O TSXG anula o treito da liña de alta tensión que a Xunta autorizou na contorna do Castro Lupario
O alto tribunal galego atende un recurso do do Concello e Rois e ve acreditado que o conxunto conformado por bens coma o Castro Lupario, o Camiño de Santiago ou dous pazos son unha paisaxe cultural e un territorio histórico que se verían afectados pola infraestrutura, promovida por Red Eléctrica
Alcoa alíase con Ignis nun novo intento por seguir explotando a planta de San Cibrao
A multinacional asina coa enerxética española o acordo para o futuro da factoría e asegura que cumprirá así coa súa promesa de reiniciar a actividade neste 2025.
O "novo tradi" fía a gran festa da cultura na Coruña, vestida de encaixe de Camariñas
O Teatro Colón acolle o 10 de abril a IV Gala da Cultura da Deputación da Coruña A banda Alana e o coreógrafo Fran Sieira porán a música e a danza nun evento que servirá para entregar os nove premios culturais convocados pola institución, mais tamén para "celebrar que somos un país vivo, alegre e con moito talento"
Isto é o mellor do ano no libro galego: 70 finalistas para os Premios Follas Novas
As gañadoras e gañadores das 13 categorías daranse a coñecer o 26 de abril nunha gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago. Os galardóns, que chegan á súa décima edición, están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia
'Galicia Nomeada' achégase ao primeiro lustro de vida con máis de medio millón de topónimos xeorreferenciados
O visor de Galicia Nomeada permite nestes momentos consultar e descargar máis de 529.000 nomes de lugar. Preto de 88.000 entradas son nomes de leiras, regos, devesas, camiños, praias, fontes e outros microtopónimos rexistrados por veciños e veciñas de todo o país
A Fiscalía pide dous anos de cadea por vertidos aos propietarios da mina de Touro
Reclama a apertura de xuízo oral á empresa propietaria dos terreos e dos dereitos de investigación e prisión para dous dos seus responsables por non tomar medidas correctoras para evitar graves verteduras.
7.602 denuncias por violencia de xénero, novo máximo anual en Galicia, 21 por día
Trátase da cifra máis elevada da serie histórica, cun incremento do 1,3% dende o nivel do ano anterior (7.483). En 2024 cinco mulleres foron asasinadas en Galicia polas súas parellas ou ex-parellas, a cifra máis alta dende as 7 de 2015. Estes feminicidios deixaron ademais 3 menores orfos e orfas
Adega xunta 10.000 euros en catro días para litigar contra Altri
A primeira fase da campaña 'Xustiza para o Ulla' procura recadar 39.100 euros para recorrer a autorización ambiental integrada da factoría en canto estea aprobada e mais a "denegación da solicitude do arquivo do trámite da concesión de augas"
Ante a crise do mexillón en Galicia, o CSIC recomenda "medidas estratéxicas urxentes"
Un estudo na revista Aquaculture analiza as percepcións de 59 actores relacionados co sector mexilloeiro e destaca a "grande inquedanza" sobre o futuro do sector, debido principalmente a factores ambientais que afectan á produción do cultivo.
Eurodeputados do PPdeG reclaman ao Goberno de España que "non obstaculice" o financiamento para Altri
"O Goberno central xa non pode esconderse en palabras ambiguas nin continuar de perfil: ten que actuar para apoiar este proxecto", di Millán Mon
O BNG vai "redobrar esforzos" para impedir que o PP venda Galicia "ás multinacionais a prezo de saldo"
O Bloque di que actúa de "muro de contención" contra as "lesivas" políticas dun Goberno do PP que, en palabras de Ana Pontón, representa a Atila do álbum Atila en Galiza de Castelao. A portavoz nacional critica no Consello Nacional da formación que o PP "máis ultra, antidemocrático e antigalego da historia" está levando o país "contra as rochas"
Chamamento á "reconquista de Toralla" na gran festa viguesa
Entidades ecoloxistas e veciñais mobilízanse na viguesa Porta do Sol para "concienciar" sobre a "relevancia de recuperar" o acceso ao dominio público no litoral da illa. "Estamos ante un longo problema de incumprimento legal en relación a dominio público marítimo-terrestre ao que debe poñerse fin. É un espazo público pero que na práctica utilízase como reserva privada de forma ilegal", subliñan