Os montes comunais de Vigo reciben tres millóns de visitas ao ano e capturan o CO2 de 49.000 fogares
A través do proxecto Montes de Vigo 2046 a Mancomunidade fai unha chamada "á corresponsabilidade dos axentes que conforman a sociedade viguesa" para a axeitada xestión duns espazos que abranguen o 15% da superficie do concello e que achegan un beneficio social cuantificado en ata 100 millóns de euros ao ano.
Medicina acepta agora descentralizar o grao e o Concello de Santiago pide vetar novas titulacións
A Xunta de Facultade dá marcha atrás e aproba o acordo de descentralización con 64 votos a favor, 21 en contra e catro en branco. O pleno da corporación santiaguesa aproba unha declaración institucional na que pide o "compromiso explícito das institucións" para "pechar o camiño a actuacións unilaterais de creación de novas titulacións".
As acusacións espállanse: o BNG dá de baixa un concelleiro en Moraña e dúas ex-edís da Coruña denuncian acoso laboral
As denuncias por acoso continúan a provocar reaccións nos partidos galegos. Na Coruña, a alcaldesa Inés Rey e o tenente de alcaldesa José Manuel Lage Tuñas foron sinalados por presunto "acoso laboral" por parte de dúas ex-concelleiras socialistas. Pola súa banda, o BNG informa da "expulsión" dun concelleiro de Moraña "por causa dunha acusación de violencia machista" que lles foi comunicada "verbalmente"
- 🎵🎄🇵🇸
- Cultura
Brassica Rapa, Antía Muíño e Mondra cantan pola Palestina en 'Oliveira ardendo', unha homenaxe a Berrogüetto
"Berrogüetto serviron para inspirarnos e para tomar a decisión de levar a cabo esta produción na que reivindicamos que 'desde o río ata o mar, Palestina vencerá", asegura a banda Brassica Rapa
Folga en Amazon no Porriño para vésperas de Nadal
A CIG, con maioría absoluta no comité de empresa do centro loxístico porriñés da Granxa, denuncia "ritmos de traballo e sobrecarga excesiva por falta de persoal" a "abuso da contratación parcial, fixa descontinua" e a través de ETT. As reivindicacións, subliñan, diríxense a unha multinacional con "beneficios millonarios" obtidos, coidan, mediante "a perversa lóxica de que canto máis roubo, máis gaño"
Ano Oteriano en 2026 para reivindicar a Otero Pedrayo, "figura clave na construción da Galicia moderna"
O Parlamento acorda por unanimidade a declaración: "Únenos a todos". Patriarca das Letras Galegas' polo seu "inabarcable mundo literario", foi figura clave do galeguismo político, deputado nas Cortes e fundador do Partido Galeguista. Tras ser represaliado polos golpistas tamén exerceu "a resistencia do galeguismo histórico" na ditadura
A Coruña máis global reflexiona sobre a cidade e o mundo da man de Touriñán e Yolanda Castaño
A Domus acolle este xoves unha gala que se pode seguir en directo na que expertos e actuacións ofrecerán distintas visións dos "fíos que tecen as conexións da cidade co mundo do século XXI"
Segue o "velorio" do ensino público galego para "facer reaccionar" a Xunta
Despois das máis de vinte "marchas fúnebres" por toda Galicia que tiveron lugar este martes, o profesorado en folga escenificou este mércores o "velorio" do ensino público galego dende o Parlamento –"onde aprobaron os Orzamentos para 2026 sen ningunha modificación en Educación", salientan CIG-Ensino e STEG– ata o edificio central da Xunta en San Caetano
Xogalego: un lugar para atopar todos os videoxogos na lingua propia do país
Trátase dun catálogo en liña de videoxogos en galego pensado para superar as dificultades que ofrecen as distintas tendas e plataformas dixitais á hora de intentar xogar en galego. O proxecto, impulsado por Recuncho Gamer, expandirase con visitas a centros educativos e outras actividades que buscan achegar os xogos en galego á sociedade.
Elixe a túa propia aventura: chega 'Bruxas e dragóns', o primeiro libroxogo en galego
Bruxas e Dragóns: Baba Iagá (Triqueta) é o primeiro libroxogo en galego, escrito por Ledicia Costas e Luismi Pérez e ilustrado por Bea Gregores. A obra, que esgotou rapidamente a súa primeira edición, combina lectura e toma de decisións e conta con 52 finais distintos. A súa autora e autor inician unha xira de presentacións na Coruña, Bueu, Pontevedra e Vigo.
Marchas fúnebres en 15 localidades na primeira das dúas xornadas de folga do profesorado
As deste martes e mércores serán a cuarta e quinta xornada de paro do profesorado do ensino público galego no que vai de trimestre.
O rexeitamento a Altri segue alerta na rúa
Unha nova manifestación enche o Obradoiro de paraugas-árbore pedindo a cancelación completa da fábrica de Palas sen conformarse co estancamento rexistrado polo proxecto nos últimos meses