A Nova Fronte Popular gaña as eleccións lexislativas en Francia e frea a extrema dereita
A unión das esquerdas, a alta participación e o voto estratéxico deixaron o Reagrupamento Nacional de Marine Le Pen en terceira posición, evitando un triunfo dos ultras. A NFP e a coalición Ensemble nucleada ao redor de Macron deberán chegar a un acordo para a formación dun goberno nunha asemblea sen maiorías claras.
Baixas e vacacións sen cubrir elevan o número de concellos sen pediatra por riba dos 200
Este sábado a deputada ourensá do PSdeG Carmen Rodríguez Dacosta achegouse a un deses centros de saúde nos que non se están a cubrir as vacantes ou directamente non contan con pediatra, o do Pereiro de Aguiar, unha localidade en crecemento preto de Ourense na que 800 nenos e nenas teñen que desprazarse fóra para seren atendidos malia as promesas da Xunta.
O Grove únese ao debate sobre a aplicación dunha taxa turística, que reclama para soster a prestación de servizos públicos
O alcalde, o socialista José Cacabelos, lembra que leva "anos" solicitando a implantación dunha taxa para "crear novos ingresos que axuden ao financiamento dos concellos para recibir da mellor maneira ao turista”. “Necesitamos falar da taxa turística, precisamos que se abra unha mesa onde esteamos os concellos cunha certa relevancia turística e comezar a falar seriamente desta cuestión”, afirmou
O buque máis moderno de Salvamento Marítimo honra as catro 'Heroínas de Sálvora' que rescataron 56 persoas nas súas dornas
En 1921 catro mozas ribeirenses salvaron de morrer afogados a 56 dos pasaxeiros do vapor Santa Isabel que chocara contra unhas rochas na illa de Sálvora. Este venres presentouse nas Palmas o novo buque do Salvamento Marítimo, bautizado como Heroínas de Sálvora, en homenaxe ás catro mozas coa presenza do ministro de Transportes, Óscar Puente, e do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral
- Datos
- Acontece
Galicia 2039: o mesmo número de habitantes, pero máis vellos e con orixes máis diversas
O INE prevé que Galicia manteña dentro de 15 anos o mesmo número de habitantes que na actualidade, despois dun ascenso sostido ata o 2030, no que comezaría un novo descenso. Segundo a proxección, en 2039, o 19% da poboación galega terá orixe no estranxeiro, haberá máis nacementos que na actualidade, pero menos inmigración.
A poesía popular oral e as cantareiras que "arrequentaron e transmitiron” a tradición ás novas xeracións, protagonistas das Letras 2025
Serán unhas Letras Galegas centradas sobre todo nas mulleres, principais creadoras e gardiás da tradición e da lingua. Tamén na música, unida de forma inseparable á literatura. E, ademais, "dialogarán coa modernidade de artistas que hoxe exploran novos vieiros para a literatura de base popular partindo da tradición recibida". A RAG personifica a homenaxe en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar, tres das cinco Pandeireteiras de Mens, de Malpica.
A Comisión Europea non recibiu aínda ningunha solicitude de fondos para Altri
A institución confirma a Ana Miranda a través dunha pregunta parlamentaria que o Estado español non realizou ningunha proposta de petición de fondos europeos “que requira a avaliación" da fábrica de celulosa e fibras téxtiles situada en Palas de Rei "no marco dun PERTE"
Descobren en Valdeorras unha posible fragua tardorromana que estaría entre as máis grandes do noroeste peninsular
Dende o ano 2019 a Asociación Científica Sputnik Labrego ven realizando escavacións no xacemento arqueolóxico tardorromano de Valencia do Sil. En xuño retomáronse os traballos no xacemento, que foron quen de atopar os restos dun sistema complexo de canalización de augas ligada a esa fragua de grandes dimensións
'Maridos e sodomitas' afonda nos casamentos entre homes na Galicia medieval
O documental, con guion de Carlos Callón, estréase este xoves en Nós TV e na canle de Youtube da Deputación da Coruña, que impulsa o proxecto a través da súa área de Igualdade.
Troula irmandiña para asaltar o castelo de Vimianzo
A recreación histórica da revolta irmandiña vai estes días 5 e 6 de xullo da man da música nunha festa que este ano cumpre unha das súas ilusións co concerto de Manu Chao, cabeza dun cartel no que tamén figuran artistas e bandas como Mondra, Boikot ou os Festicultores
O lixo acumúlase na Coruña nun novo conflito do sindicato STL, investigado por crear unha "rede criminal"
Dende o día de San Xoán os residuos non recollidos aumentan nas rúas da Coruña como consecuencia das medidas de presión postas en marcha polo Sindicato de Trabajadores de la Limpieza (STL), unha organización cuxos dirixentes están a ser investigados por unha presunta trama de corrupción.
- Obituario
- Cultura
Morre Justo Beramendi, o historiador do galeguismo que 'escolleu' ser galego
Especializado no estudo do nacionalismo galego, finou aos 82 anos en Compostela de forma repentina. Mantivo unha intensa actividade en distintas institucións e entidades culturais, especialmente no Museo do Pobo Galego, do que foi fundador e presidente do seu Padroado.