Manuel Rivas gaña o Premio Nacional das Letras, que destaca o seu "compromiso coa lingua" e "recoñecemento mundial"
É a primeira vez nos 40 anos de historia do premio que un autor galego obtén o galardón, un recoñecemento do conxunto da obra literaria dun escritor. A súa obra "acompaña o seu activismo, cunha pluma que, sen adoutrinamento, axita conciencias, induce á reflexión e estimula o pensamento cara á defensa da pluralidade lingüística e cultural e cara á igualdade de xénero", destaca o xurado
O Museo do Videoxogo de Cangas incorpórase á rede museística da Xunta, que recoñece o seu valor cultural
O centro iniciou a súa andaina no ano 2019 e no 2022 ampliou as súas instalacións e actividades, xestionado pola Fundación Museo do Videoxogo de Galicia. A Consellaría de Cultura destaca o feito de "ser o primeiro relacionado co mundo do videoxogo de Galicia e dos poucos existentes en España" e o seu valor como "expresión artística e cultural"
CCOO e UGT ven un "éxito" a folga de buses, que se repetirá o luns 11 se non hai acordo
Os sindicatos convocantes critican "os elevados servizos mínimos", que non impediron problemas puntuais tamén no transporte escolar
- EPA
- Economía
O número de traballadores estranxeiros en Galicia duplicouse dende o 2016
Nos últimos dous anos medrou notablemente a poboación activa en Galicia (e tamén a ocupada), tanto pola incorporación de poboación nova que antes non buscaba traballo como polo aumento das persoas con nacionalidade estranxeira. No ano 2016 había uns 36 mil traballadores estranxeiros en Galicia e na actualidade son case 76 mil.
Os orzamentos da Xunta volven conxelar o número de docentes, por debaixo das cifras de 2009
CIG-Ensino denuncia que a Xunta mantén en 30.424 a cifra de persoal docente nos orzamentos para 2025, a mesma cantidade xa existente dende o 2022. O sindicato alerta de que o orzamento en Educación é un 7% inferior ao de 2009 en termos reais. Este sábado a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca en Santiago unha manifestación "contra os recortes e pola dotación do persoal necesario que demandan os centros educativos"
Servizos mínimos de entre o 32% e o 55% nos buses interurbanos para a folga do luns
A Xunta prioriza o transporte escolar de máis de 4 quilómetros e o laboral nas horas puntas
O xogo dos birlos ou bolos celtas, en camiño de ser declarado Ben de Interese Cultural
O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves o inicio dos trámites para declarar o Xogo dos Birlos de Galicia como Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio inmaterial. Destácase que a súa práctica "ten unha clara compoñente identitaria" e configúrase como "unha manifestación inmaterial sobranceira"
Músicas Posíbeis, catro 'delicatessen' no Teatro Colón
Unha "paréntese" de escritores e escritores con música; Sumrrá con Niño de Elche, a tradición oral recollida por Dorothé Schubart revisitada ou o décimo aniversario de Chicharrón, protagonistas no novo ciclo da área de Cultura da Deputación coruñesa
'Tintin Reporter' xa se pode xogar en galego
O pasado ano publicouse o videoxogo Tintin Reporter: Os Xarutos do Faraón, realizado por Pendulo Studios, que agora conta coa súa versión galega grazas á tradución levada a cabo por Paula Regueiro e Lois Agrelo coa revisión de Ana Doval
O Goberno galego dispara o soldo dos interventores que o supervisan pola súa "especial dedicación"
O complemento específico do salario do persoal de intervención pasa duns 25.000 euros a 39.000 ao equiparalo co cadro de auditoría do Consello de Contas. A suba sitúa este funcionariado de alto nivel con remuneracións equiparables ou mesmo superiores ás do presidente e demais membros do Consello da Xunta
Poesía, memoria histórica, radio, cinema, queixo... Todos os Premios da Crítica 2024
Chus Pato, Nomes e Voces, Jaione Camborda, a Feira do Queixo de Friol ou o Café Derby 21, entre as persoas e proxectos distinguidos nuns galardóns que homenaxearon o pintor Antón Pulido no seu 80 aniversario
Hemato Festi: literatura infantil, concertos e moito humor para honrar o Hematocrítico
Entre o 6 e o 10 de novembro Ledicia Costas impulsa este festival de humor, literatura infantil e música para celebrar a vida de Miguel Ángel López, o Hematocrítico. Amaral, Nacho Vigalondo, Carolina Iglesias, Paco Roca, Nus Cuevas, Lucía Aldao, Laura Márquez, Noel Ceballos, Berto Romero, La Ruina, Amaro Ferreiro e Joe Crepúsculo, entre moitos outros, estarán en Vigo para o Hemato Festi