Inés Rey presenta o goberno local da Coruña, dividido en tres áreas: economía, benestar social e promoción da cidade
A alcaldesa Inés Rey presenta un novo executivo municipal co que di querer afrontar "a segunda gran modernización" da urbe.
Galicia gaña a Copa das Rexións da UEFA
A selección galega faise co trofeo que recoñece o fútbol non profesional tras impoñerse a Belgrado 3-1 na final disputada en Vilagarcía
Pedro Feijóo, María Reimóndez e Leticia Barbadillo gañan os Premios Xerais 2023
Unha historia de corrupción, o periplo vital dunha adolescente que atopa o seu camiño a través do boxeo e a imaxinación desbordante dun neno que crea relatos protagonizados por lentellas protagonizan as obras gañadoras dos premios Xerais de Novela, Jules Verne e Merlín
Rey Varela volve á alcaldía de Ferrol oito anos despois
O popular asegura que o seu principal obxectivo para este mandato é "garantir un goberno estable" na sétima cidade de Galicia, o concello máis poboado que goberna o PP
Inés Rey mantense na alcaldía da Coruña cun novo goberno en solitario
"A Coruña decidiu que o goberno da primeira muller que acadou a alcaldía en democracia non fose fugaz", di a rexedora tras a toma de posesión
Caballero non se fixa límites no mandato que o levará aos 20 anos como alcalde de Vigo
"O meu partido chámase Vigo", reitera o rexedor tras a súa nova toma de posesión, que conclúe co seu xa habitual "viva Vigo"
Jácome e o PP volven repartirse o Concello e a Deputación de Ourense
Tras negociar tanto con populares como con socialistas, o líder de Democracia Ourensana facilitará aos primeiros a presidencia provincial, xa sen Baltar, e continuará na alcaldía da cidade
O 'Ximnasio Léxico', unha aplicación para xogar coa lingua e mellorar o noso vocabulario
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentaron a aplicación, que inclúe seis xogos ao redor das palabras e que se pode descargar de balde para o seu uso en dispositivos móbiles de Android e iOS.
O Tribunal Superior paraliza a explotación dunha mina de feldespato en Muras autorizada pola Xunta
O alto tribunal suspende "de forma inmediata e incondicionada" a execución da resolución da Xunta na que aprobou o proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión de explotación de recursos da mina de San Acisclo, "moi próxima ao espazo protexido Serra do Xistral"
🔊 Fálase | Alfonso de Suíza, alcalde galego
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Alfonso Gómez, novo alcalde da cidade suíza de Xenebra, nacido en Corme. O rexedor, neto de represaliado no franquismo, segue moi ligado ao noso país e cre que a súa chegada ao cargo ten un punto de dobre reivindicación: das súas raíces galegas e da importancia da integración da inmigración nos países de destino
Aumentan as denuncias por violencia machista e as peticións de protección das vítimas no comezo de 2023
A tendencia á alza das denuncias por violencia machista continúa no primeiro trimestre de 2023 con 1.747 denuncias presentadas, un 3% máis que no mesmo período do ano anterior. Tamén medran un 7,2% o número de mulleres que figuran como vítimas e un 9,5% as solicitudes de ordes e medidas de protección das vítimas
O Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario en 2024 cun grande espectáculo con 20 actores e actrices
Tamara Canosa será a directora desta montaxe que xogará coas premisas que rexen os chamados talent shows. Ademais, o CDG recuperará en xaneiro Terceiro acto, obra dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez e estreada coas limitacións propias da pandemia en abril de 2021.