Unións Agrarias lanza un proxecto para favorecer a remuda xeracional nas granxas leiteiras
O 40% dos titulares teñen máis de 55 anos de idade e o 77% destas explotacións con persoas de idade laboral avanzada á súa fronte non contan con relevo dentro da propia familia. O sindicato vai crear unha base de datos de granxas próximas ao peche e sen posibilidade de transmisión para poñelas en contacto con persoas interesadas en adquirilas
Piden iniciar os trámites para que San Simón e Meirás sexan lugares de memoria democrática
A Iniciativa Galega pola Memoria presentou senllas solicitudes para que ambos espazos obteñan esta declaración, prevista na Lei de Memoria Democrática. As entidades memorialistas destacan que a súa aprobación permitiría "afondar na divulgación" e "garantiría a súa protección"
Transparencia nos medios como manda a UE e mudanzas na lei electoral: o plan de "rexeneración" de Sánchez
O presidente do Goberno de España avanza medidas como máis transparencia na propiedade dos medios de comunicación e o seu financiamento público, derivadas en boa medida do Regulamento europeo cuxas obrigas comezan a despregarse en 2025
O CSIC localiza 180 posibles sitios arqueolóxicos descoñecidos ata o momento na contorna de castros
A través de modernas técnicas non invasivas o proxecto Hinterland atopou indicios de espazos ben reconocibles, como varias ducias de novas mámoas ou mesmo uns 20 novos castros. Os investigadores puxeron en coñecemento da Xunta os seus achados para que unha pescuda sobre o terreo confirme a súa existencia e leve á súa catalogación
Fisterra e Nachikatsuura, unidas a dez mil quilómetros: un acto conxunto amosará á vez o mencer e o solpor
O país do sol nacente e o país do sol poñente están moi lonxe un do outro, pero este 23 de xullo o sol aparecerá na costa nipona e desaparecerá na costa galega ao mesmo tempo. Fisterra acolle unha celebración do evento, coordinada por Jorge Mira e apoiada pola Deputación da Coruña, que contará con representantes de ambos territorios.
A plantación de árbores autóctonas para previr incendios en Ames, modelo europeo de loita contra o lume
Dende o ano 2017 o Concello de Ames plantou preto de seis mil árbores frondosas caducifolias para previr a expansión dos incendios, especialmente preto dos núcleos habitados, recuperar a calidade do solo e aminorar a perda de biodiversidade. Agora o proxecto foi validado pola UE para servir de exemplo a outros países.
Máis viquingos que en Catoira: unha mostra no Gaiás afonda nunha rica cultura alén da imaxe de "bárbaros violentos"
A exposición Unha vida viquinga pódese visitar de balde na Cidade da Cultura dende este venres e ata o 5 de xaneiro. Inclúe unha gran diversidade e obxectos históricos e arqueolóxicos que a converten nunha das maiores exposicións sobre esta cultura organizadas no Estado nas últimas décadas.
Non só no rural: indignación en Balaídos co peche dunha aula de Infantil
A comunicade educativa do CEIP Balaídos, en Vigo, mobilízase contra o peche dunha aula de infantil por falta de apenas dúas matrículas, o que ademais implica a perda de dúas docentes "que son necesarias". O persoal do centro advirte de que é habitual o incremento de alumnado durante o curso e subliña os prexuízos da decisión para estudantes con necesidades educativas especiais
A romaría familiar do Revenidas Miúdo volve co mellor da música infantil galega
O festival celebra a súa segunda edición no Monte do Gozo, en Compostela, o vindeiro domingo 28 de xullo, con entrada de balde. Actuarán Uxía Lambona e A Banda Molona, A Gramola Gominola, o Concerto PunkInfantil de Brais das Hortas e Perter Punk e Pakolas e Laura Romero
A cultura galega, dividida sobre se o uso da intelixencia artificial será unha ameaza ou unha vantaxe para o sector
O seu uso é aínda reducido, máis estendido no audiovisual e as artes visuais. A metade das entidades e profesionais cre que a IA pode ter consecunecias positivas sobe a cultura, pero preguntados por efectos concretos, as visións son, en xeral, máis negativas, alertando sobre a posible perda de postos de traballo e a homoxeneidade nas creacións.
Néstor Rego, reelixido secretario xeral da UPG no congreso que conmemorou os 60 anos do partido
O tamén deputado do BNG no Congreso, que encabeza a Unión do Povo Galego dende 2012, sinala o "exercicio da soberanía nacional" como "única saída real" aos problemas do país. Pontón enxalza a "capacidade de permanencia" do partido xunto á do propio BNG, no que ve compatible o mantemento da autodeterminación como horizonte co "ensanchamento" da base militante
A calidade dos servizos sociais en Galicia empeorou o pasado ano, cun gasto inferior á media e "dereitos de papel"
A Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais describe a situación en Galicia como "un sistema ben ordenado" pero cunha "relevancia económica débil e unha cobertura reducida de prestacións e servizos".