A solidariedade galega co pobo palestino protagonizará o Festival da Poesía no Condado
Este sábado 31 de agosto terá lugar a edición nº36 do Festival da Poesía no Condado, que se celebra en Salvaterra. A solidariedade galega coa causa palestina será o eixe central das actividades previstas que, como é habitual, combinan poesía con música e distintas expresións artísticas, culturais e deportivas. A investigadora e poeta palestina Shahd Wadi, xunto a escritoras como Arancha Nogueira, Inma Núñez Núñez, Diana Kurich ou artistas como Xabier Díaz, Loita Amada ou Banda Bassoti participarán no festival.
As emisións dos gases causantes do cambio climático en Galicia concéntranse no norte do país
A provincia da Coruña reúne o 51,7% das emisións brutas de gases causantes do cambio climático en Galicia. É a principal conclusión do informe As emisións provinciais de Gases de Efecto Invernadoiro en Galicia (1990-2022), que vén de presentar o Observatorio Galego da Acción Climática a partir do inventario oficial de emisións divulgado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica
O BNG denuncia "cifras récord de sinistralidade laboral" e reclama ao PP que axilice o traspaso de Inspección de Traballo
Os nacionalistas acusan á Xunta de "autocompracencia e falta de iniciativa" e esixen "que faga cumprir as normas de prevención de riscos
O PSdeG critica a "pasividade" da Xunta ante a crise marisqueira e pide "medidas urxentes" para o sector
Os socialistas din que o Goberno galego nega a realidade, mira para outro lado, escóndese tras xustificacións puntuais, busca culpables noutras administracións e anuncia día tras día un plan que nin os axentes do sector coñecen”
A Mesa do Audiovisual Galego considera que a nova lei dos medios públicos supón "un evidente paso atrás" na súa "independencia"
Advirten que non se contou con "ningunha" das organizacións profesionais galegas representativas do sector audiovisual para a elaboración do anteproxecto de lei presentado pola Xunta o 29 de xullo e solicitan unha reunión "urxente" con Rueda
Tráfico inicia unha semana de controis de alcol: na do ano pasado deron positivo 538 galegos
Dos preto de 36.000 controis realizados en Galicia nesta mesma semana de hai un ano deron positivo en alcol o 1,5% das persoas, mentres que en 492 controis de drogas foron positivos 244 casos
Axuda humanitaria galega: unha política pública esencial nun mundo en crise
No Día Internacional da Axuda Humanitaria repasamos o traballo de varias ONGD galegas en Palestina, Ucraína ou Centroamérica, asistencia que garante vidas, protección e dereitos básicos
Ferrados de Vida, unha xornada para poñer en valor a importancia do sector primario para a alimentación e a saúde
Ulloa Viva dará visibilidade nos Pendellos de Agolada "á experiencia, sabedoría e o bo facer do sector primario e transformador fronte a proxectos coma o da macrocelulosa de Altri"
Identifican os restos do bispo Teodomiro, quen descubriu a tumba do apóstolo Santiago hai 1.200 anos
Os resultados dunha investigación interdisciplinaria presentan "probas que concordan coa identidade do bispo Teodomiro" tras analizar de novo os restos óseos baixo a lápida descuberta nos anos cincuenta que sinalaba que alí descansaba o descubridor do sepulcro do apóstolo Santiago hai máis de mil anos
Poesía, música e paxaros nunha nova edición do Festival dos Eidos no Courel
O evento arredor da obra de Novoneyra celébrase do 23 ao 25 de agosto na casa-museo do poeta en Parada do Courel
Amigas da Terra volve alertar sobre o impacto da gripe aviaria no descenso da poboación de gaivotas e pide á Xunta que investigue
A entidade responde ás declaracións realizadas a Praza.gal polo biólogo especialista na ecoloxía das aves mariñas Ignacio Munilla, que descartaba que a gripe aviaria fose a causa da elevada mortalidade desta especie. A asociación ecoloxista denuncia que ata agora non se realizou "un estudo epidemiolóxico completo" nin se aplicou o programa de vixilancia oficial da influenza aviaria.
O Noia Harp Fest volve encher as prazas da vila de músicas e músicos de todo o mundo unidos pola arpa
A 11º edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia reunirá do 8 ao 10 de agosto a bandas e solistas chegadas de Alemaña, Escocia, Francia, Senegal e Ucraína, que amosarán a súa calidade artística en eidos como a música clásica, o folk ou mesmo o jazz