Agudízase a feminización da pobreza en Galicia: máis da metade das persoas en risco de exclusión son mulleres
Das preto de 690.000 persoas que en 2023 estaban en risco de pobreza e exclusión social en Galicia, algo máis de 384.000 son mulleres
O Tribunal de Dereitos Humanos avala o veto á protesta da CUT no Primeiro de Maio do 2020 polo coronavirus
O tribunal con sede en Estrasburgo considera que a prohibición, avalada polo Tribunal Superior galego, estivo "xustificada" nun contexto no que cumpría "protexer a saúde pública" ante a "grave presión no sistema sanitario" e mentres as autoridades aínda non tiñan "total coñecemento da orixe e incidencia" da COVID
Tres bandas, un premio e un serán de música para manter acesa a memoria de Narf
Carabela, Gloria Pavía e Rafa Morales e mais CintAdhesiva participan este sábado en Santiago na final do Premio Narf da Deputación da Coruña cos De Ninghures como convidados
O PP pide a Sánchez declarar as rías "zona catastrófica" e o Parlamento salienta que o marisqueo é "competencia exclusiva da Xunta"
Os populares replican ás críticas de inacción por parte de BNG e PSdeG ante a caída do marisqueo reclamando que o Goberno de España deixe de cobrar a seguridade social ás mariscadoras
Fillas de Breogán compite no Torneo Paneuropeo de fútbol gaélico na procura do segundo trofeo
Esta será a sexta participación nun Paneuropeo das Fillas de Breogán, que ganaron o torneo de 2019 en Viena
BNG e PSdeG suman á investigación dos contratos da Xunta os da "empresa vinculada á número dous de Rueda"
elDiario.es revela que 272 adxudicacións directas á empresa do irmán da secretaria xeral da Presidencia para rexistrar marcas da Xunta suman máis de 782.000 euros dende 2018. Pontón coida que este é "un novo caso de chanchullos do PP" e insta a Rueda a comparecer na investigación, xa que "o salpica directamente". Besteiro advirte de que Beatriz Cuíña "non é un cargo calquera" e pedirá a súa comparecencia na comisión
Rosalía fai 70 anos na Praça da Galiza do Porto
A Câmara Municipal do Porto acolle un novo acto de irmandamento galego-portugués a través da figura de Rosalía de Castro. Unha filla da Figueira de Rosalía queda platada nos xardíns do Palácio de Cristal nun evento ao que asistiron os presidentes da Xunta, do Parlamento e da Fundación Rosalía xunto ao alcalde do Porto
'Que non te líen, ti elixes': charlas nun cento de institutos para que as rapazas escollan futuro sen estereotipo de xénero
O programa da Xunta busca "seguir avanzando na presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados como o forestal, a construción, o marítimo-pesqueiro, o do metal ou as TIC, contribuíndo a unha sociedade máis xusta e equitativa"
Todos os móbiles da Coruña e Arteixo soarán á vez nun simulacro de emerxencia
O martes 15 de outubro ás 10 horas todos os aparellos que nese momento se atopen nos termos municipais recibirán unha mensaxe acompañada dun son agudo e intenso e dunha vibración, mesmo se están en silencio. É unha proba do sistema ES-Alert, que serve para que os servizos de emerxencia envíen un aviso a través de ondas de radio, e que se ensaia en Galicia por segunda vez
Día da saúde mental: "Ser testemuña dun xenocidio non é unha experiencia que ocorra sen transformarnos"
"As infames accións sobre a poboación gazatí (e hoxe xa tamén a libanesa e a cisxordana) que día a día, informativo a informativo, coñecemos, causan tamén efectos perigosos sobre quen os estamos a observar", asegura o Movemento Galego da Saúde Mental nun comunicado
A folga na CRTVG volve interromper a emisión ao vivo e o comité acusa a dirección de tentar "rebentala"
A Televisión de Galicia ofreceu unha reposición do programa emitido no serán do día previo en horario do programa en directo 'O Termómetro', no albo das críticas do comité de folga como mostra da "entrega da produción a mans privadas", acusan. "Puxeron toda a carne no asador para tentar manter a emisión do programa como for", afirma o persoal mobilizado, que acusa a corporación pública de "colocar en postos chave a persoas afíns que permitan sacar o produto ao aire"
Kirk atravesa Galicia deixando cortes de luz, árbores caídas e problemas de tráfico
Entre as incidencias máis destacadas estiveron os cortes ferroviarios entre A Escravitude e Padrón, no Porriño e entre Redondela e Arcade, provocados pola caída de árbores ás vías. Ademais, en Porto do Son caeu unha das paredes do pavillón polideportivo do instituto da vila e en Outes, O Grove e Pontecesures suspendéronse as clases polos desperfectos provocados pola borrasca. Tamén foron frecuentes os atascos nos accesos ás grandes cidades.