De Elisa e Marcela e Blanco Amor ata o presente: unha 'memoria diversa' para falar dos 'sexilios' sufridos na historia
O espazo NORMAL da Universidade da Coruña acolle este venres e sábado a terceira edición do congreso A Memoria Diversa, organizado desde Igualdade de Xénero da Deputación. Ailén Kendelman, Gena Baamonde, Antón Lopo, Éric Dopazo, Eva Mejuto, Ignacio Elpidio Domínguez Ruiz, Daniela Ferrández, Roman Efrenov, Fefa Vila, Bob Pop, Ares Piñeiro ou Nee Barros afondarán nos exilios "no tempo e no espazo" motivados pola discriminación das persoas homosexuais, bisexuais ou transexuais.
Investigadores da USC descobren intentos de tratar o cancro nun cranio exipcio de hai 4.000 anos
Un equipo de investigación liderado polo paleontólogo Edgard Camarós achou marcas de corte arredor de crecementos canceríxenos en dous cranios, "demostrando que a medicina exipcia antiga tamén estaba a realizar tratamentos experimentais ou exploracións médicas en relación co cancro", din os autores, que destacan que o achado achega "unha nova perspectiva na nosa comprensión da historia da medicina"
Os nosos para o Galicia-Panamá: estes son os convocados para o partido da Irmandiña
Diego Martínez deu a coñecer este martes o nome dos 23 futbolistas escollidos para o encontro que a Selección Galega masculina xogará este venres en Balaídos. O Celta é o equipo que achega máis xogadores á convocatoria (6), seguido do Rácing de Ferrol (4) e do Deportivo (2)
- 📺
- Mundo
Sánchez anuncia o recoñecemento de Palestina como Estado independente coas fronteiras de 1967 admitidas pola ONU
O presidente salienta que a decisión quere "contribuír a que israelíes e palestinos acaden a paz" e reitera o seu "rexeitamento frontal, rotundo, a Hamas, que está en contra da solución dos dous estados
150 reclamacións nunha mañá por falta de médico no Courel
"Non houbo médico a mañá do luns e tampouco os vai haber o mércores e o venres", detalla a veciñanza que participou no 'colapso' simbólico dos centros de saúde de Folgoso e Seoane do Courel para denunciaren as carencias de atención sanitaria neste Concello da montaña lucense. Mentres, a Xunta asume que este verán volverá faltar persoal médico nos centros de saúde, pero culpa o Estado
Das celebridades da "outra Irmandiña" ao himno das Tanxugueiras: o programa da festa da selección
A Xunta vincúlase ao regreso da selección a través do secretario da Lingua, Valentín García, que pon o foco no "orgullo de que as Tanxugueiras sexan as encargadas de interpretar o himno galego nun día tan especial para todos". Vía Galega e Bancadas pola Oficialidade chaman a manifestarse ás 18h30 dende a Praza de América polo dereito a competir internacionalmente das seleccións galegas
Bota a andar o primeiro Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego
A iniciativa parte da Asociación Cultural Autobán, co apoio do Concello da Coruña. O premio ten unha dotación económica de 1.250 euros e un trofeo personalizado pola artista Aisha Rey. Poden participar todas as autoras, autores e colectivos que autoeditaron un cómic ou fanzine gráfico en galego ou desde Galicia no último ano e medio
Un estudo en Mazaricos, Outes e Santiago sitúa a soidade como o factor que máis afecta á autoestima das persoas maiores
Un estudo dos investigadores da USC Sara Rey Beiro e Fidel Martínez-Roget conclúe que a soidade é o factor que máis inflúe na satisfacción das persoas maiores coas súas vidas. O traballo buscaba determinar a distinta maneira en que a soidade nas persoas de maior idade inflúe en contornas rurais e urbanas.
A Ulloa berrou "Altri non" nunha manifestación histórica contra as celulosas e a prol dun rural vivo
Milleiros de persoas chegadas dende todo o país ateigaron Palas de Rei na manifestación contra o proxecto de celulosa. "Ríos para a vida e non para o negocio" foi unha das mensaxes máis repetidas nunha marcha que contou coa participación de entidades veciñais, sociais e ecoloxistas de todo o país.
'O frío', de Pablo Dopazo, gañador dun Festival de Cans que se pechou con música e a homenaxe a David Trueba
A curtametraxe obtivo os premios á Mellor Ficción, Mellor Director e Mellor Actor. Alguén me chamou Serpe Negra, Aquarium, Taquión ou Viaxar aos teus recordos e buscar pelexa obtiveron outros dos galardóns principais. A derradeira xornada do certame finalizou cos concertos de Grande Amore e de The Rapants.
ADEGA alerta de que a factoría de Altri en Palas contaminaría máis que a de ENCE en Pontevedra
Un informe elaborado pola organización ecoloxista en colaboracion co experto en contaminación Ramón Varela Díaz tras analizar as emisións á atmosfera declaradas no Estudo de Impacto Ambiental de Greenfiber sinala que a planta proxectada emitiría máis partículas, óxidos de nitróxeno e óxidos de xofre que a existente en Pontevedra.
O Goberno de España responde a Rueda que vai "cumprir" co AVE a Porto e o Eixo Atlántico ve "electoralista" a súa viaxe a Lisboa