BNG e PSdeG piden á Xunta recursos e vontade para reducir a espera dun ano pola dependencia
O Colexio Oficial de Traballo Social di que o plan do Goberno galego de reducir trámites non funciona e o que hai é que "reforzar o sistema público de servizos sociais"
Persoal de bibliotecas pide ás universidades galegas prescindir do software israelí que utilizan
Bamad Galicia pide a rescisión do contrato do sistema de xestión das bibliotecas das bibliotecas universitarias, propiedade dunha empresa con sede en territorios ocupados palestinos. "Este investimento supón apoiar materialmente o xenocidio e a limpeza étnica en Palestina", lembra.
"O colapso continúa e medra": a espera pola dependencia rolda o ano en Galicia
Galicia é a cuarta comunidade autónoma na que máis se tarda en resolver os trámites, con 342 días, só por tras de Andalucía, Madrid e Murcia. Máis de 1.100 persoas levan máis de medio ano agardando por unha resolución oficial.
A prealerta por seca esténdese por concellos que suman máis de 800.000 habitantes
"O descenso do caudal dos ríos dende xullo" pola escasa chuvia, "a evaporación de auga pola calor" e o "aumento notable da poboación durante o verán" en concellos "explican o escenario", sinala Medio Ambiente. "Teñen unha programación ridícula e queren que Vigo quede sen auga", sostén Abel Caballero
Nacen os Premios da Industria Musical de Galicia, "motor cultural" do país
A Asociación Galega de Empresas Musicais organiza a primeira edición dos galardóns, que se entregarán na noite do xoves 27 de novembro nunha gala na Sala Capitol de Santiago. Haberá 17 categorías e un xurado profesional escollerá os gañadores e gañadoras en 14 delas.
De Mondra a Ruxe Ruxe: música galega solidaria con Palestina
A Sala Capitol de Santiago acolle este xoves un concerto de artistas e bandas galegas cuxos beneficios serán destinados á Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados e as Refuxiadas de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA). Actuarán Mondra, Monoulious DOP, Wöyza e Ruxe Ruxe, ademais do grupo de baile palestino Watani
Tres de cada dez profesionais secunda a folga médica nos grandes hospitais do Sergas
A Xunta cifra no 23,5% o seguimento do paro convocado por O'Mega e Simega en Galicia para rexeitar o borrador do Estatuto Marco proposto polo Ministerio de Sanidade.
Mobilizacións masivas por Palestina á espera da manifestación do domingo e as folgas do día 15
A detención por Israel da flotilla con axuda humanitaria para Gaza saca ás rúas a milleiros de persoas en toda Galicia
Zarandela, o futuro da zanfona galega, consolida Lugo como capital europea deste instrumento
Zarandela, unha formación inédita composta por catro intérpretes moi novos que nace no seo da Tradescola, presentarase este martes 7 de outubro no San Froilán no denominado Escenario Zanfona (na Praza de Santa María), que "reafirma a vontade de Lugo de ser recoñecida como capital europea da zanfona"
O BNG denuncia "intereses persoais e partidistas" tras o "escuro pacto" da moción de censura en Ribeira
O aínda alcalde da localidade, Luís Pérez Barral (BNG), salienta que a razón pola que "tumban este goberno" é porque "saben que funciona”. Para Ana Pontón, a moción que se debaterá o día 13 "é a proba de que o PP está disposto a todo para frear un BNG á alza".
O PP arrebata ao BNG a alcaldía de Ribeira, sétima que gaña apoiado en tránsfugas ou independentes
Os populares alíanse con catro dos cinco edís do PBBI para quitar o bastón de mando aos nacionalistas e rachar co bipartito que gobernaba a localidade desde 2023. O aínda rexedor, Pérez Barral, cualifica de "bochornosa" e de "vergoña allea" unha "operación que só responde só aos intereses partidistas e particulares" das dúas formacións.
Altri afronta unha batalla xudicial mentres Besteiro insta a Xunta a parar de vez o proxecto
Adega, a PDRA e a CIG levan ao xulgado a empresa polo procedemento na concesión de augas para a planta prevista en Palas. O PSdeG rexistra unha iniciativa no Parlamento na que pide ao goberno de Rueda que "rexeite formalmente a autorización industrial" do proxecto que, segundo o líder socialista, "é fume e propaganda".