite.
Ecoloxistas denuncian que o confinamento impide controlar os mil proxectos industriais que vén de reactivar a Xunta
O Goberno galego aprobou dar continuidade á tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Estado de alarma. Unha trintena de colectivos sociais galegos alertan da situación de "indefensión" na que queda a veciñanza, que neste momento non pode estudar e fiscalizar estas iniciativas con normalidade.
Semente acompáñase de linguas minorizadas do mundo na procura de apoios para a súa grande escola en Compostela
O proxecto educativo necesita recadar algo máis de 100 mil euros para levar a cabo a reforma do inmoble que adquiriu en Vidán, unha campaña de micromecenado na que colaboran activistas e profesorado dende diversos países e comunidades lingüísticas
Día da Liberdade de Prensa na pandemia: "Nunca houbo tanta demanda de información que cambia a túa vida"
O manifesto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, asinado por María Piñeiro, constata que, xunto a un histórico incremento da demanda de información, a crise do coronavirus trae consigo a enésima vaga de precariedade laboral e restricións informativas
Sindicatos e partidos celebran o Primeiro de Maio facendo fincapé nos colectivos máis golpeados pola crise
O deste venres foi o Día dos Traballadores e Traballadoras máis atípico das últimas décadas. Non houbo manifestacións nas rúas e a escasa actividade foi virtual. Con todo, sindicatos e partidos galegos da oposición elevaron as súas demandas e propostas a través das redes