Leilía, homenaxeadas nos Premios Martín Códax polo "papel pioneiro" na recuperación do cancioneiro tradicional
A formación, que se despediu o ano pasado dos escenarios tras máis de 30 anos de traxectoria, recollerá na gala do 28 de maio en Pontevedra o premio honorífico dos galardóns impulsados por Músicas ao Vivo, que destacan a súa importancia como "transmisoras deste legado" e que abriron camiño a outras bandas e artistas.
Lugo, capital mundial do motocross nun Gran Premio no que o vigués Rubén Fernández foi terceiro
O circuíto municipal Jorge Prado acolleu por segundo ano consecutivo unha das citas do Mundial de Motocross, á que asistiron 18.300 persoas a pesar da chuvia. A lama foi protagonista nas carreiras nas que o piloto galego Rubén Fernández e a catalá Daniela Guillén subiron ao podio.
Vox queda sen a súa única representación institucional en Galicia
Lilian Cerdeira, concelleira en Avión, abandona o partido liderado por Abascal e deixa sen cargo electo ningún á formación de extrema dereita no país, único territorio do Estado onde non ten presenza nas institucións.
Unha manifestación clama en Cangas contra a masificación turística: “O Morrazo ten un límite"
Varios centos de persoas denunciaron os efectos negativos da turistificación: degradación do territorio, desaparición da vivenda anual e suba desproporcionada dos prezos, traballo precario e temporal, contaminación ou atascos
O premio dos 210 reporteiros palestinos asasinados por Israel: "O peor xenocidio histórico contra os xornalistas"
Nasser Abu Baker, presidente do Sindicato de Xornalistas Palestinos, recolleu este sábado en Santiago o galardón convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O premiado advertiu de que "o goberno israelí non quere que ningún de vós vexa a realidade do que pasa alí" e que son os profesionais palestinos "os que están a mostrar o que acontece".
Ducias de edís súmanse á declaración 'Concellos coa lingua galega' nun chamamento á mobilización polo idioma
O chamamento á manifestación do vindeiro sábado 17 de maio, impulsado por Queremos Galego, foi apoiado por representantes de BNG, PSdeG, Alternativa dos Veciños, Compostela Aberta, Sada maioría, Movemento Salceda e Apin, que amosaron a súa disposición "para aplicar os acordos comúns, amplos e que unen ao conxunto do pobo galego".
Chévere recupera 'As fillas bravas de Momán', a historia de tres mulleres "que cantan o que lles peta"
A obra, estreada en 2014, foi ampliada e actualidada co gallo do Día das Letras dedicado ás cantareiras e representarase estes días en Betanzos, Carballo e Bergondo. O espectáculo é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego.
O censo estatal de vítimas do franquismo inicia os seus traballos cunha xuntanza en Compostela
A Directora Xeral de Memoria Democrática, Zoraida Hijosa, e outros representantes ministeriais reuníronse en Santiago co equipo do Grupo HISTAGRA-CISPAC, ao que o Goberno central encargou a investigación pola experiencia do proxecto Nomes e Voces. É un "recoñecemento a un esforzado traballo de décadas para arroxar luz sobre o período máis negro da Historia recente coa fin de reconstruír a memoria democrática”, destacan Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho.
A 'Plataforma Galega Vivenda Xa' reclama á Xunta "medidas urxentes" para garantir o dereito a un fogar digno
A entidade concentrouse este venres ante a sede da Xunta en San Caetano. Demanda a creación dun Banco Galego de Vivenda e a solicitude á SAREB da cesión de vivendas para alugueiro social. Ademais, pide a creación de hipotecas públicas con xuros taxados, a posta en marcha de liñas de axuda para a rehabilitación de vivendas con finalidade social e a declaración de zonas tensionadas.
Máis alerxia aos ácaros que ao pole en Galicia, pero cada vez máis casos pola contaminación e o cambio climático
Compostela acolle o 49º Congreso da Sociedade Española de Inmunoloxía Clínica, Alergoloxía e Asma Pediátrica. O 20% dos nenos e nenas galegas sofre este problema, provocado sobre todo polos ácaros do po en zonas húmidas coma a nosa. Os expertos alertan contra os problemas derivados da "esterilización excesiva de ambientes" e o uso de antibióticos sobre todo en idades temperás.
Unha concentración ante o Congreso reclama ao Goberno do Estado que non financie a planta de Altri
A convocatoria foi impulsada pola Plataforma Ulloa Viva, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace e nela participaron representantes de BNG e Sumar, entre elas a propia vicepresidenta do Executivo e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. “O que necesita escoitar Galicia é que das arcas públicas non sairá nin un só euro, pois o proxecto é enormemente prexudicial para o medio ambiente e a sociedade galega”, afirmouse na concentración.
"Habemus papam": o cardeal Prevost é o papa León XIV
O nome do sucesor de Pedro número 267 foi anunciado este xoves tras a cuarta votación dos cardeais reunidos no conclave na Capela Sistina desde o mércores. É o primeiro pontífice da orde dos agostiños e formaba parte da Curia romana